Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

12 de Marzo, Día da Atención Primaria

Visitas: 43

A atención primaria mellora da saúde da poboación e a racionalidade do sistema sanitario, pero carece do apoio político necesario para sobrevivir.

Os sistemas sanitarios orientados á Atención Primaria logran unha maior esperanza de vida, teñen menores taxas de mortalidade, mellor control de enfermidades crónicas e melloran o funcionamento global do resto do Sistema Sanitario.

Con todo moitos centros de saúde en Galicia están saturados, carecen do persoal suficiente, pecharon no medio rural ou funcionan a medio gas. A espera media supera os 10 días; 11.000 mil nenos galegos carecen de pediatra; o persoal abandona a AP pola precariedade laboral mentres se contratan profesionais sen formación especializada en AP, poñendo en risco o modelo e a atención.

Un problema importante é que unha parte de quen toma decisións políticas non a utilizan, por pertencer ás obsoletas Mutualidades de Funcionarios/as. Como consecuencia desta crise dispáranse os casos graves, colápsanse as urxencias hospitalarias, empeórase o prognóstico das doenzas e multiplícase o sufrimento das persoas enfermas.

A Atención Primaria necesita cambios e melloras para saír da crise:

  1. Incrementar os recursos de AP ata o 25% do orzamento sanitario
  2. Garantir a accesibilidade, continuidade asistencial e integralidade con mais profesionais: Medicina de familia, pediatría, enfermería, saúde mental, fisioterapia, traballo social, saúde dental, logopedia, persoal administrativo, etc.
  3. Unha política de persoal xusta e incentivadora
  4. Combater o abuso prexudicial da medicalización
  5. Reorientar a AP cara á saúde en lugar de a enfermidade, desenvolvendo estratexias de saúde comunitaria
  6. Asegurar a formación de calidade a todas as categorías do persoal
  7. Dedicar especial atención aos problemas de Saúde Mental e dos maiores

Desde SOS Sanidade Pública facemos un chamamento a mobilización social e profesional para defender e fortalecer a Atención Primaria Galega


Etiquetas:

comunicados de prensa


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.