Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Actividade do Concello

Pleno Ordinario o vindeiro luns 1 de abril, as 10:00h

Mañá luns dia 1 de abril ás 10:00 h, celebrase un dos últimos plenos desta lexislatura no Concello de Neda.
Nel se vai proceder ó sorteo dos integrantes das mesas para estes procesos electorais nos que andamos inmersos.
Se queredes que traslademos algunha pregunta ó grupo municipal, podedes enviarnola por email ou chamando por tlfno.E lembrade que os plenos son abertos, polo que vos convidamos a asistir.

Video do Pleno Ordinario do 22 de outubro

Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado 22 de outubro de 2018. Neste pleno se deu aprobacion as proposta de adxudicacion das licitacions dos contratos de limpeza de edificios e locais municipais. Tamen o contrato do servizo de Axuda no Fogar.

Tamén se votaron varias mocións. Entre elas unha do BNG en apoio as persoas encausadas pola protesta no Pazo de Meiras.

Neste pleno, o Alcalde Alvariño non vetou as mocións de MOVENEDA, como aconteceu no anterior pleno. Debatironse e votaronse as seguintes:

- Moción presentada anteriormente, en concreto en marzo de 2017 e que estaba pendente de votación, para a modificación da ordenanza número 8 para dotar o Concello de Neda de ferramentas legais para cobrarlle un imposto as empresas electricas polo uso do dominio público. O PSOE, o PP e CG (Antonio Seijo) votaron en contra, o BNG abstivose. Deste xeito, estes grupos políticos prefiren que Neda quede atrás no proceso que seguen concellos como o de Naron ou o de Arteixo (gobernado polo PP) que xa teñen estas ferramentas e que permiten recaudar impostos a estas empresas e asi aliviar os que nos cargan os veciños.
A quen defenden o PSOE e o PP, as electricas ou á veciñanza?

A outra moción debatida foi a da defensa do sistema público de pensións. Esta moción foi presentada pola asamblea comarcal da Plataforma Estatal de Defensa das Pensións Públicas, e MOVENEDA asumíu a súa defensa. PP e PSOE volveron a poñerse dacordo para rexeitala.

A terceira moción de MOVENEDA pedía que nos procesos de contratación do Concello se incluisen nas valoracións de ofertas criterios sociais, medioambianentais, etc e non só se valore o factor prezo. Entre outras cousas pediamos que se valorase positivamente que as empresas licitadoras tivesen maioria de contratos fixos, maioria de contratos a tempo completo, que cumplisen a paridade de xénero, que non tivesen despidos improcedentes ou non contratasen a traves de ETTs. Todo medidas para protexer ao persoal das mesmas, que en definitiva son tamén parte da veciñanza do Concello.
Tamen pediamos que se valorase positivamente nos procesos de contratacion cuestions medioambientais, e mesmo que as empresas estiveses dotadas e aplicasen procedimentos de normalizacion linguistica.

PP e PSOE votaron en contra.

ROGOS E PREGUNTAS

Por ultimo no turno de rogos e preguntas, MOVENEDA volveu a facer a laboura de control democratico da accion de goberno con una bateria de preguntas e cuestions, toda vez que este tripartito segue a incumplir o acordado e non celebra as Comisións Informativas de Area, boicoteando a normal laboura de control  da oposicion (da que traballa.)

No turno de interpelacións dos veciños a corporacion houbo duas interveción destacadas.
Dous veciños denunciaron a situacion da Agrupacion Parroquial, onde supostamente houbo un desfalco de cartos e acusacions cruzadas.

Tamen unha veciña interpelou o alcalde pedindo explicacións por no ser atendida en galego polos funcionarios do Concello. As desculpas e o compromiso do Alcalde de aclarar e corrixir o asunto, voaron polos aires coa intervención fóra de tono da Tenente de Alcalde Ana Rosa Pena, que chegou incluso a acusar á veciña de mentir, tal e como se recolle no vídeo.

O pleno do veto antidemocrático - Xullo de 2018

Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado luns 30 de xullo de 2018.

Neste pleno, e por primeira vez na lexislatura, vetouse polo Alcalde o feito de que MOVENEDA presentase tres mocións para o seu debate e votación no mesmo dun xeito antidemocrático, autoritario e, ao ser un acto dictado como unha potestade discrecional, sin que o Alcalde motivara esta decisión. Membros do seu propio partido teñen calificado feitos similares, cando son eles os que sufren, como "actitudes absolutistas e caciquiles".

Tratábase dun pleno ordinario, as mocións presentaronse como no resto da lexislatura antes da comisión previa ao pleno, polo que o veto conxunto de PSOE, PP, BNG e CG só pode entenderse dentro da estratexia de torpedeo e de dificultar a laboura de participación e control que MOVENEDA exerce de xeito lexitimo.



Xa metidos no contido do pleno, destacamos que se aprobaron as licitacións dos contratos do Servizo de Limpeza de de edificios e locais municipais, do mantemento do pavillon deportivo e instalacións anexas.
Minuto 3:00

Ler máis...

Video do Pleno Ordinario do Concello Neda, 2018-05-28

Publicamos o video do ultimo pleno ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado  2018-05-28 Pleno Ordinario Concello Neda

Os puntos debatidos foron:

  • Aprobación da acta anterior.
  • Dacion en conta dos decretos da Alcaldía.
  • Rectificacion anual do inventario municipal de ben e dereitos.

Xa como temas de mais calado:

  • Aprobacion da Ordenanza Municipal de axudas á rehabilitación de vivendas no casco antigo de Neda
  • Adhesion o Protocolo de actuacion da Xunta e a FEGAMP para fomento de creacion de empresas.
  • Modificacion da Ordenanza Nº1 sobre bens inmobles IBI
  • Modificacion da Ordenanza Nº3 do imposto de contruccions ICIO
  • Modificacion da Ordenanza Nº14 do imposto de actividades economicas IAE
  • Modificacion da Ordenanza Nº16 das taxas de utilizacion de pavillon e ximnasio municipal, escolas deportivas e culturais e sauna.

E por ultimo tivo lugar o turno de Rogos e Preguntas, no que os veciños, a traveso dos concelleiros de MOVENEDA, exercimos a necesaria laboura de control democrático da accion de goberno.

Convocatoria de Plenor Ordinario para o vindeiro 28 de maio

Nos foi comunicada a convocatoria do Pleno Ordinario do mes de maio para o luns día 28 ás 12:00 h. Aparte dos cambios en algunhas das ordenanzas municipais, teremos sesion de Rogos e Preguntas nos que exerceremos a laboura de control democratico do goberno municipal.

2018-04-08 Pleno Ordinario do Concello de Neda (Aprobación Presupostos)

Publicamos o pleno ordinario do Concello de Neda correspondente ó 8 de abril de 2018, referido á aprobación dos presupostos municipais do exercicio 2018.

Queremos pedirvos desculpas por tardar catro meses en publicar o video. A grabación orixinal ocupa máis de 2,5Gb en tres cachos tivemos bastantes problemas técnicos para unilos e subilo.
Grazas pola vosa comprensión.

MOVENEDA informa da Comision de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade

Este e o resumo do que se tratou na pasada Comisión Informativa de Servizos Sociais, 3ª Idade e Igualdade realizada o día 17/11/2017 coa asistencia de todos os integrantes da comisión e coa presencia da Traballadora Social.

Informes e propostas da Presidenta, Ana Rosa Pena:

ESCOLA INFANTIL

- Neste momento hai 18 nenos matriculados.
- A Xunta aínda non fixo a inspección final tras a apertura, polo que as posibles modificacións nas instalacións aínda seguen á espera desta inspección.
- A Xunta segue sen asinar o convenio para a dotación do material da escola (+/- 18.000 €) que polo momento foi asumido polo Concello. De este equipamento pagouse unha factura pendente da antiga librería Galicia (1.286,33 €).

Cheques-agasallo Nadal:

- En 2016 o importe por neno foi de 75 € ; en 2017 ampliarase a 100 €.
- A antiga librería Galicia pasou ao cobro a factura de 750 € do Nadal anterior.

Ler máis...

PlenoOrdinario do Concello de Neda, celebrado o pasado 2017-11-27.

Publicamos o video completo do PlenoOrdinario do Concello de Neda, celebrado o pasado 2017-11-27.

Dende o minuto 53 ( https://youtu.be/dcLjjRxh9aQ?t=3170 ) podedes ver a intervención dos concelleiros de MOVENEDA.

Antes xa presentamos 2 mocións que foron aprobadas, a primeira instando á Xunta de Galicia á derogación da Lei de Fomento de Medidas Empresariais e a segunda instando ao Concello á redación dunha Ordenanza de Protección Animal e Convivencia co gallo da recente aprobación da Lei de Benestar Animal.

O turno de Rogos e Preguntas foi usado coma Sesión Informativa e de Control ó Goberno toda vez que este tripartito ven de reducir as convocatorias de Comisións Informativas de Área o que dificulta o traballo da oposición e torpedea o máis básico funcionamento democrático da institución municipal.

PlenoOrdinario do Concello de Neda

Pleno Ordinario no Concello de Neda. Tan só 13 veciños no público. Verifícase que o cambio dos horarios dos plenos imposto polo tripartito esta a perxudicar gravemente a participación dos veciños na vida politica do Concello.

Nin PSOE nin BNG nin CG (Antonio Seijo) queren transparencia.

Homenaxe a Don Paco da Merced, o médico dos pobres

O vindeiro domingo 3 de decembro ás 12.30 h, Ofrenda Floral en homenaxe a Don Paco da Merced, "O médico dos pobres". O acto terá lugar na praza da Estatua de Don Paco. Convidamos a veciñanza a participar na lembranza desta relevante figura.

Video do Pleno ordinario de setembrode 2017: retirada do titulo de Alcalde Honoraio a Franco

Publicamos o video do Pleno Ordinario celebrado no Concello de Neda esta pasado luns dia 25 de setembro. Un dos asuntos importantes que se tratou nel foi a mocion do BNG acerca do Pazo de Meiras e a retirada do titulo de Alcalde Honorario de Neda que ate o de agora ostantaba o dictador Francisco Franco.

No turno de Rogos e Preguntas os concelleiros de Moveneda interpelaron os membros do goberno tripartito acerca de do control do cumplimento dos contratos de servizos coma desbroces e limpeza.

Video do Pleno ordinario de xullo de 2017

Para todos aqueles que non podedes asistir ós plenos, sobor de todo tras do cambio de horarios, publicamos o video grabado no Pleno Ordinario celebrado o pasado 31 de xullo de 2017.

Vos lembramos que mañá día 25 de setembro está convocado o seguinte Pleno, on de se vai discutir unha mocion sobor do Pazo de Meirás, entre outros temas.

Pleno Ordinario de setembro, este luns 25 ás 12 da mañá

O Concello de Neda convoca o Pleno Ordinario do mes de setembro para este luns día 25 ás 12 da mañá.
Coma sempre, e convencidos de que os veciños temos moito que dicir na vida política do noso concello, vos animamos a asistir e a participar na sección de Rogos e Preguntas.

Antes debateranse dous puntos interesantes, o establecemento dos festivos municipais pra 2018 e unha moción do BNG sobor do Pazo de Meirás.

Comparte e difunde!

Xoves 7, Comision Informativa do Área de Servizos Sociais, Terceira Idade e Igualdade

Convocouse pra este vindeiro xoves as 13:00 horas, na Casa do Concello, a reunion da Comision De Area de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade.

Lembrade que se tedes calquera consulta ou queixa pra trasladar a concelleira Pena, podedes remitirnola por correo (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou ben chamandonos ou por WhatsApp no numero de Moveneda .

Pleno de 2017-05-29 - Debate de orzamentos 2017

Vos deixamos o interesante video do pleno pleno ordianrio do pasado maio (2017-05-29) onde se discutiron os Orzamentos Municipais do anos 2017.

Roubos en Anca

A Guardia Civil ven de avisar de vários roubos perpetrados estes últimos días en casas na zona de Anca e Vilar, polo que pregan extremar precaucións e avisar tanto ó Cuartel de Fene (981 34 00 94) ou á Policia Local de Neda (639 151 417 / 981 380 039) no caso de detectar calquera movemento sospeitoso.

MOVENEDA levará várias propostas á vindeira Comisión de Área de Seguridade Cidadá ó rente destes acontecimentos.

Pleno ordinario de 2017-03-27, moción das eléctricas, moción medidas a prol de novos empadroamentos e declaración de apoio ao IES Castro da Uz.

Publicamos o video dun dos plenos mais interesantes da lexislatura. E un video longo, mais de hora e media, pero pensamos que paga a pena que vexades por vos mesmos que defende cada grupo.

Moveneda propuxo pra discusión e votación dúas mocións e unha proposta de acordo e declaración institucional. A primeira das mocións versaba sobre impoñer unha taxa as empresas eléctricas polo uso do espazo público. A segunda moción contiña unha serie de propostas de medidas pra favorecer o asentamento de novas poboación no Concello. A proposta de Declaracion Intitucional pedía o apoio do Pleno e do Concello ao IES Castro da Uz de As Pontes, no que a Xunta de Galicia suprimiu un ciclo de Bacharelato.

Aorde do día do pleno era a seguinte:

  • Aprobación da acta anterior.
  • Dación en conta dos decretos da alcaldía
  • Aceptación da cesion de un camiño en Liñares
  • Aceptación da cesion de un camiño en Bernés
  • Moción do PSOE relativa a distribucion dos recursos da Xunta aos concellos con criterios obxectivos e transparentes
  • Moción de MOVENEDA pra modificar a ordenanza fiscal Nº 8. Taxa as eléctricas.
  • Moción de MOVENEDA relativa ó fomento de empadroamento de persoas no Concello
  • Declaración Institucional de aopio ao Concello de As Pontes e o IES Castro da Uz
  • Rogos e preguntas

IMPORTANTE: modificacion do lugar da ITV Agricola: muda a San Isidro

IMPORTANTE: Dende o Concello de Neda avisan do cámbio de ubicación do servizo da ITV pra Vehículos agrícolas. Lembrade que estará presente no campo da festa de San Isidro, nos Pazos, o día 31 de marzo de 9:00 a 13:30 horas.

Deu comezo o pleno ordinario, sigue a actividade no noso twitter

Deu comezo o Pleno Ordinario no Concello de Neda. Moveneda propon declaracion de apoio o concello de As Concello de As Pontes e o IES Castro da Uz e contra da pretension da Xunta de Galicia de pechar un ciclo formativo de Bacharelato.

Alcaldes de nove concellos esixen melloras na conexión do tren Ferrol-A Coruña

O Concello de Neda estivo representado polo alcalde Angel Alvariño nunha xuntanza dos nove concellos da bisbarra onde se tratou a esixencia común de melloras nas infraestructuras e servizos ferroviarios.

Estaban representados máis de medio millón de persoas dos concellos de Pontedeume, Fene, Neda, Narón, Betanzos, Miño, Cambre e Ferrol e A Coruña. Tamén estiveron presentes os diputados nacionais Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz. Todos coincidiron en esixir un pulo á liña que une o eixo atlántico norte e reprochan o “desprezo sistemático” do Estado ó traxecto que une Ferrol e A Coruña.

Moveneda vai solicitar no vindeiro pleno que o alcalde nos dea ós veciños cumprida información do tratado e acordado nesa xuntanza

Enlace a nova en Adiante Galiza: https://www.adiantegalicia.es/costa-artabra/2017/03/21/alcaldes-de-9-ayuntamientos-exigen-mejoras-en-la-conexion-del-tren-ferrol-a-coruna.html

Nova alerta laranxa por neve no interior e temporal na costa

A Xunta de Galicia alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará ao interior por neve en cotas tan baixas coma 400m e en todo o litoral de A Coruña. Pideselle a poboacion que extreme as precaucións, que siga as medidas de protección pertinentes e ante calquera dúbida que consulte a web: www.axega112.gal

En Neda non afecta directamente, pero lembrade que ante calquera incidencia, o telefono da Policia Local do Concello de Neda e o 981 38 00 39

Convocado pleno ordinario pra o vindeiro luns 27 de marzo

O Concello de Neda ven de convocar pleno ordinario. Lembrade que mudaron as datas habituais dos xoves pola tarde, e que éste será o luns día 27 ás 12:00h.

Moveneda presentará a votación dúas mocións. A primeira pra que o Concello poida cobrar impostos ás empresas eléctricas e enerxéticas polo uso do espazo público. A segunda, busca implantar medidas concretas pra fomentar o empadroamento de nova poboación en Neda.

Tamén presentamos unha proposta de declaración institucional de solidariedade co Concello de As Pontes e o IES Castro da Uz contra da pretensión da Xunta de Galicia de eliminar o Ciclo de Bacharelato de Humanidades. Pensamos que as forzas políticas deben posicionarse e poñerse no caso de que esta manobra da Xunta contra a educación pública fora no noso Concello.

Tamén presentamos unha proposta de declaración institucional de solidariedade co Concello de As Pontes e o IES Castro de Uz ante a pretensión da Xunta de Galicia de eliminar o Ciclo de Bacharelato de Humanidades. Pensamos que as forzas políticas deben posicionarse e poñerse no caso de que esta manobra da Xunta contra a educación pública fora no noso Concello.

Coma sempre haberá turno de rogos e preguntas, no que os veciños poderemos exercer directamente o noso dereito ao control do goberno municipal, polo que vos invitamos a que acudades e plantexedes alí as preguntas e asuntos que consideredes de importancia.

Dende Moveneda xa manifestamos anteriormente a nosa postura contra do cambio do horario dos plenos as tardes dos xoves ós luns pola mañá. Coidamos que é unha manobra do goberno tripartito pra dificultar a asistencia de veciños coma público ós plenos e que así haxa menos testigos dos debates e temas que alí se tratan. Por elo, agora máis que nunca vos convidamos a facer o esforzo de asistir.

 

Charla no Centro Civico sobor da Couza Guatemalteca

Mañá sábado ás 12 da mañá no Centro Cívico, o Concello de Neda convoca unha charla pra informar da situación ante a aprobación por parte de Goberno central dun decreto que prohibe a plantación de pataca en 31 concellos, entre eles Neda, por mor da praga da Couza Guatemalteca

Martes 7, Comision de Area de Obras Servizos, Parques e Xardins

O vindeiro martes dia de marzo celebrarase a Comision de Area de Obras Servizos, Parques e Xardins, presidida por Angel G. Cordero. O representante de Moveneda sera Carlos Caaveiro.

Os veciños con asuntos de interese que desexen señan presentados nesta comision, que se poñan en contacto no email de Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., contactando con calquera dos seus concelleiros: Juan Carlos Pita ou Carlos Caaveiro ou no buzon de Moveneda na Casa do Concello de Neda

 

Máis artigos...

Está eiquí: Home Informacion Actividade do Concello