Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A rotonda de Xuvia: seis meses de atrasos, molestias e propaganda política a costa dos veciños

Visitas: 349

Cando xa pasaron máis de seis meses dende o inicio das obras da glorieta da estrada AC-862 en Xuvia, o 6 de agosto de 2025, a realidade é evidente: a obra segue sen estar rematada, incumprindo os prazos e compromisos anunciados pola Xunta de Galicia e pola súa delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, que venderon esta actuación como un exemplo de eficacia e boa xestión.

O que os veciños e veciñas de Xuvia están a padecer día tras día é xusto o contrario: obras eternizadas, accesos pechados, beirarrúas inutilizadas e desvíos de tráfico mal planificados, que están a xerar serias incomodidades á veciñanza, aos comercios e á mobilidade da zona. Unha situación que se prolonga no tempo sen explicacións claras nin responsabilidades asumidas.

Pésima xestión

Esta mala xestión non só provoca molestias: xa se teñen rexistrado desperfectos en vivendas da contorna, derivados tanto da propia execución das obras como dos continuos desvíos do tráfico rodado pesado, que a Xunta permitiu sen as garantías necesarias. Un feito especialmente grave que evidencia a falta de previsión e control dunha actuación imposta dende arriba.

Porque cómpre lembralo: esta glorieta non era unha obra demandada pola veciñanza. Trátase dunha intervención que responde máis a unha operación de marketing político da Xunta de Galicia que a unha necesidade real do barrio, executada sen consenso e sen ter en conta o impacto directo sobre quen vive na zona.

O paso de peons do Poulo, catro anos de espera

Resulta aínda máis sangrante comprobar como, mentres se destinan recursos a unha obra innecesaria e mal executada, segue pendente unha dotación fundamental para a seguridade viaria: o paso de peóns do Poulo, reclamado polos veciños e veciñas dende hai anos, especialmente para garantir a seguridade dos viandantes e dos cativos.

Esta actuación, na que están implicados tanto a Xunta de Galicia como o Goberno municipal de Neda, acumula xa un atraso de máis de catro anos, sen avances reais nin prazos definidos.

Xunta e Concello, pelexando a ver que é máis incompetente

A glorieta de Xuvia e o paso de peóns do Poulo son dous exemplos claros dunha mesma realidade: a incapacidade e a incompetencia tanto do Goberno autonómico como do municipal para xestionar obras públicas con seriedade, planificación e respecto pola veciñanza. Ambos demostran que pouco ou nada lles importan as molestias que causan cando permiten que as actuacións se alonguen indefinidamente no tempo.

Os veciños e veciñas de Neda non merecemos máis escusas nin máis propaganda. Merecemos obras ben planificadas, prazos cumpridos, seguridade garantida e respecto. E, sobre todo, merecemos gobernos que poñan as necesidades reais da xente por riba do rédito político.

 


Etiquetas:

moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.