Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A Asemblea Aberta aproba o programa e elixe candidatura de MOVENEDA

Visitas: 350

O pasado 27 de marzo de 2015, deuse un fito importante no #ConcelloDeNeda. Por vez primeira a veciñanza puido decidir tanto o programa de goberno coma as candidatas e candidatos a representarnos no Concello. 

Rachamos co estilo dos vellos partidos e abrimos a posibilidade, non so de escoller, senon tamen de opinar, aportar e sobor de todo, de sentir que todos somos escoitados en plano de igualdade. e a democracia en movemento.

O traballo realizado durante estes dous meses, o longo de 9 asembleas, frutificou ontes cunha grande participacion, de veciños ilusionados e esperanzados. Non rematou un proceso. Comeza realmente a rexeneracion democratica do Concello de Neda. Precisamos de todas e todos vos para abrir portas, fiestras e caixons, que entre o aire fresco!!

Os que fumos escollidos pra ir na lista asumimos esta enorme responsabilidade e contamos con vos pra levar a bon termo as propostas e decisions de todos. Pra esa tarefa, o equipo esta composto por:

  1. Leticia Iglesias
  2. Juan Carlos Pita
  3. Carlos Caaveiro
  4. Paco Abraldes
  5. Almudena Martinez
  6. Fran Señorans
  7. Alvaro Seco
  8. Alfredo Ferreira
  9. Rosa Ocampo
  10. Beatriz Blanco
  11. Cesar Martinez
  12. Angeles Sanchez
  13. Ruben Rio
  14. Rafael Victoria

A todos os que participachedes ate o de agora en ?#?MoveNeda?, gracias pola vosa confianza.

MoveNeda - Movemento Veciñal de Neda e unha iniciativa popular, aberta, participativa e asamblearia coa tarefa de impulsa-la concienciacion e actividade politica dos veciños de Neda.

Correo-e: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Conta no facebook: https://www.facebook.com/pages/Moveneda-Movemento-Veci%C3%B1al-de-Neda/1426695684294450


Etiquetas:

moveneda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.