Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A Xunta négase a incrementar os recursos para a Axuda no fogar (SAF) e volve descargar as responsabilidades nos concellos

Visitas: 281

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) vén denunciar que os recursos que a Xunta de Galicia propón achegar ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) resultan claramente insuficientes

A Xunta oferta aumentar dos 12 €/hora actuais ós 14 €/hora en 2026. Propón tamén un incremento gradual, ano a ano, con 15 €/hora en 2027 e 16 €/hora en 2028.

A realidade é que o custo real actual por hora do servizo SAF ronda os 22-24 €/hora.

Este custe reflexa ademáis unha realidade oculta: estas non son as cifras que reciben os que traballan no servizo, é o cobran as empresas privadas que se fan con este contratos municipais. As empresas de Asistencia no Fogar explotan ás súas plantillas con salarios de miseria, todo con tal de rañar a meirande cantidade de lucro privado.

Os concellos da FEGAMP rexeitan a proposta da Xunta e reclaman que a subida sexa a 17 €/hora desde xaneiro de 2025 e que se alcance o financiamento completo (100%) do custo do servizo. 

Ademais, acusan a Conselleira de "Política Social", Fabiola García, de descarregar responsabilidades sobre as administracións locais, que asumen esta tarefa de modo impropio e están infra-dotadas de persoal e financiamento para facer fronte ao SAF. Desta maneira, municipios galegos deben facerse cargo dunha parte salientable do servizo que, segundo a normativa estatal e autonómica, debería asumir en maior medida a Xunta e o Estado.

Dende MOVENEDA denunciamos que o Partido Popular (PP) aposta por un modelo de xestión privado, tal e como xa sucede coa sanidade, abrindo o camiño para que “os seus amiguetes” fagan negocio coa saúde e o benestar da poboación


Etiquetas:

moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.