Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Traballo, Medio Rural, Sanidade e Relación coas Asociacións

Concelleiro: Gonzalo Ferreiro (PSOE)
Comision informativa de area:
Traballo, Medio Rural, Sanidade e Relación coas Asociacións
Calendario da comision: 1º xoves do mes ás 12:30
Asistentes na comision:
Roberto Rey (PP), Antonio Seijo (Grupo Mixto)
MOVENEDA Concelleira neste area:
Carlos Caaveiro
MOVENEDA - Responsables de Area: Alvaro Seco

¿Que competencias ten esta Concellería?

Na Área de Traballo esta concellería ten o cometido o facilita-la inserción laboral dos veciños en situación de desemprego, especialmente aqueles colectivos con maior indice de paro coma mozos, mulleres, maiores de 45 años, persoas con discapacidade ou parados de longa duración.

Na Área de Medio Rural se debera ter por obxetivos a realización de políticas encaradas á mellora da importantísima zona rural de Neda así coma potenciar o valor e rendimento económico deste territorio que representa máis do 80% de la superficie del Municipio. Asimesmo, debera colaborar coas concellerías de Turismo e Patrimonio pra preserva-la calidade paisaxística dun territorio privilexiado, ben comunicado, e con moitos enclaves de interese.

Os concellos apenas teñen competencias en materia de Sanidade, polo que a laboura principal da concelleria é a promoción da Salúde a partires da prevención de actitudes e comportamentos de risco, planificando accions formativas e de concienciación cidadá cara os hábitos saludables. Debe impulsar a prevención e a promoción da saude, cunha fime aposta polas políticas sanitarias públicas, universais e de calidade. Asimesmo debe promover a responsabilidade personal e social e a participación individual e colectiva da población na súa propia saúde e na xestion participativa dos servizos e recursos.

Asociacións

No eido das Asociacións, cómpre canalizar a participación e involucrar a todas as asociacións nas actividades sociais, deportivas o culturais no concello.

Charla sobor da Couza no Roxal

O pasado sabado tivo lugar no local da Asociación de Veciños San Pelaio de O Roxal unha charla sobor da Couza Guatemalteca impartida por Angel Alvariño, que foi "en calidade de tecnico, non de alcalde" coma ben fixo notar. A numerosa asistencia, e as preguntas formuladas, deixan ver que é un tema que preocupa moito. Algún veciño se queixou da falla de publicidade, sobor de todo comparada coa charla na que participou o propio Alvariño en As Pontes.

Dada importancia do asunto, dende Moveneda pedimoslle ó alcalde que estas charlas informativas se fagan polo resto das parroquias do Concello de Neda, coa debida publicidade, para o cal nos poñemos a súa disposicion.

Este vindeiro venres 24 reunese a Comision de Area de Traballo, Medio Rural, Sanidade e Relación coas Asociacións

Foi convocada pra este vindeiro venres 24 a Comision de Area de Traballo, Medio Rural, Sanidade e Relación coas Asociacións, presidida polo concelleiro Gonzalo Ferreiro. Asistira o noso representante nela o concelleiro Carlos Caaveiro. Se algun veciño ten algun asunto de interese que queira do que se fale nesta comision, podedes enviarnolo ao email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou poñendose en contacto con MOVENEDA.

Neda, entre os concellos con prohibición de extraer pataca pola praga da Couza Guatemalteca

O Concello de Neda e un dos 31 concellos sinalados na lista publicada hoxe pola Conselleria do Medio Rural da Xunta de Galicia coma afectados pola #CouzaGuatemalteca.

A disposicion da Xunta establece unha cuarentena e unha serie de normas provisionais no tanto non se publica o decreto do Ministerio de Agricultura, un borrador que contempla a posibilidade de prohibi-lo cultivo un mínimo de dous anos pra evita-la expansión da praga.

Pra ver a nova na Voz de Galicia preme no enlace: Voz de Galicia

Venres 7, comisión de Área de Medio rural, Relacións coas AAVV, Sanidade e Traballo

O vindeiro venres, 7 de outubro, as 13:00 horas, terá lugar a reunión da Comisión de Área de Medio Rural, Relacións coas AAVV, Traballo e Sanidade. O noso representante alí será o concelleiro Carlos Caaveiro.

Se algún veciño ten algún asunto competencia desta comision de area que desexe lle seña trasladado ao concelleiro Gonzalo Ferreiro, pode facerllo chegar a directamente a Carlos Caaveiro vía email facendo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.ou polas canles de MOVENEDA nas redes sociais.

Pra mais información sobor desta Área, a sua Concellería responsable e a súa actividade, podedes visitar a súa sección na nosa web: Área de Medio Rural, Relacións coas AAVV, Traballo e Sanidade.

2016-05-06 Informe da Comisión de Área de Medio rural, Relacións coas AAVV, Sanidade e Traballo

O pasado 6 de maio asisteu Juan Carlos Pita a Comisión de Área de Medio rural, Relacións coas AAVV, Sanidade e Traballo en sustitucion de Leticia Iglesias que non puido acodir a mesma. O titular da comision, Gonzalo Ferreiro do PSOE, informou de varios pontos.

Primeiramente dunha reunion coa AA.VV Neda: Deuselles autorización para o uso do C.Cívico como lugar de recepción de correspondencia e notificacións a efectos da creación da mesma.

Informouse tamén da solicitude de AGA para a cesión dun local no Concello. Indica que aínda que non sexa de modo permanente, se lles facilitará algún para facer formación e outras actividades.

O Concelliro Gonzalo Ferreiro comentou que se convocou a licitación do servizo de desratización. Fíxose un prego de condicións técnicas. No caso de vivendas abandonadas, que soen ser focos de cría das mesmas se facerá de modo gratuíto nas vivendas próximas no caso de que haxa peticións dos colindantes. Facerase durante 4 semanas ó ano un muestreo en varias zonas para detectar a necesidade de aumentar as doses repartidas.

Ler máis...

Magosto na Casa das Palmeiras, vindeiro sabado 31, 18:00

O sábado día 31 de Outubro, Magosto Popular na Casa de las Palmeiras a partires das 18:00 horas. A degustación de castañas, que serán elaboradas polo Castañeiro de Neda, estará amenizada polo grupo Leirabruxo e realizaránse actividades de maquillaxe e papiroflexia para os máis novos. Lembradde, o vindeiro sábado 31 de outubro as 18:00 horas.

Neda agasalla cun libro ós usuarios que soliciten un préstamo, na vindeira semana do 26 ao 31

Co gallo da celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, a Biblioteca Municipal de Neda agasallará cun libro aos usuarios que soliciten un préstamo, durante toda a vindeira semana, do 26 ao 31.

El Ayuntamiento se suma al programa de deporte adaptado de la Mancomunidad

Fonte: diariodeferro.es - El Concello de Neda tiene abierto el plazo de inscripción para participar en el programa de deporte adaptado de la Mancomunidad, una iniciativa que contempla un conjunto de actividades adaptadas a personas con diversidad funcional  y que cuenta con la colaboración e la Diputación de A Coruña.

Ler máis...

Está eiquí: Home Traballo, Medio Rural, Sanidade e Relación coas Asociacións