Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Serv. sociais, 3ª Idade e Igualdade

Concelleira: Ana Rosa Pena (PSOE)
Comision informativa de area:
Servizos sociais, 3ª Idade e Igualdade
Calendario da comision: 2º venres do mes ás 12:30
Asistentes na comision:
Carmen Insua (PP), Antonio Seijo (Grupo Mixto)
MOVENEDA Concelleiro neste Área:
Juan Carlos Pita
MOVENEDA - Responsables de Area: Ruben Rio

¿Que funcions ten a Concelleria de Servizos Sociais, 3ª Idade e Igualdade?

Os concellos apenas teñen competencias en materia de Sanidade, polo que a laboura principal da concelleria limítase é a promoción e concienciación cidadá cara os hábitos saludableis. No plano dos Servizos Sociais consideramos que compre impulsar politicas que melloren a calidade de vida dos veciños, facendoos participes ante os problemas e necesidades dos outros.

Cómpre eiqui tern planos integrais cara os sectores da poboación con problemáticas específicas: Plano de Información y Orientación laboral, Plano de Participación Social e Plano de Atención a familias en risco de pobreza. Dende os Servizos Sociais debense xestionan tamén as solicitudes de prestacións, coma a Axuda a Domicilio e Asistencia, solicitude e xestion da Renta Mínima de Inserción ou Residencias e Centros de Día pra os maiones.

MOVENEDA informa da Comision de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade

Este e o resumo do que se tratou na pasada Comisión Informativa de Servizos Sociais, 3ª Idade e Igualdade realizada o día 17/11/2017 coa asistencia de todos os integrantes da comisión e coa presencia da Traballadora Social.

Informes e propostas da Presidenta, Ana Rosa Pena:

ESCOLA INFANTIL

- Neste momento hai 18 nenos matriculados.
- A Xunta aínda non fixo a inspección final tras a apertura, polo que as posibles modificacións nas instalacións aínda seguen á espera desta inspección.
- A Xunta segue sen asinar o convenio para a dotación do material da escola (+/- 18.000 €) que polo momento foi asumido polo Concello. De este equipamento pagouse unha factura pendente da antiga librería Galicia (1.286,33 €).

Cheques-agasallo Nadal:

- En 2016 o importe por neno foi de 75 € ; en 2017 ampliarase a 100 €.
- A antiga librería Galicia pasou ao cobro a factura de 750 € do Nadal anterior.

Ler máis...

Xoves 7, Comision Informativa do Área de Servizos Sociais, Terceira Idade e Igualdade

Convocouse pra este vindeiro xoves as 13:00 horas, na Casa do Concello, a reunion da Comision De Area de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade.

Lembrade que se tedes calquera consulta ou queixa pra trasladar a concelleira Pena, podedes remitirnola por correo (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou ben chamandonos ou por WhatsApp no numero de Moveneda .

Concentracions en rexeite do asasinato de Virginia V.F. no Carballiño

Mobilizacións do movemento feminista galego ante o novo asasinato machista no noso país, desta volta foi Virginia V.F. de 55 anos, veciña de O Carballiño. Chamamos a sumar concentracións ao longo do país para reclamar o fin da violencia contra as mulleres! A concentracion na bisbarra de Ferroltera sera diante do Concello de Ferrol as 20:30.
#QuerémonosVivas
#MachismoMata
#BastadeViolencia
#Súmate
#FeminismoparaVivir

25N, Xornada contra a violencia de xenero

Co gallo da Xornada Internacional contra a Violencia de Xénero, temos neste día multitude de actos, tanto no concello de Neda coma na comarca de Ferrolterra. Dende #Moveneda chamamos a veciñanza a participar activamente neles.

Neda

A las 10:30 horas se celebrará una Marcha polo bo trato con salida del albergue de peregrinos hacia el Concello. Para participar no es necesaria inscripción. Media hora más tarde se procederá realizar una lectura institucional con intervención de los alumnos de los CEIPs San Isidro y Maciñeira e IES Fernando Esquío. 

Ya a las 20:30 horas, en la Casa das Palmeiras, se inaugurará la muestra «Trateite coma unha rosa», del fotógrafo Isidro Cea. Durante este acto habrá diversas intervenciones y la actuación del música Xoán Curiel. El sábado, en la Casa da Cultura, habrá sesión de teatro con la obra Idas e Vidas a cargo de Teatro do Asteleiro. A las 20:30 horas y entrada con un precio de 2 euros.

Ferrol

O Concello de Ferrol, celebra o éxito da campaña Ferrol en Negro, con comercios tinxidos de escuro reivindicativo pra loitar contra la violencia. Tamén celebrará ás 12:00 horas no Jofre un debate sobor da violencia machista con 300 alumnos dos institutos de Ferrol, estando presentes o alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Muller, Saínza Ruíz.

Ler máis...

17/10 Informe da Comision de Area de Serv. sociais, Terceira Idade e Igualdade

O pasado dia 17 de outubro tivo lugar a comision de Area de Servizos Sociais, Terceira Idade e Igualdade, presidida pola concelleira do Grupo de goberno Ana Rosa Pena. Asistiron tamén un representante do PP e Juan Carlos Pita por MOVENEDA. Tamen estaba presente a Traballadora Social do Concello, Marian. Santiago Baamonde fixo a laboura de secretario da Comisión.

Non se puido aprobar a acta da sesión anterior por atoparse ainda encriptada polo ataque informático. Queda pendente ata a súa recuperación.

Informes e propostas da Concelleira

No eido de Igualdade informou que xa deu comezo o curso de mediadores sociais enmarcado no Plan de prevención de Drogodependencias. Tamén empezou o Ciclo Cine Ensino no IES. Informou tamén das subvencións para o plan de prevención de violencia de Xénero. COma outros plans do Partido Popular, trátase de papel mollado, xa que en troques de prevención da violencia (así o redacta), resulta que ten que ter un mínimo de dez mulleres que xa sufran maltrato, para prestar orientación legal e psicolóxica, quedando claro e evidente que isto xa non é prevención. En Neda nestes momentos hai 2 casos rexistrados. Os únicos concellos da comarca que prestan este servicio son os que dispoñen de CIM ( Ferrol e As Pontes).

Ler máis...

Cursos de mediadores sociais en Neda

O Concello de Neda ven de anunciar a organización duns cursos de mediadores sociais, dirixidos a directivos de entidades culturais e deportivas, AMPAS, etc. O prazo de incripción é ate o 3 de outubro de 2016. Os cursos serán os os xoves de Outubro: 6,13,20,27 e en Novembro: 3,10, 7. Terán lugar na Casa das palmeiras en horario de 18:00 a 20:00 horas. Mais info chamando ao teléfono 981-390233 ou por email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Información sobor de axudas adquisición libros de texto, material escolar e fondo solidario

Adxuntamos o seguinte enlace á información correspondente á participación no fondo solidario de libros de texto e á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ó alumnado de educación secundaria para o curso 2016/2017

www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

Fondo solidario de libros de texto e axudas á adquisición de libros

Formulario XUNTAInformamos que xa está publicada a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e xa se poden solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2016/17. As axudas están destinadas ás familias con alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, en centros docentes de Galiza sostidos con fondos públicos.

Ler máis...

07-10-2015 Convocatoria concentración contra a violencia machista.

Debido a o asasinato en Vigo dunha muller o luns desta semana, temos que amosar unha vez máis a nosa máis grande repulsa e rexeitamento contra este tipo de actos. Neste mesmo sentido hoxe hai convocadas por parte de organizacións feministas concentracións en todas as cidades galegas.

Ler máis...

Comunicado de apoio os refuxiados

Dende o Grupo Municipal MOVENEDA queremos amosar a nosa preocupación pola crítica situación que están a padecer os refuxiados que estes días están tratando de chegar a Europa fuxindo da fame e da guerra.

Facemos un chamamento á veciñanza para elaborar un censo cos datos daqueles veciñ@s que estén dispostos a acoller a algunhas destas persoas refuxiadas. Aquelas persoas que non poidan ou non estean dispostas ao acollemento, tamén poderían participar axudando en labouras de voluntariado ou realizando calqueira aportación que poida. Unha vez elaborado instaremos ó goberno municipal a que realice os trámites legais necesarios para o acollemento destas persoas. Así mesmo, solicitaremos que se realicen as xestións pertinentes diante da Mancomunidade para que esta sexa unha iniciativa comarcal e non só municipal de Neda.

Ler máis...

Axudas para a adquisición de material escolar - Primaria

Convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. Os formularios de solicitude poderán obterse na guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato PDF do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es

Ler máis...

Rexistro de escrito no concello contra a Violencia de xénero

Por mor dos ultimos casos de violencia de xenero acaecidos no Espado, MOVENEDA ven de rexistrar no Concello a semana pasada (2015-08-18) un escrito contra a violencia de xénero.

Incentivos contratación persoas desempregadas en risco exclusión social

ORDE do 29 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social[...]

Obxeto: incentivos á contratación temporal , entre 6 meses e 1 ano, das persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión social.

Ler máis...

Comunicado de repulsa polos casos de violencia de xenero

Dende MOVENEDA queremos amosar a nosa máis enérxica repulsa contra todo tipo de violencia en xeral, e en particular contra a violencia de xénero que estes últimos días levouse por diante a vida de dous nenos en Pontevedra e dunha muller e dous fillos en Catalunya, vítimas da barbarie e da intolerancia. Ademais disto, amosar as nosas condolencias ás familias das vítimas.

O Concello de Neda aumentará nun 10% as horas de atención a dependentes

FERROL360 - El Concello de Neda aumentará en un 10 % las horas de atención a dependientes en sus hogares. Así lo ha anunciado la concejala de Servicios Sociales, Leonor Canosa; una medida que supondrá un total de 155 horas más al mes en atención a este colectivo y permitirá atender a nuevos usuarios en lista de espera. Están prestadas por el servicio municipal de ayuda en el hogar a personas con dependencia reconocida por ley.

El incremento es posible gracias a la concesión de esas 155 horas al programa por parte de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta. Con el aumento anunciado, las horas totales de atención al mes en Neda se quedan en 1.553, las cuales benefician a 42 usuarios del municipio.

Ler máis...

Está eiquí: Home Serv. sociais, 3ª Idade e Igualdade