Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.
A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.
Hoxe, mércores 10 de xuño, Asamblea Aberta de MOVENEDA
Written by MoveNeda on .
Visitas: 82
A Asamblea Aberta desta semana, será hoxe mércores 10 de xuño as 20:15 no local da Abacería, como xa é habitual. A asamblea reviste especial importancia porque imos evaluar se optamos pola via xudicial para combater o Regulamento da Censura de Alvariño.
Aparte disto imos revisar varios asuntos:
Preparación ante un posible Pleno de Presupostos
Comunicación de incidencias e solicitudes de información ó Concello.
Resolucións do Consello de Transparencia e Valedora do Pobo
Seguimento tarefas pendentes
Publicacións
Varios
PRINCIPAIS TEMA TRATADOS NAS TRES ULTIMAS ASAMBLEAS ABERTAS
Co obxectivo de seguir avanzando na transparencia e manter informada á veciñanza, compartimos un resumo dos principais asuntos tratados nas últimas reunións de MOVENEDA.
Transparencia e acceso á información
Debatemos que facer ante o cambio de criterio e a retención dos vídeos dos plenos municipais. Valorouse acudir ao Consello Galego de Transparencia pola falta de acceso á información pública.
Tamén avaliamos a manipulación e tendenciosidade das notas de prensa municipais.
Urbanismo, obras e limpeza
Debatemos as "respostas" e falsidades en comision e pleno ante o estado do Canal da Marina, os escombros alí acumulados e os retrasos na súa limpeza. Valorouse dar un prazo para que limpen, e de non cumprirse, actaur ante a autoridade competente.
Tratouse a situación dos desbroces e a tardanza do goberno municipal en actuar.
Seguimento do PXOUM. O goberno municipal no prevé reunión cos veciños e si cos grupos municipais.
Problemas de maleza, lixo, ratas e estado das beirarrúas na zona da Casilla.
Seguimento dos danos causados polos traballos madeireiros en Riocobo.
Servizos municipais
Avaliación e actuación ante as manifestación no pleno do alcalde pola xestión do SAF e á aposta do goberno pola privatización do servizo.
Cultura, turismo e patrimonio
Valoración da escasa programación das Letras Galegas e as causas
Falta de planificación municipal sobre o eclipse.
Seguimento do estado da Cobeluda.
Debate sobre promoción turística, actualización dos folletos informativos, servizos e outros.
Educación e participación veciñal
Seguimento da situación do desdobre de Maciñeira. Contactos e resposta á AMPA de Maciñeira.
Coordinación con outros grupos políticos neste tema.
Actividade de MOVENEDA
Nas últimas semanas:
Publicáronse distintos contidos, propostas e denuncias na web e redes sociais.
Remitíronse notas de prensa e escritos veciñais.
Preparáronse novas iniciativas e publicacións sobre distintos problemas do Concello.
MOVENEDA seguirá a traballar para defender os intereses da veciñanza de Neda e para garantir unha administración máis transparente, activa e responsable.
NOS SI CREEMOS NA PARTICIPACIÓN DA VECIÑANZA
Lembrade que ás reunións da Asamblea Aberta pode asistir calquera veciño, Nos si creemos e practicamos a participacion veciñal directa.
Para achegar calquera consulta a MOVENEDA ou propoñer un tema para trasladar ó concello, podedes ponerte en contacto via o noso número de telefono 634 521 622, no email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., o buzon de MOVENEDA no Concello (planta baixa, no pasillo da Policia Municipal) o por calquera das nosas Redes Sociais, inda que recomendamos o tlfno/whatsapp e o eMail
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.
Termos de uso, privacidade e cookies Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.