Ter fillos escolarizados nalgun centro publico de Neda, cunha renda per capita mensual inferior aos 400 euros e levar empadroado no municipio polo menos seis meses son os principais requisitos para que as familias locais poidan acceder as axudas convocadas polo Concello para a adquisicion de libros de texto e material didactico.
A administracion local habilitou este ano unha partida de 4.000 euros para a concesion dunhas axudas que se poden tramitar ata o dia 22 de outubro no rexistro xeral do Concello. Os solicitantes, ademais de cumprimentar o modelo de solicitudes, estan obrigados a presentar fotocopias compulsadas do DNI e do Libro de Familia, asi como certificados de empadroamento e do centro docente no que estea escolarizado o alumno. Tamen xustificantes de ingresos economicos da unidade familiar e unha fotocopia da ultima declaracion da renda, entre outros documentos de tipo economico.
O Concello tamen financia con 2.000 euros o transporte a alumnos matriculados en centros universitarios ou equivalentes, en ciclos formativos da FP, bacharelato ou outros cursos de formacion ocupacional que habiliten para o desempeño dunha profesion ou oficio.
O dia 22 do presente mes e a data limite para presentar a correspondente solicitude no rexistro xeral do Concello, cuxo horario de atencion ao publico e de 9.00 a 14.00 horas. A contia das axudas variara en funcion da renda per capita e podera chegar ao 90% no caso de que sexa inferior aos 200 euros. Ademais do certificado de empadroamento e dos documentos oficiais, os solicitantes tamen deben estar ao corrente no pago de tributos municipais.
comunicados de prensa, concello de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |