Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Hoxe, martes 16 de xuño, Asamblea Aberta de MOVENEDA

Visitas: 48

A Asamblea Aberta desta semana, será hoxe martes 16 de xuño as 20:15 no local da Abacería, como xa é habitual. Imos revisar a documentacion que obtivemos esta semaña e os asuntos de interese destes días no noso concello, como os desbroces.

Aparte disto imos revisar varios asuntos:

  • Analise dos datos da Conta xeral exercicio 2025
  • Preparación ante un posible Pleno de Presupostos
  • Análise da Información obtida no Concello.
  • Desbroces
  • Debate accions legais polo Regulamento da Censura
  • Seguimento tarefas pendentes
  • Publicacións
  • Varios

PRINCIPAIS TEMA TRATADOS NAS TRES ULTIMAS ASAMBLEAS ABERTAS

Co obxectivo de seguir avanzando na transparencia e manter informada á veciñanza, compartimos un resumo dos principais asuntos tratados nas últimas reunións de MOVENEDA.

Transparencia e acceso á información
    • Debatemos que facer ante o cambio de criterio e a retención dos vídeos dos plenos municipais. Valorouse acudir ao Consello Galego de Transparencia pola falta de acceso á información pública.
    • Tamén avaliamos a manipulación e tendenciosidade das notas de prensa municipais.
Urbanismo, obras e limpeza
    • Debatemos as "respostas" e falsidades en comision e pleno ante o estado do Canal da Marina, os escombros alí acumulados e os retrasos na súa limpeza. Valorouse dar un prazo para que limpen, e de non cumprirse, actaur ante a autoridade competente.
    • Tratouse a situación dos desbroces e a tardanza do goberno municipal en actuar.
    • Seguimento do PXOUM. O goberno municipal no prevé reunión cos veciños e si cos grupos municipais.
    • Problemas de maleza, lixo, ratas e estado das beirarrúas na zona da Casilla.
    • Seguimento dos danos causados polos traballos madeireiros en Riocobo.
Servizos municipais
    • Avaliación e actuación ante as manifestación no pleno do alcalde pola xestión do SAF e á aposta do goberno pola privatización do servizo.
Cultura, turismo e patrimonio
    • Valoración da escasa programación das Letras Galegas e as causas
    • Falta de planificación municipal sobre o eclipse.
    • Seguimento do estado da Cobeluda.
    • Debate sobre promoción turística, actualización dos folletos informativos, servizos e outros.
Educación e participación veciñal
    • Seguimento da situación do desdobre de Maciñeira. Contactos e resposta á AMPA de Maciñeira.
    • Coordinación con outros grupos políticos neste tema.
Actividade de MOVENEDA

Nas últimas semanas:

    • Publicáronse distintos contidos, propostas e denuncias na web e redes sociais.
    • Remitíronse notas de prensa e escritos veciñais.
    • Preparáronse novas iniciativas e publicacións sobre distintos problemas do Concello.

MOVENEDA seguirá a traballar para defender os intereses da veciñanza de Neda e para garantir unha administración máis transparente, activa e responsable.

NOS SI CREEMOS NA PARTICIPACIÓN DA VECIÑANZA

Lembrade que ás reunións da Asamblea Aberta pode asistir calquera veciño, Nos si creemos e practicamos a participacion veciñal directa.

Para achegar calquera consulta a MOVENEDA ou propoñer un tema para trasladar ó concello, podedes ponerte en contacto via o noso número de telefono 634 521 622, no email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., o buzon de MOVENEDA no Concello (planta baixa, no pasillo da Policia Municipal) o por calquera das nosas Redes Sociais, inda que recomendamos o tlfno/whatsapp e o eMail


Etiquetas:

asamblea aberta / asamblea permanente


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.