A actuacion politica a nivel municipal ten dous planos: a xestion, mantemento e ampliacion dos servizos aos veciños e outro plano importante, mais puramente politico, como e a planificacion do futuro do concello.
Porque se alguen chega ao goberno dun concello coa unica intencion de mirar so pola faroliña, por tapar a fochanca ou asfaltar unha pista, enton estamos a falar dun goberno tecnocratico, de xestores e tecnicos que fan disto a sua actividade profesional.
A responsabilidade politica e democratica (goberno da multitude, do pobo) pasa sen excusas por ter un proxecto politico de futuro pra o concello. Pasa tamén por compartilo, debatilo, por convencer e chegar a un grande acordo cos veciños e outras forzas politicas. E pasa, ao fin, por planificar e levar a cabo actuacions ao longo prazo para ir cumplindo ese proxecto.
Cando conquerimos botar do goberno municipal ao Partido Popular, alguns pensabamos, quizais inocentemente, que por fin ian mudar algunhas cousas en Neda. Pensabamos que un partido que "disque é de esquerdas, socialista e obreiro", ia plantexar un proxecto de futuro pra un concello que esta en grave risco de entrar en barrera, porque debemos lembrar que se Neda baixa de 5000 habitantes, sofriremos una importantisima merma no presuposto municipal.
Un ano despois da entrada do PSOE (e os seus socios de BNG e CG) no goberno municipal, MOVENEDA lamentablemente non apreciar ningun movimento nin proposta clara que aposte pola potenciacion do concello, da sua actividade economica e social. Nada que aposte polo futuro. E o tempo corre. Corre rapido.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |