Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.
A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.
Acta | Información dos debates e asuntos na Asamblea Aberta do mércores 22 de outubro
Written by MoveNeda on .
Visitas: 260
Publicamos a acta da pasada reunión, o mércores 22 de outubro, da Asamblea Permanente de Moveneda.
A orde do día prevista era
Traballo concelleira
Cambio certificado dixital
Publicacións redes (e papel?)
Ascensor CEIP
Beirarúas
Comunicacións Concello
Paso peóns do Poulo
Peticións de información ó concello
Viaqua
Custes publicidade
Recollida lixo
Celebración Aniversario Moveneda
Charlas previstas
Traballos e propostas
Vários
Traballo da concelleira Neiva Tristão
Neiva trouxo máis información e documentación proporcionada polo o Concello
Informou da convocatoria do Pleno Extraordianrio do vindeiro lúns 27
No asunto do descuadre detectado na documentación proporcionada polo concello, informa que se reuniu coa Interventora o pasado lúns 20 no Concello. A interventora agradeceulle o aviso e explicou que o descuadre foi un erro ao confeccionar o documento e que está todo ben contabilizado, pois son devolucións de avais por obras que se pagan individualmente.
Cambio Certificado Dixital
Non puidemos facelo ao no poder asistir á reunión Carlos Caaveiro. Queda pendente para a vindeira asamblea.
Publicacións
Aprobadas as propostas de publicacións
Se liberan as publicacións do Paso de peóns do Poulo, Ascensor CEIP San Isidro e o Acta Asamblea anterior
Se informa dos traballos de elaboración novas publicacións
Taxa Basura, segue a elaboración. Enfoque nos cálculos das taxas e proposta Moveneda
Quedaron pendentes e en elaboración os seguintes asuntos
beirarrúas
propaganda do concello
Peticións de información ó concello
Debatido que datos se van solicitar
Celebración 10 anos de MOVENEDA
Se postpon a decisión do día a falla de confirmacións da xente.
Charlas previstas
Alvaro informa que xa se contactou coa UDC e estamos en proceso de confirmación dos ponentes
Traballos e propostas
Queda postposta información de avances nos mesmos ao no poder asistir á Asamblea os compañeiros encargados dos traballos
Vários
Se comenta o corte do servizo de auga programado para o Xoves 23. O concello volve mete-la zoca ao avisar por medios os que non todos os veciños teñen acceso
Ruben informa das obras de reparacion e mantemento no Canal da Mariña
Se informa da solicitude por parte da AV Ancos de una reunion bilateral. Queda fixada data a propoñer a AVV. Contestar por mail.
Lembra: as reunións da Asamblea Aberta / permanente de MOVENEDA son de participación libre e aberta
Ás reunións da Asamblea Aberta pode asistir calquera veciño, Nos si creemos e practicamos a participación veciñal directa.
Para achegar calquera consulta a MOVENEDA ou propoñer un tema para trasladar ó concello, podedes ponerte en contacto chamando (ou por whastapp) noso número de telefono 634 521 622, no email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., o buzón de MOVENEDA no Concello (planta baixa, no pasillo da Policía Municipal) o por calquera das nosas Redes Sociais.
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.
Termos de uso, privacidade e cookies Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.