Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Medioambiente, industria, comercio e xuventude

Concelleira: Begoña Balsa (PSOE)
Comision informativa de area:
Medioambiente, industria, comercio e xuventude
Calendario da comision: 2º venres do mes ás 12:30
Asistentes na comision:
Carmen Insua (PP), Antonio Seijo (Grupo Mixto)
MOVENEDA Concelleiro neste area:
Juan Carlos Pita
MOVENEDA - Responsables de Area: Paco Abraldes

¿Que competencias ten esta Concellería?

A Concellería de Comercio ten a funcion de actuar e coordinar as relaciones entre os comerciantes e o Concello, cara a conquerir unha ordenación comercial eficiente e competitiva dentro do territorio municipal, potenciando p comercio tradicional, os mercados favoreciendo a sua consolidación coma función de vertebración urbana e social.


2016-10-27 Informe da Comisión de Área de Medioambente, industria, comercio e xuventude

O pasado xoves 27 de outubro de 2016 as 12:45, tivo lugar a Comisión de Área de Medioambente, Industria, Comercio e Xuventude. O Partido Popular non enviou representantes á Comision, mentres que Begoña Balsa estivo polo PSOE e Antonio Seijo polo Grupo Mixto. Por MOVENEDA asistiu o concelleiro Juan Carlos Pita sustituindo a Carlos Caaveiro que non puido asistir por problemas familiares. Fixo de secretario da comisión Eulogio.

A concelleira Begoña Balsa referiu varios informes:

  • Limpeza ríos:A vindeira semana Augas de Galicia empezará a limpeza do Basteiro, metendo unha pala no cauce e limpando o mesmo. Desde o Concello se pedira tamén a limpeza do Belelle e o Castro, pero só van limpar o Basteiro. Desde a Concellería van poñerse en contacto telefónico cos responsables de Augas de Galicia, para a amosar o desacordo co método de limpeza do río.
  • Dique madeira paseo marítimo. Informouse que Costas está procedendo ó amaño da escollera de madeira do paseo na zona da ribeira do Coto , onde as piscinas de mareas. Solicitouse que limparan tamén de plumachos e toxos esa mesma zona.
  • Sustentabilidade ambiental. Informase que foi concedida ó concello unha subvención para sustentabilidade ambiental. Na Web do Concello hai un enlace para a realización de suxerencias para a realización do mesmo.
  • Papeleras e contenedores. O Concello recibiu unha remesa de papeleras novas. Procederase á súa colocación cando o persoal contratado teña dispoñibilidade.
  • Contenedores: Á espera da aprobación da subvención para mercar unha remesa e sustituir aqueles que se atopan en mal estado e repoñer algúns que faltan.
  • Feira de Outono. (12/11/2016) A data de hoxe hai 14 solicitudes de participación. Haberá un stand da Xunta dentro da campaña de reciclaxe “Separemos ben, reciclemos millor”. A previsión é realizar a feira na parte de estrada que vai cara á estrada do Roxal e na parte baixa do antigo recinto feiral, en vez do lugar onde se celebrou o ano pasado, para tratar de darlle millor acceso e conseguir o achegamento de máis persoas.
  • Campaña Xunta reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos. En Neda desenvolverase os días 30/12/16 e 2-3/01/2017
  • Campaña separación selectiva en orixe. Nos meses de novembro e decembro vanse facer nas asociacións charlas co obxectivo de millorar a separación de residuos en orixe, para favorecer a reciclaxe posterior.

Ler máis...

Xoves 27, Comision de Area de Industria, Comercio, Xuventude e Medio Ambiente

Xa recibimos a convocatoria pra o vindeiro xoves 27 de outubro, as 12:30, da reunion da Comision Informativa de Area Industria, Comercio, Xuventude e Medio Ambiente. O concelleiro encarregado desta area e o noso compañeiro Carlos Caaveiro, que non poderá asistir por motivos familiares, polo que sera sustituido por Juan Carlos Pita. Nesta comision prantexaremos varias preguntas e propostas recollidas estes dias nas Asembleas Abertas e outras enviadas por veciños.

Está eiquí: Home Medioambente, industria, comercio e xuventude