Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Grupo municipal

Renuncia da nosa concelleira Leticia Iglesias

No pasado pleno acontecido o xoves 21 de xullo as 12:00 da mañá, MOVENEDA cambiou os seus representantes.

Leticia Iglesias renunciou formalmente á acta de concelleira por motivos meramente persoais. En palabras dela: “ Por motivos persoais non podo darlle a dedicación que merece o posto e por ese motivo prefiro deixar que outro tome o meu lugar”.

Carlos Caaveiro ocupará o seu lugar como concelleiro de MOVENEDA a partires do seguinte pleno.

Leticia Iglesias defendeu no pleno una mocion de apoio á pesca do cerco

Independentemente de que o sector do cerco teña unha reprentación nula na economía do noso Concello e relativamente baixa na comarca de Ferrolterra; entendemos que a defensa dos sectores primarios (xa seña leiteiro, agrícola, forestal..) debe ser unha prioridade.

No ano 2012 a Unión Europea fixou as cuotas por país baseándose nas claves de estabilidade relativa. Deste xeito, a cuota asignada para todo o territorio español é repartida nas distintas flotas seguindo criterios históricos; ou sexa; basándose nas capturas dos últimos 10 anos.

MOVENEDA insta á Secretaria Xeral de Pesca e á Xunta de Galicia a recoller as demandas de todos os sectores do cerco galego, nun debate aberto e público; e así establecer un sistema de reparto equitativo e xusto. Deste xeito garantirase a supervivencia da actividade e o mantemento do emprego.

Ler máis...

Alegacións contra a modificación do presuposto (Percepcions cargos electos)

Escrito de alegacións presentado contra a modificación do presuposto que regula as percepcións por asistencias a plenos e comisións d@s concelleir@s do Concello de NEDA por consideralas excesivas.

Viña ben desbrozar...

E posible que alguns veciños protesten, porque pra achegarse a algun dos paneis informativos do @ConcelloDeNeda haiche que ser como Felix Rodriguez de la Fuente e atravesar unha selva... Pero tamen non se pode negar o ben integrados que estan coa natureza. De desbrozar, xa si tal, falamos outro dia...

Subcategorías

  • Concelleiros

    Información da actividade dos nosos concelleiros: plenos, comisións informativas de área, reunións e asembleas. Mocions e escritos presentados e o seu seguimento.

    • Leticia Iglesias

      Blog da actividade política da concelleira Leticia Iglesias: iniciativas, actos, documentos, actas de reunións e asembleas, opinións, axenda persoal, contacto...

    • Juan Carlos Pita

      Blog da actividade política do concelleiro Juan Carlos Pita: iniciativas, actos, documentos, actas de reunións e asembleas, opinións, axenda persoal, contacto...

  • Areas de traballo de MOVENEDA

    Areas de traballo nas que MOVENEDA dividiu a sua accion de traballo: propostas, mocions, iniciativas veciñais...

    A nosa division das competencias, tarefas e áreas non coincide coa feita pola actual corporacion. Coa nosa division tratamos de agrupar asuntos comuns e mellorar e facilirar o traballo de oposicion e de xeracion de propostas.

    • Urbanismo, Obras e Servizos

      En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

      MOVENEDA atopa mais razoable unificar na Concelleria de Urbanismo tamen as competencias de Obras e Servizos.

      Que competencias ten a Concellería de Urbanismo?

      Correspondelle a dirección, inspección e control de toda a actividade de xestión e execución pra garantir que toda actuación se fai conforme á ordeación do territorio e urbanística. Ten tamén as seguintes funcións: tramitación de licencias de obra, de primera ocupación, renovación, segregación, etc..., certificados urbanísticos, calificacions territoriais, certificados de Escritura Pública (parcelas de subasta), certificados de alineacions e rasantes, disciplina urbanística, alegacions e recursos, denuncias de particulares, proxectos de obras municipais, xestión desubvencions.. etc.

      Que competencias ten a Concellería de Obras e servizos?

      Entre as súas tarefas están a totalidade de actuaciones e mantenimentos do concello: edificios municipales, colexios públicos, escolas infantís e rurais, parques e xardíns. Tamén é a encarregada do control da infraestructura urbana e vial; das redes de suministro electrico, auga, gas e saneamento así coma da recollida do lixo.

    • Economia, facenda, comercio, industria e emprego

      En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia. 

      ¿Por que propoñemos unir Economía e Facenda con Industria e Emprego?

      En MOVENEDA coidamos que son eidos comúns e que o xeito óptimo pra levar a cabo politicas coordinadas e integrais pasa por ter as competencias unificadas. Por elo, pensamos que mellor tería sido unir todas as competencias económicas nunha soa Concellería de Economía, Facenda, Industria e Emprego

      Que competencias ten a Concellería de Industria e Emprego?

      Esta concellería ten o cometido o facilita-la inserción laboral dos veciños en situación de desemprego, especialmente aqueles colectivos con maior indice de paro coma mozos, mulleres, maiores de 45 años, persoas con discapacidade ou parados de longa duración. Os veciños de Neda deberían poder desenrolar actividades profesionais no seu propio concello, en igualdade de oportunidades, o que repercutirá no progreso socioeconómico de Neda.

      ¿Que competencias ten a Concellería de Economia e Facenda?

      A Concellería de Economía, Facenda ocúpase dos Presupostos e as Contas, de dictaminar sobor de asuntos e a administración dos ben municipais; a percepción da renta; a recadación dos impostos e a aplicación do xeito mais util pra os veciños dos fondos municipais. O responsable de goberno municipal e os concelleiros da oposición adscritos á Comision Delegara de Area, interveñen no estudo e dictame na sanción do Cálculo de Recursos e Presupuesto de Gastos (presupostos municipais) segundo o referido no artigo 34 do Decreto – Ley N° 6769/58. Dictaminan tamén no exame das contas do concello (Art. 65 Decreto Ley N° 6769/58) e intervendrán co seu asesoramento na contratación de prestamos (Art 46 do Decreto – Ley N° 6769/58).

    • Servizos sociais, solidariedade e dependencia

      Novamente atopámonos cunha concelleria con disparidade de funcions e responsabilidades, xa que estas semellan  ter sido repartidas en función das cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

      En MOVENEDA coidamos que as funcións idóneas deste área debera ser Servizos sociais, solidariedade e dependencia.

      ¿Que funcions ten a Concelleria de Sanidade?

      No plano sanitario, debe ter coma propósito a mellora-la saude e calidade de vida dos veciños do concello; impulsando a prevención e a promoción da saude, cunha fime aposta polas políticas sanitarias públicas, universais e de calidade. Asimesmo debe promover a responsabilidade personal e social e a participación individual e colectiva da población na súa propia saúde e na xestion participativa dos servizos e recursos.

      Os concellos apenas teñen competencias en materia de Sanidade, polo que a laboura principal da concelleria é a promoción da Salúde a partires da prevención de actitudes e comportamentos de risco, planificando accions formativas e de concienciación cidadá cara os hábitos saludables.

      No plano dos Servizos Sociais consideramos que compre impulsar politicas que melloren a calidade de vida dos veciños, facendoos participes ante os problemas e necesidades dos outros.

      Son necesarios planos integrais enfocados cara a aqueles sectores da poboación con problemáticas específicas: Plano de Información y Orientación laboral, Plano de Participación Social e Plano de Atención a familias en risco de pobreza. Dende os Servizos Sociais debense xestionan tamén as solicitudes de prestacións, coma a Axuda a Domicilio, Teleasistencia, a Renta Mínima de Inserción ou Residencias e Centros de Día pra os maiones.

    • Educación, cultura, patrimonio, turismo, mocidade e deportes

      A laboura desta Concelleria debería ser a potenciación do desenrolo cultural do concello ofertando propostas culturais a todos os veciños, activando a participación a través de todos os canais institucionais; colaborar con todas as asociacions e grupos culturais do concello; apoiar as iniciativas e propostas dos distintos colectivos culturais do concello. Impulsa-las las bibliotecas e pontos de lectura do concello, crear e fortalecer Escolas Municipais; extender e difundir o valor cultural e turistico do concello, fornecer de actividades atractivas pra os mozos e difundir todas as actividades culturais e sociais organizadas dende esta Concellería.

      Búscase facer dos centros escolares auténticos espazos de encontro e participación educativa complementarios da actividade lectiva, con programas educativos, culturais, deportivos e sociais, deseñados e programados pola cidadanía e a comunidade educativa. Promóvese a participación do profesorado, dos pais e as nais, do alumnado, do persoal non docente e a propia administración municipal nos consellos escolares, achegando os centros ao concello e viceversa e velando polo cumprimento dos dereitos de todos os sectores da comunidade educativa. representados e activos no Consello escolar municipal.

      Desenvolve as súas actividades exercendo as distintas competencias que a lexislación estatal e autonómica lle asignan aos concellos no eido da educación, entre os que se atopan: o mantemento, conservación e reparación dos edificios e equipamentos escolares públicos de educación infantil e primaria, o que supón facerse cargo dos consumos de auga, teléfono, calefacción e electricidade; limpeza diaria e saneamento; conserxería e vixilancia dos centros e labores de reparación e melloras nas instalacións (carpintería, albanelería, electricidade, etc.).

      A Concellería tamén se implica de forma efectiva na conciliación da vida laboral e familiar mediante o desenvolvemento de programas de actividades complementarias fóra de horario lectivo, e promove actividades extraescolares fóra de horario lectivo, durante os fins de semana e en períodos vacacionais, co obxecto de facilitar esta conciliación.

    • AAVV, entidades, participación e transparencia

      En MOVENEDA coidamos que é absolutamente necesaria unha concellería adicada a incrementa-la participacion dos veciños na vida politica do concello, que fomente a transparencia e o traslado fluido e constante de informacion dende a Casa do Concello cara ós veciños e viceversa. Nesa laboura de implicar ós veciños e fomentar a participación, son absolutamente indispensables as Asociacions de Veciños e outras entidades que traballan no concello.

      Asimesmo esta Concellería debe ter competencia pra a xestion e promocion de todas as entidades sociais que traballen no concello, asi coma a xestion dos espazos, fondos e dotacions necesarias pra levar a cabo actividades de dinamicen a vida social do concello.

    • Coordinación e propostas

      Información sobor da laboura de obtención e analisis de información, recollida e debate de propostas, liña política, calendario de actos, coordinacion de traballos, comunicación e propaganda.

Está eiquí: Home Grupo Municipal