Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.
A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.
Actas | Información dos debates e asuntos nas Asambleas Abertas do 4 e 13 de novembro
Written by MoveNeda on .
Visitas: 150
Publicamos hoxe con certo retraso (desculpade!) as actas das dúas pasadas reunións da Asamblea Permanente de Moveneda, do 4 e do 13 de novembro.
ACTA ASAMBLEA ABERTA MOVENEDA 04-11-2025
20:15 horas, na Abacería, 9 asistentes
REUNIONS E CHARLAS
Reunion con AV Ancos. informan NT e AS. Piden comunicación periódica das necesidades da veciñanza, reunións cos socios (trimestral ou semestral) e as necesarias por asuntos urxentes ou especiais. Piden apoio para dotacións e para levar temas e propostas ó Concello Comisións e Plenos. Se establece que MOVENEDA inclua na súa programacion de actos lo local da AV. Dende MOVENEDA se lles pide que nos remitanm copia dos escritos que rexistren no Concello para seguimento e control.
Se contactou co tecnico UDC pola charla de saneamento. Informe do falado.
Charlas ACOUGA: Charla das axudas COVID ós Autonomos (Lema) e outro pola reclamacións do corte de auga. Informa JC.
Debate polas datas e local Celebración dos 10 anos de Moveneda
ASUNTOS DE E PREGUNTAS PARA METER POR REXISTRO
Turismo
AMPAS
Puntal
Boicot concello
Residuos (custes)
IBI
Custes propaganda
Notas prensa
INTERNOS
Se comenta a Manifestacion polo Tren
Se comentan diversas pubicacións WEB e respostas en RRSS. Lista de temas, elaboración, orden e prioridade Información das estadisticas
Tema Taxa Basuras. Artigo 1 listo, en elaboracion 2 e 3
ACTA ASAMBLEA ABERTA MOVENEDA XOVES 13-11-2025
20:15 horas, na Abacería, 3 asistentes
PLENO
NT informa do acontecido no Pleno Extraordinario do luns 2025-11-10 (enlace eiquí). NT tentou facerse coa documentacion o venres 7 no concellos pero no puido ser recibida polo arquitecto. O luns do pleno foi unha hora antes e si puido falar co arquitecto, que lle facilitou a documentacion e lle puido detallar pormenores (5ª revision do proxecto, no que se traballa dende xullo). Arquitecto di que CC "ya lo sabia". Explicacións do alcalde para xustificar urxencia: "por requisitos da Deputación" e poder meter a modificacion no pleno da Deputacion de novembro. Explicacións suficientes.MOVENEDA votou favor. Resto de grupos igual No debate NT bota en cara ó alcalde que non actúa de xeito democrático, oculta o que fai ós grupos da oposición. Convoca pleno sen facilitar toda a informacion á oposición. Resposta alcalde: "toda a informacion esta sempre a disposicion dos grupos". Isto e mentira. Se oposicion non sabe en que traballa o goberno, qué documentacion imos pedir?
Se comenta os conflicos co SAF en diversos concellos. Valor hora pagado ós traballadores. Se queda en revisar e informarse. Importante.
Artigos Xestions Residuos. Necesidade de confirmacion de datos e cifras para artigos.
Custes SOGAMA
Custes Concello Neda
Acordase solicitar informacion por rexisto ou Comision/Pleno
Se revisa diversa documentacion remitida polo Concello a NT:
Facturas/pagos
Nota e seguimento especial custes ACVG, PFTV, SGM
ASUNTOS DE E PREGUNTAS PARA METER POR REXISTRO
Actualizada lista con novos asuntos
INTERNOS
Se comenta pormenores WEB e pubicacións
Lembra: as reunións da Asamblea Aberta / permanente de MOVENEDA son de participación libre e aberta
Ás reunións da Asamblea Aberta pode asistir calquera veciño, Nos si creemos e practicamos a participación veciñal directa.
Para achegar calquera consulta a MOVENEDA ou propoñer un tema para trasladar ó concello, podedes ponerte en contacto chamando (ou por whastapp) noso número de telefono 634 521 622, no email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., o buzón de MOVENEDA no Concello (planta baixa, no pasillo da Policía Municipal) o por calquera das nosas Redes Sociais.
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.
Termos de uso, privacidade e cookies Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.