Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

15 de outubro, xornada de movilizacións e folgas contra o xenocidio e o apartheid en Palestina.

Visitas: 293

O vindeiro 15 de outubro, está convocada en todo o estado unha xornada de movilizacións e folgas contra o xenocidio e o apartheid en Palestina.

O sindicato CGT convoca Folga Xeral de 24 horas en todo o Estado español. Na nosa comarca a Sección sindical en Navantia - Ferrol, en EMAFESA e no Concello de Narón súmanse a este chamamento.

Os sindicatos CCOO e UGT optan por paros de dúas horas, enmarcados dentro da convocatoria da xornada de loita con folgas, asambleas e concentracións, para pedir a fin do xenocidio contra o pobo palestino. Os paros rexistrados por estes sindicatos levaranse a cabo nos tres turnos de traballo para facilitar a participación en calquera horario laboral: de 02:00 a 04:00 horas na madrugada, de 10:00 a 12:00 horas no turno de mañá e de 17:00 a 19:00 horas na tarde. 

Pola súa banda, os sindicatos CUT e CIG amosan tension e disparidade de criterios. A Central Unitaria de Traballadores está a favor de un paro total en Galicia para ese mércores mentres que a CIG aposta unha movilización de menor entidade e ven de convocar paros parciais de catro horas por turno nos centros de traballo, tanto públicos como privados. Os horarios concretos son de 22:00 a 02:00 no turno de noite, de 10:00 a 14:00 no de mañana e de 18:00 a 22:00 no de tarde. 

MOVENEDA CHAMA A PARTICIPAR

Moveneda, na súa liña de denuncia do xenocidio en Palestina, chama a veciñanza a participar activamente nas movilizacións e accións de protesta convocadas para este día.

Dende o rio ate o mar, Palestina vencerá!
Palestina Libre!


    Etiquetas:

    moveneda, palestina, galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


    outras publicacións relacionadas

    Moveneda

    Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
    Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

    Contacto

    Termos de uso, privacidade e cookies
    Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.