Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Convocatoria de Comisións: Asuntos do Pleno e Cultura e Turismo

Visitas: 171

No dia de hoxe recibimos convocatorias para a Comisión Informativa de Asuntos do Pleno e tamén para a Comisión Informativa de Cultura e Turismo, presidida pola concelleira María Ángeles Bello Salazar

As reunións terán lugar no salón de sesións da Casa do Concello, ás o vindeiro lun día 23/03/2026.

COMISION DE CULTURA E TURISMO

A reunión de Cultura e Turismo terá no salón de sesións da Casa do Concello, ás 10:00 horas do vindeiro lun día 23/03/2026.

Nesta comisión MOVENEDA vai volver consultarlle á concelleira Bello Salazar asuntos e datos que quedaron pendentes da anterior comisión así como cuestión de interese referidos á súa área e desempeño.

MOVENEDA SI CREE NA PARTICIPACIÓN DOS VECIÑOS

Se algun veciño ten algun tema relativo a esta comisión de área e que desexe seña trasladado á concelleira Mª Ángeles Bello, pode facerllo chegar a directamente a concelleira Neiva Tristão facendo click eiquí ou polas canles de MOVENEDA en redes sociais ou nesta mes páxina web

COMISION DE ASUNTOS DO PLENO

A Comisión de Asuntos do Pleno é un órgano colexiado de carácter consultivo coa función principal de preparar e filtrar os asuntos que van ser debatidos e votados no Pleno Municipal antes de que cheguen á sesión plenaria. 

En concreto:

  • Estuda e dictamina os expedientes e propostas antes de elevalos ao Pleno.
  • Informa sobre asuntos de competencia plenaria (orzamentos, ordenanzas, plans urbanísticos, etc.).
  • Facilita o debate técnico e político, para que o Pleno traballe de forma máis áxil.

A comisión, a celebrar ás 11:30, ten unha orde de dia prevista bastante densa:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, ordinaria celebrada o día 19/01/2026.

  2. Modificación do proxecto de “Instalación de contadores sectoriais na rede de abastecemento de auga de Neda”, incluído na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 4b/2025” da Deputación Provincial da Coruña.

  3. Modificación do proxecto de “Rehabilitación e posta en servizo de depósito de auga -Os Pazos II”, incluído na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 4b/2025” da Deputación Provincial da Coruña.

  4. Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento dunha Administración Dixital.

  5. Normativa de participación nas redes sociais oficiais do Concello de Neda.

  6. Moción do BNG para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo.

  7. Moción do BNG para reclamar que se garanta un financiamento xusto e un modelo público do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

  8. Moción do BNG de condena da agresión militar contra o Irán e en defensa da paz e do dereito internacional.

  9. Moción do BNG sobre o alumeado público do Concello de Neda.

  10. Rogos e preguntas.


Etiquetas:

cultura, comunicados de prensa, goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.