Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

2016-05-27 Informe da Comision de area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil

Visitas: 308

O pasado venres 27 de maio 2016, tivo lugar a Comision de area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil.

Proteccion Civil

A reunion da Comision asistiron 3 membros do servizo de Proteccion Civil (Adolfo, Wenceslao e Dani) para informar da sua actividade: Neste momento hai 14 voluntarios. Solicitaron axudas da Xunta dun remolque para emerxencias con material (motoserra, etc).Perciben 1500€ da Xunta e 5000€ do Concello que asume tamen o pago do combustible. Os 5000 € se reparten en 2000 en concepto de materiais e 3000 pola atencion do albergue. Apertura a 12 h e as 20:30 h rexistro de ocupantes e cobro de cuotas.

Dende MOVENEDA se comentou que durante as inundacions o material non estaba en condicions (motobomba non arrancou, sinais trafico que non funcionaban.... e se preguntou pola responsabilidade do mantemento do material. Adolfo responde que e responsabilidade sua e que en ocasions non e o mais axeitado. Ademais di que a motobomba ten un consumo residual grande e que en ocasions non arrancou. Gonzalo Ferreiro (PSOE) indica que hai uns arrancadores con carga de mantemento que habera que ver se o que teñen dispon desta funcion. Adolfo comenta que o Concello dispoñia dunha bomba de achique e motoserra, pero os membros de Proteccion Civil non teñen acceso a elas. MOVENEDA pregunto tamen pola existencia de estatutos e se hai prevista renovacion da directiva. Indicousenos que si que hai estatutos e que se faran en breve elecions.

Deportes, Seguridade Cidada e Transportes

Xa no tocante o concelleiro desta area, Antonio Seijo, informou a comision de varias materias:

  • Comentou da xuntanza veciños rua do Castro. A maioria dos presentes (14-16 persoas) amosouse favorable a retirada dos bolardos e poder aparcar en ambos lados da rua, salvo no inicio onde e mais estreita. Sera necesario modificar unha sinalizacion existente e recoller outra sinal que ten gardada na casa Roberto (o fillo de Juan Jose o pintor).
  • Reunion Transporte Metropolitano. Vaise asinar o convenio coa Xunta de novo, e coas mesmas condicions que o anterior.
  • Gala do deporte: Hoxe as 20:00 h.
  • Carreira atletismo escolar Maciñeira: Se cambia de data do dia 4 para o 18 de xuño.

Ao concelleiro se lle fixeron as seguintes preguntas:

  • Hai tempo que se pediron unhas porterias para a pista de Anca e ainda non se fixeron. Seijo responde que estan encargadas.

Dende MOVENEDA se preguntou

  • Segue a haber problemas co vado permanente do edificio que fai esquina na saida da rua do colexio S. Isidro. Hai uns fins de semana estiveron casi 45 min sen poder sair e ainda o infractor tivo mais que dicir que eles. Propoño que se instale unhas sinalizacions como as existentes nos pasos de peons (pivotes plasticos) so do ancho do portal a ver se asi se elimina o problema ao dificultar o estacionamento.

  • Volveuse a insistir en ser informados do estado en que se atopa o tema do tellado do pavillon. Responden que estiveron mirando cos da empresa e que atoparon unha goteira dun dos tornillos que suxeitan as chapas da cuberta. Di que non se atopan convencidos de que esta sexa unha solucion a longo prazo e que por parte do secretario e o arquitecto municipal estan estudando as posibles medidas a tomar.

O concello segue ocultando documentación á oposición

Seguimos sen recibir a documentacion pendente que xa foi solicitada hai tempo: Contrato coa empresa que xestiona as Escolas Deportivas, outro informe do material que ten dipoñible Proteccion Civil e o Plan de Emerxencias

Si foron entregadas copias dos integrantes de Proteccion Civil e do informe da Policia Local para a millora da sinalizacion da travesia de Neda (AC-115).


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.