Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A Xunta inicia unha nova fase das obras de conservación para reducir o risco de inundación no río Belelle, en Neda

Visitas: 304

A Xunta de Galicia informa mediante nota da visita da delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o director de Augas de Galicia, Roi Fernández, visitaron esta mañá a zona onde se están a acometer os traballos

A nota di o seguinte:

"A Xunta, a través de Augas de Galicia, iniciou estes días a terceira fase dos traballos de conservación e mantemento que está a executar nun tramo cualificado como área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) do río Belelle, ao seu paso polo municipio de Neda. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o director do organismo hidráulico, Roi Fernández, visitaron esta mañá a zona na que se están a acometer os traballos e a onde tamén se desprazaron o alcalde da localidade, Ángel Alvariño, e veciños.

A intervención, cun investimento de máis de 40.000 euros, inclúe a construción dunha coieira de 50 metros na marxe esquerda dunha das represas existentes no río.

En total, incluídos estes traballos, Augas de Galicia leva investidos desde decembro do ano pasado máis de 150.000 euros en actuacións de conservación fluvial no río Belelle. Así a delegada territorial lembrou que en fases anteriores elimináronse 1.067 m3 de sedimentos nun tramo de 200 metros, no lugar de Camiño da Ponte Grande, co que se logrou incrementar a capacidade hidráulica nese punto do río e se eliminaron as estruturas de dúas represas existentes, así como un muro vertical de formigón de 50 metros.

Aneiros insistiu na importancia destes traballos en tanto “permiten acadar unha xestión máis eficiente do caudal do río Belelle en episodios de choiva intensa e protexer así as infraestruturas máis próximas, sobre todo as vivendas, evitando episodios como o acontecido hai dous anos”, indicou.

Estas actuacións execútanse no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico da conca Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección, cuxo obxectivo é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais que son de responsabilidade municipal."


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.