Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Coordinación e propostas

Información sobor da laboura de obtención e analisis de información, recollida e debate de propostas, liña política, calendario de actos, coordinacion de traballos, comunicación e propaganda.

Moveneda apoia a folga das traballadoras de Bershka: por un salarios dignos

As traballadoras de Bershka (Inditex) levan xa case unha semana en folga indefinida esixindo melloras laborais e salariais. Esta é a mensaxe dunha destas traballadores:

“Bos días! Son unha traballadora da empresa Bershka (inditex) da provincia de Pontevedra, levamos xa 3 días de folga indefinida pedindo que nos equiparen as condicións salariais e sociais as que teñen as nosas compañeiras da provincia da Coruña, que cobran mais e teñen mellores condicions sociais ca nos, a prensa non nos saca en ningún periódico..... de amancio so se fala das donacións.... e non se conta que o home máis rico do mundo ten as traballadoras das tendas en malas condicions... Pídovos difusión! Moitas grazas”

E agora, dúas fotos que xuntas se entenden moito millor.

Moveneda leva o problema do lume de Viladonelle e Narahio o Parlamento de Galicia

Moveneda, e os compañeiros de Xuntos por As Pontes e Somos Cabanas estivemos presentes e participamos na reunión convocada no Parlamento de Galicia polo Grupo Parlamentario de En Marea para debatir a problematica da vaga de lumes.
Unha reunión moi fructífera, con moita información e ideas, onde tamén se analizaron as diversas e variadas causas que inflúen no lume.
Nos vindeiros días publicaremos un resumo do falado.

Xornada de formacion sobre Redes Sociais

Hoxe, tivenos na Casa das Palmeiras unha xornada sobre Redes Sociais cos compañeiros/as de outras candidaturas municipalistas da bisbarra: Somos Cabanas, Xuntos por As Pontes e Moeche.

Queimar o monte: documental sobor dos incendios en Galicia

Queimar o monte, un interesante documental que tenta achegarse ás causas dos incendios en Galicia.

Como o Partido Popular promove a depredacion e o expolio de Galicia

Vos convidamos a ver este video. Nel se explica claramente o modelo de expolio e depredación que promove o Partido Popular en Galicia. Unha exposición clara das consecuencias da implantacion de unha mineiría contaminante e arrasadora.

Moveneda contra a Lei de Depredacion de Galicia que propon o PP

Os lumes teñen variadas causas, pero entre elas están tamén as políticas. Por iso, son necesarias as reivindicacións e a loita polas solucións, porque o goberno do Partido Popular de Galicia négase a gobernar en defensa do pobo e dos intereses do pobo.
Eles so defenden os intereses dos ricos e poderosos, e proba diso é lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, a chamada Lei de Depredación de Galicia, un exemplo claro e gravísimo dun modelo colonial, que busca expoliar os recursos naturais, que busca anular o Artigo 128 da Constitucion Española:

"Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general."

E todo para poñer a nosa riqueza en mans de mafias empresariais ou de grupos de interese dos que forman parte as mineiras, eléctricas e ENCE. É unha lei que causa o abandono do territorio, a expulsión da xente da sua terra, buscan que emigremos de novo. E este abandono é unha das causas máis decisivas dos lumes neste país.

O domingo temos unha nova ocasión de decidir: queremos ser parte da solución ou parte do problema? Temos que escoller. Xa!

Galicia volve berrar #NuncaMais

Galicia volve berrar #NuncaMais.

#LumeNuncaMais.

Lume Nunca Mais: concentracións contra os lumes

Arde Galicia e non hai bandeiras nin falsos patriotismos que tapen a realidade da penosa política forestal e de prevención no País.Porque o noso monte importa e non nos resignamos a velo arder, este luns todos ás plazas para amosar o rexeitamento contra estes lumes que están a arrasar a nosa comunidade.
#LumeNuncaMáis.

Concentracion luns 16, as 20:00 en Ferrol, na praza Amada Garcia

https://i.gal/lumenuncamais

Arde Galicia. Arde Ferrolterra.

Arde Galicia. Arde Ferrolterra. Pero acontece algo raro: segundo a prensa, onde goberna o Partido Popular os incendios son culpa dos que os provocan e onde non goberna o PP é da inutilidade política das autoridades.
O millor era bon non votar ós que facilitan plantar eucaliptos, non evitan o abandono do monte ou despiden 500 brigadistas cando ainda hai días de perigo de lume.
#LembrateDoMonteCandoVaiasVotar

Concentracions de protesta contra da Lei de Depredacion de Galicia

Hoxe houbo concentracións ás en tódalas cidades galegas, para protestar por esta lei que impulsa o Partido Popular de Galicia que pretende coller o noso territorio e regalarllo aos lobbies mineiros, eólicos e do eucalipto. Supón na práctica a legalización da corrupción e a súa facilitación mediante a supresión de trámites e informes para a constitución destas actividades.

#LeiDepredaciónGaliza
#CorrupciónLegal

A Deputación esixe en pleno un tren Ferrol-A Coruña «digno»

O tren é unha das infraestructuras que mellor vertebran unha macro-comarca coma a que vai dende A Coruña a Ferrol. Lamentablemente, o servizo de ferrocarril en Ferrolterra leva decenios abandoado polos distintos gobernos, tanto centrais coma autonomicos, tivesen a cor que tivesen. Moveneda fai súa a declaración aprobada pola Deputación e chama ós veciños a apoiala e a ó Concello de Neda a sumarse institucionalmente a xusta reclamación do necesario pulo que modernice e faga útil este servizo.

Asinar recortes cunha man, queixarse coa outra

O PSOE de Neda quéixase no seu Facebook dos recortes que executa Feijoó na Sanidade. Esquecen que estes recortes son consecuencia directa de cambiar xunto co Partido Popular o Artigo 135 da Constitución. Laiarse agora é hipocresía.
Ah, tamén esquecen que a Andalucia de Susana Díaz está a cabeza de todo o país nos recortes en sanidade. Algo que dicir acerca disto?

Enlace ó artigo de El Mundo
http://www.elmundo.es/andalucia/2017/01/28/588bb51622601d07508b463f.html

Informar os veciños ou facer que informas

Vos propoñemos un sinxelo exercicio para que comparedes dous xeitos de transmitir información e valoredes cal é o máis correcto.

Por un lado temos ó Concello de San Sadurniño que publica as novidades sobre a couza dun xeito oficial, institucional, cun texto sinxelo, directo e plenamente informativo.

Por outra banda temos o estilo do Concello de Neda. Primeiramente podemos observar que a conta institucional do Concello reemite a información enviada por un particular. Si, é a conta do alcalde Angel Alvariño, pero é unha conta privada. É un erro de comunicación e de estilo moi grave. Réstalle oficialidade, cousa grave tratandose dun asunto importante coma é a couza. Coma segundo punto, comparade o texto: farragoso, repetitivo, cheo de tecnicismos e escasamente informativo.

Dende MOVENEDA pensamos que un Concello responsable pode e debe facer as cousas millor, máxime cando hai exemplos preto. Pedimoslle o BNG de Neda, integrante deste goberno tripartido, que indique ós seus socios que o bo exemplo de comunicación é o que utilizan dos seus compañeiros de San Sadurniño.

Charla sobre a reclamacion das clausulas chan e os gastos de hipoteca

#Moveneda está sempre a prol de fomentar a información, a organización e a acción colectiva dos veciños na defensa dos seus intereses. En liña con isto, vimos de acordar coa Asociacion Galega de Consumidores E Usuarios ACOUGA unha charla pra informar dos pasos a seguir pra reclamar a devolución dos cartos cobrados polos bancos nas chamadas Clausulas Chan.

ACOUGA o ten claro: "Se unha persoa está afectada polas cláusulas suelo, debe recurrir á vía xudicial e omitir a vía de negociación que están a ofrecer as entidades bancarias pra devolver as cantidades que a Justicia ven de declarar abusivas. A vía extraxudicial pra reclamar as cláusulas chan é prexudicial para o afectado". Así o afirma o presidente de ACOUGA, Manuel Pérez Arias.

Por elo MOVENEDA organiza pra este vindeiro xoves día 2 as 20:00 horas unha charla informativa na Casa das Palmeiras.

Alí se dara cumprida información sobor das Clausulas Chan e o xeito recomendado de reclamar os cartos.

Tamén se falará das demandas pra reclamar os cartos cobrados por constitución das hipotecas.

Falarán: Manuel Pérez Arias (Presidente de ACOUGA), Xoán Antón Pérez Lema (Avogado e Secretário Xeral de ACOUGA), Jesus Oroza Alonso (ACOUGA Ferrolterra).

Dende MOVENEDA promovemos e animamos a todos os veciños do Concello de Neda a sumarse ás demandas colectivas impulsadas por ACOUGA.

Acode, informate e participa!!

Moveneda ten rexistradas todos os ficheiros de datos ante a AEPD

MOVENEDA quere facer publico mediante o presente comunicado que, tanto os ficheiros e bases de datos que dan soporte a paxina web MOVENEDA.ORG susceptibles de conter informacion de cararacter persoal, coma os ficheiros multimedia obtidos durante as grabacions dos plenos do Concello de Neda, atopanse debidamente rexistrados ante a Axencia Española de Proteccion de Datos (AEPD).

A documentacion pertinente, recibos de rexistro e codigos de notificacion estan a disposicion pra consulta de toda aquela persoa que desexe revisalos.

Xornada de formación sobre orzamentos municipais

Asistimos a unhas xordadas de formacion con membros de as outras mareas e candidaturas municipalistas da comarca (MunicipalistasDoNorte: MOVENEDA, Somos Cabanas, Xuntos por As Pontes e Iniciativa Cidadá de Mugardos). Especificamente, estivemos a traballar no estudo dos orzamentos das entidades locais.

Formacion pra que os veciños comuns señamos capaces de fiscalizar as contas municipais.

Está eiquí: Home Coordinación e propostas