Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Grupo municipal

86 anos do discurso de Clara Campoamor e o voto feminino.

Cumprense 86 anos do discurso de Clara Campoamor nas Cortes da II Republica. Como acontece hoxe, unha parte dos partidos politicos consideraban que era ilegal votar certas cousas ou que votase unha parte da poboacion. Daquela eran as mulleres.

"Aunque no queráis y si por acaso admitís la incapacidad femenina, votáis con la mitad de vuestro ser incapaz. Yo y todas las mujeres a quienes represento queremos votar con nuestra mitad masculina, porque no hay degeneración de sexos, porque todos somos hijos de hombre y mujer y recibimos por igual las dos partes de nuestro ser, argumento que han desarrollado los biólogos. Somos producto de dos seres; no hay incapacidad posible de vosotros a mí, ni de mí a vosotros […] Desconocer esto es negar la realidad evidente. Negadlo si queréis; sois libres de ello, pero sólo en virtud de un derecho que habéis (perdonadme la palabra, que digo sólo por su claridad y no con espíritu agresivo) detentado, porque os disteis a vosotros mismos las leyes; pero no porque tengáis un derecho natural para poner al margen a la mujer".

#ClaraCampoamor

O discurso integro eiquí: Discurso Clara Campoamor

Continúa a prohibición de facer lume por mor da seca e a calor

A Xunta lémbranos que se mantén ata novo aviso a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais, tendo en conta as condicións meteorolóxicas actuais e as previsións para os vindeiros días.

O concello non acomete traballos preventivos xa solicitados dende marzo

Tras queixas dos veciños, en Marzo, MOVENEDA meteu por rexistro no Concello unha solicitude para a limpeza das arquetas e alcantarillas da rúa Rio Belelle e as paralelas. En setembro nos atopamos que o estado das mesmas segue igual.

Interpelado no pleno do lunes pasado o Concelleiro de Obras e Servizos o Sr. García Cordero nos contesta o seguinte:

- "Se estan limpiando. [ ] En Rio Belelle no hay ninguna que no funcione. [ ] Se fueron mirar. [ ] No hay ninguna que esté como la fotografía."

Podedes ver e escoitar a pregunta de Carlos Caaveiro, concelleiro de Moveneda e a resposta no video (Minuto 36:45)

É certo que a cuadrilla de operarios do Concello estan a facer moi boas e intensivas labouras de reparacións e mantementos. Pero neste caso pensamos que o concelleiro Cordero equivocouse ou estaba mal informado.

Coma podedes comprobar nas fotos, o estado da alcantarilla O MESMO LUNS do Pleno non corresponde có afirmado por parte do Goberno Tripartito. Para que non haxa dúbidas, ontes voltamos a sacar a foto cunha irrefutable proba da fecha na que foi sacada. O estado é identico dende Marzo. E isto acontece tamén en outras rúas do concello, coma a Avenida de Alxeciras (3 ultimas fotos), onde tamén atopamos alcantarillas tupidas sen limpar.

O que pedimos dende MOVENEDA e:

  • PLANIFICACION deste tipo de traballos periódicos: desbroces, limpezas e mantementos preventivos.
  • VERIFICACION de que estes traballos se fan correctamente e nun tempo axeitado, especialmente cando son contratos con empresas de servizos.

Biblioteca Municipal de Neda estrea páxina en Facebook

A Biblioteca Municipal de Neda estrea páxina en Facebook. Se lle damos ó Me Gusta, poderemos coñecer as novidades que van chegando ás estanterias e as actividades que programan.

https://www.facebook.com/bibliotecaneda/

Maquinaria de limpeza de rúas, por onde anda?

VECIÑOS e VECIÑAS!
Precisamos de axuda.
No Pleno de hoxe, e coma resposta a unha pregunta de Moveneda, o Concello afirma que a máquina da foto limpa habitualmente as nosas rúas.

Alguen a viu funcionar? Por onde?
Difundide e compartide, a ver se algún a da atopado.
Grazas pola vosa colaboración.

Solicitude indemnizacion pola couza guatemalteca

ATENCION, IMPORTANTE!
Aínda estádes a tempo de solicitar as indemnizacións pola destrucción de pataca afectada pola couza guatemalteca.
O prazo remata o vindeiro luns.
Pra máis información visitade a páxina web da Xunta.

Folleto informativo: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170426/AnuncioG0426-200417-0001_gl.pdf

Informacion da Comision de Area de Servizos Sociais, Igualdade e Terceira Idade de setembro

Celebrouse o pasado 7 de setembro esta comision informativa presidida pola concelleira Pena Barcia.
- O primeiro informe que presentou ia referido a apertura da Escola Infantil, cun detallado dos gastos de mobiliario e dotacións, que foron asumidos polo Concello xa que o convenio coa Xunta de Galicia ainda non foi asinado.
- Neste momento hai 14 nenos matriculados, dos cales 3 obtiveron subvención e outros 2 estan a ser avaliados, con posibilidades de que se lles conceda.
- Informouse da limpeza do centro, asignado temporalmente a un traballador autonomo de Neda por duas horas diarias.

Ler máis...

O Concelleiro Juan Carlos Pita asiste este vindeiro xoves a Comision de Area de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade

O Concelleiro Juan Carlos Pita asiste este vindeiro xoves as 13:00 horas, na Casa do Concello, á reunion da Comision De Area de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade. Lembrade que se tedes calquera consulta ou queixa pra trasladar a concelleira Pena, podedes remitirnola por correo (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou ben chamandonos ou por WhatsApp no numero de Moveneda .

Novidades sobor das reclamación polo corte de servizo

O pasado día 29 de maio MOVENEDA, acompañados dos representantes de Acouga Consumidores E Usuarios (ACOUGA), levou a cabo, na Casa das Palmeiras, unha reunión de afectados polo corte de servizo teléfonico sufrido en varias zonas do Concello de Neda. Nesa xuntanza nos explicaron, ós máis de 60 veciños e veciñas alí presentes, o proceso para reclamar ante o Instituto Galego de Consumo as compensacións e indemnizacións por esta inadmisible e intolerable interrupción do servizo por un período, nunha gran parte dos casos, duns 15 días.

#ACOUGA, pola súa banda, vai presentar unha denuncia ante a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia en contra da compañía telefónica á que acompañan as reclamacións individuais que, a día de hoxe, son xa máis de 100.

Nos vindeiros días procederemos a devolver a todos os veciños e veciñas a copia da súa reclamación que nos fixeron chegar; xunto con esta entregaremos unha folla explicativa de cómo vai a continuar o proceso de reclamación e os pasos a seguir. Así mesmo valoraremos a necesidade de convocar unha nova xuntanza coa presencia dos membros de ACOUGA.

A FEMP lanza as mesnas propostas contra a despoboacion que o Goberno Triupartito de Neda lle rexeitou a MOVENDA

O xornal La Voz de Galicia faise eco da alerta que a Federacion Española de Municipios lanza ante a despoboacion. O artigo da Voz, recolle algunhas das propostas e ideas, tales como a mellora da conexión a Internet no rural e os plans de rehabilitación de vivendas, da FEMP que Moveneda xa propuxo na moción presentada no pleno de Marzo e que foron rexeitadas polo goberno Tripartito do Concello de Neda, na súa estratexia do non polo non e sen presentar alternativas de calado.

Los alcaldes alertan de la inviabilidad de muchos municipios por su despoblación

Presentan, ante «el problema de Estado» de la demografía, 79 ideas para frenarlo
Decenas de ayuntamientos de toda España corren el peligro de desaparecer y muchos otros de quedarse sin estratos generacionales suficientes para mantener su estructura económica y social. Alcaldes de toda España, a través de la Federación de Municipios y Provincias (FEMP), acaban de lanzar un grito de alerta ante la crisis demográfica, que advierten ya «es un problema de Estado» que llevará a la «inviabilidad a buena parte de los municipios rurales a corto y medio plazo».

Establecer objetivos demográficos evaluables cada año tiene que ser una práctica presente en todas las Administraciones, a juicio de los alcaldes, que requieren que las diputaciones pasen a ser garantes de la prestación de servicios en las zonas con menos capacidad. Al igual que la Xunta reclama otro modelo de financiación autonómica que tenga en cuenta el envejecimiento de la población y el encarecimiento de los servicios que conlleva ese escenario, los ayuntamientos piden que el Estado no solo reparta sus fondos según el volumen de habitantes de cada localidad, sino que emplee criterios especiales de financiación a los que pierdan habitantes para que puedan pagar los servicios públicos a los residentes.

Dar incentivos económicos y de carrera a los funcionarios que fijen su residencia en zonas rurales; bonificaciones y deducciones especiales en impuestos y cotizaciones a los que creen empleo en enclaves de menos de 5.000 habitantes, o en el IRPF a sus nuevos pobladores; incrementar los incentivos para favorecer el relevo generacional en las explotaciones agropecuarias, o establecer apoyos al turismo rural son algunas de las medidas planteadas en el ámbito económico.

Garantizar el acceso a la educación a los menores de 3 años; planes de acogida a los inmigrantes; descentralizar recursos asistenciales públicos; reducir la brecha digital llevando la alta velocidad de datos a los pueblos o revisar los modelos de transporte público son cuestiones básicas y que fijan población, así como captar viviendas vacías o abordar planes de rehabilitación. Ayudas a la natalidad o bonificaciones especiales por hijos para familias en el rural completan el menú planteado por la FEMP contra la crisis demográfica.

As políticas de austericidio do PP empezan a dar os seus froitos

As políticas de "austericidio" que esta a impoñer o Partido Popular empezan a dar os seus froitos. Segundo o Ministerio de Sanidade, España rexistra o número de camas máis baixo da súa historia e conta con tres hospitais públicos menos. Temos menos hospitais, mais non menos xente!

A asamblea de veciños afectados, na Casa das palmeiras

Onte na Casa Das Palmeira reunímonos máis de 60 veciños afectados polo corte de servizo de Movistar en zonas do Concello de Neda. Os representantes de Acouga Consumidores E Usuarios explicaron o proceso pra reclamar e solicitar imdemnizacións.

- Primeiro débese cubrir un formulario de reclamación ante o Instituto Galego de Consumo. Este pode solicitarse a Moveneda, no telefono 634 521 622.
- Unha vez cumprimentado debe meterse por rexistro no Concello indicando que e un trámite para a Xunta.
- No rexistro deben selar unha copia que podedes achegarnola, ben en man, ben no buzón de #Moveneda na Casa do Concello, na planta baixa ó lado da Policia Municipal.
- Con esta copia, que remitiremos a #Acouga vaise iniciar un proceso de denuncia ante a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia conformada coas reclamacións individuais d@s afectad@s.

Todos estes trámites son gratuítos.

Calquera dubida ou pregunta, podedes contactar con MOVENEDA no telefono 634 521 622.

Os desbroces outra vez tarde, mal e a rastro

O 5 de Maio a Voz de Galicia publicou unha nota de prensa onde Moveneda denunciaba o retraso, por terceiro ano consecutivo, das tarefas de desbroce e limpeza de camiños no Concello de Neda.
O goberno tripartito saíu apresuradamente o día seguinte nos medios anunciando a licitación destes traballos pra Xuño e Xullo. Isto so pode reafirmar a nosa denuncia: os desbroces faranse outra vez tarde, en pleno mes de seca e con alto risco de incendio.
A ver se pra 2018!

A Xunta bota as culpas da súa incopetencia ós concellos

O #Prestige foi culpa do capitán. O accidente do #Alvia, do maquinista e o accidente do #Yak42, dos pilotos rusos. Agora a Conselleria do Medio Rural bota a culpa ós concellos das desfeitas e descoordinación que eles mesmos xeneran coa recollida da pataca. A Xunta de Galicia, #Feijoo e os Populares sempre atopan outros culpables pra explicar o que simplemente está causado pola súa pura incompetencia.

Novo asasinato machista

Ante un novo asasinato machista chamamos a saír ás rúas do noso país. O pasado domingo un maltratador asasinaba ao seu fillo de 11 anos para danar á nai, tras denuncias, ordes de afastamento e peticións de amparo á xustiza que outra vez fixo oídos xordos. O resultado: unha vítima máis do machismo. Estamos máis que fartas da violencia e de quen a ampara por acción ou omisión. Con especial gravidade a omisión do Estado que continúa a non poñer todas as medidas e medios necesarios para cortar esta lacra.
BASTA XA!

A concentración en Ferrolterra será diante do Concello de Ferrol.

#QuerémonosVivas
#FeminismoparaVivir
#NenUnhaMenos

Retirada das patacas pola Couza

O Concello de Neda ven de avisar dos lugares e horas reparto dos sacos especiais onde deben depositarse as patacas pra a súa retirada. Unha vez máis dende Moveneda debemos denunciar a falla de información, coordinación e previsión por parte da Xunta de Galicia en todo este proceso, posto que hai xente que ainda non ten claro que facer ou non recibiron comunicación algunha, máis aló destes carteis.

#CouzaDaPataca
#Couza

Curso de Redes Sociales para negocios en Neda

Para ayudar a los negocios de Neda a ampliar su alcance en las redes-sociales MOVENEDA quiere impartir una pequeña sesión de formación, totalmente gratuita, en la que daremos pautas para:
- Conseguir que más gente vea las publicaciones de Facebook de los negocios de NEDA.
- Aprender a configurar la privacidad de los datos en el perfil de Facebook.
- Mejorar la imagen del negocio en las redes-sociales.

En definitiva, mejorar la imagen de NEDA en Internet y con ello tratar de mejorar la economía de todos. Estan todos los negocios invitados.
Para ello quisieramos que nos enviarais la respuesta a dos simples preguntas:
- Estais interesados?
- Día de la semana y horario preferido?
La formación será impartida por nosotros, los vecinos.

Esperamos vuestra pronta respuesta.

O Partido Popular volvese anarquista e expropiara casas

O Grupo Municipal Populares NEDA lleva uns días enchendo o seu Facebook con multiples ocorrencias nunha ofensiva publicitaria tan intensa como escasas son as súas propostas pra Neda.
Pero hoxe resulta particularmente cómico que os tradicionais valedores da "propiedade privada" adianten pola esquerda a anarquistas e comunistas e propoñan a expropiación de vivendas abandoadas.
O que debería facer o Partido Popular de Galicia e pagarlle dereitos de autor ó BNG e a Anxo Quintana, que xa en 2008 fixera esta mesma proposta.
O curioso é que daquela o PP saíu en tromba a criticala.

A coherencia e PartidoPopular son termos antagónicos.

Subcategorías

  • Concelleiros

    Información da actividade dos nosos concelleiros: plenos, comisións informativas de área, reunións e asembleas. Mocions e escritos presentados e o seu seguimento.

    • Leticia Iglesias

      Blog da actividade política da concelleira Leticia Iglesias: iniciativas, actos, documentos, actas de reunións e asembleas, opinións, axenda persoal, contacto...

    • Juan Carlos Pita

      Blog da actividade política do concelleiro Juan Carlos Pita: iniciativas, actos, documentos, actas de reunións e asembleas, opinións, axenda persoal, contacto...

  • Areas de traballo de MOVENEDA

    Areas de traballo nas que MOVENEDA dividiu a sua accion de traballo: propostas, mocions, iniciativas veciñais...

    A nosa division das competencias, tarefas e áreas non coincide coa feita pola actual corporacion. Coa nosa division tratamos de agrupar asuntos comuns e mellorar e facilirar o traballo de oposicion e de xeracion de propostas.

    • Urbanismo, Obras e Servizos

      En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

      MOVENEDA atopa mais razoable unificar na Concelleria de Urbanismo tamen as competencias de Obras e Servizos.

      Que competencias ten a Concellería de Urbanismo?

      Correspondelle a dirección, inspección e control de toda a actividade de xestión e execución pra garantir que toda actuación se fai conforme á ordeación do territorio e urbanística. Ten tamén as seguintes funcións: tramitación de licencias de obra, de primera ocupación, renovación, segregación, etc..., certificados urbanísticos, calificacions territoriais, certificados de Escritura Pública (parcelas de subasta), certificados de alineacions e rasantes, disciplina urbanística, alegacions e recursos, denuncias de particulares, proxectos de obras municipais, xestión desubvencions.. etc.

      Que competencias ten a Concellería de Obras e servizos?

      Entre as súas tarefas están a totalidade de actuaciones e mantenimentos do concello: edificios municipales, colexios públicos, escolas infantís e rurais, parques e xardíns. Tamén é a encarregada do control da infraestructura urbana e vial; das redes de suministro electrico, auga, gas e saneamento así coma da recollida do lixo.

    • Economia, facenda, comercio, industria e emprego

      En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia. 

      ¿Por que propoñemos unir Economía e Facenda con Industria e Emprego?

      En MOVENEDA coidamos que son eidos comúns e que o xeito óptimo pra levar a cabo politicas coordinadas e integrais pasa por ter as competencias unificadas. Por elo, pensamos que mellor tería sido unir todas as competencias económicas nunha soa Concellería de Economía, Facenda, Industria e Emprego

      Que competencias ten a Concellería de Industria e Emprego?

      Esta concellería ten o cometido o facilita-la inserción laboral dos veciños en situación de desemprego, especialmente aqueles colectivos con maior indice de paro coma mozos, mulleres, maiores de 45 años, persoas con discapacidade ou parados de longa duración. Os veciños de Neda deberían poder desenrolar actividades profesionais no seu propio concello, en igualdade de oportunidades, o que repercutirá no progreso socioeconómico de Neda.

      ¿Que competencias ten a Concellería de Economia e Facenda?

      A Concellería de Economía, Facenda ocúpase dos Presupostos e as Contas, de dictaminar sobor de asuntos e a administración dos ben municipais; a percepción da renta; a recadación dos impostos e a aplicación do xeito mais util pra os veciños dos fondos municipais. O responsable de goberno municipal e os concelleiros da oposición adscritos á Comision Delegara de Area, interveñen no estudo e dictame na sanción do Cálculo de Recursos e Presupuesto de Gastos (presupostos municipais) segundo o referido no artigo 34 do Decreto – Ley N° 6769/58. Dictaminan tamén no exame das contas do concello (Art. 65 Decreto Ley N° 6769/58) e intervendrán co seu asesoramento na contratación de prestamos (Art 46 do Decreto – Ley N° 6769/58).

    • Servizos sociais, solidariedade e dependencia

      Novamente atopámonos cunha concelleria con disparidade de funcions e responsabilidades, xa que estas semellan  ter sido repartidas en función das cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

      En MOVENEDA coidamos que as funcións idóneas deste área debera ser Servizos sociais, solidariedade e dependencia.

      ¿Que funcions ten a Concelleria de Sanidade?

      No plano sanitario, debe ter coma propósito a mellora-la saude e calidade de vida dos veciños do concello; impulsando a prevención e a promoción da saude, cunha fime aposta polas políticas sanitarias públicas, universais e de calidade. Asimesmo debe promover a responsabilidade personal e social e a participación individual e colectiva da población na súa propia saúde e na xestion participativa dos servizos e recursos.

      Os concellos apenas teñen competencias en materia de Sanidade, polo que a laboura principal da concelleria é a promoción da Salúde a partires da prevención de actitudes e comportamentos de risco, planificando accions formativas e de concienciación cidadá cara os hábitos saludables.

      No plano dos Servizos Sociais consideramos que compre impulsar politicas que melloren a calidade de vida dos veciños, facendoos participes ante os problemas e necesidades dos outros.

      Son necesarios planos integrais enfocados cara a aqueles sectores da poboación con problemáticas específicas: Plano de Información y Orientación laboral, Plano de Participación Social e Plano de Atención a familias en risco de pobreza. Dende os Servizos Sociais debense xestionan tamén as solicitudes de prestacións, coma a Axuda a Domicilio, Teleasistencia, a Renta Mínima de Inserción ou Residencias e Centros de Día pra os maiones.

    • Educación, cultura, patrimonio, turismo, mocidade e deportes

      A laboura desta Concelleria debería ser a potenciación do desenrolo cultural do concello ofertando propostas culturais a todos os veciños, activando a participación a través de todos os canais institucionais; colaborar con todas as asociacions e grupos culturais do concello; apoiar as iniciativas e propostas dos distintos colectivos culturais do concello. Impulsa-las las bibliotecas e pontos de lectura do concello, crear e fortalecer Escolas Municipais; extender e difundir o valor cultural e turistico do concello, fornecer de actividades atractivas pra os mozos e difundir todas as actividades culturais e sociais organizadas dende esta Concellería.

      Búscase facer dos centros escolares auténticos espazos de encontro e participación educativa complementarios da actividade lectiva, con programas educativos, culturais, deportivos e sociais, deseñados e programados pola cidadanía e a comunidade educativa. Promóvese a participación do profesorado, dos pais e as nais, do alumnado, do persoal non docente e a propia administración municipal nos consellos escolares, achegando os centros ao concello e viceversa e velando polo cumprimento dos dereitos de todos os sectores da comunidade educativa. representados e activos no Consello escolar municipal.

      Desenvolve as súas actividades exercendo as distintas competencias que a lexislación estatal e autonómica lle asignan aos concellos no eido da educación, entre os que se atopan: o mantemento, conservación e reparación dos edificios e equipamentos escolares públicos de educación infantil e primaria, o que supón facerse cargo dos consumos de auga, teléfono, calefacción e electricidade; limpeza diaria e saneamento; conserxería e vixilancia dos centros e labores de reparación e melloras nas instalacións (carpintería, albanelería, electricidade, etc.).

      A Concellería tamén se implica de forma efectiva na conciliación da vida laboral e familiar mediante o desenvolvemento de programas de actividades complementarias fóra de horario lectivo, e promove actividades extraescolares fóra de horario lectivo, durante os fins de semana e en períodos vacacionais, co obxecto de facilitar esta conciliación.

    • AAVV, entidades, participación e transparencia

      En MOVENEDA coidamos que é absolutamente necesaria unha concellería adicada a incrementa-la participacion dos veciños na vida politica do concello, que fomente a transparencia e o traslado fluido e constante de informacion dende a Casa do Concello cara ós veciños e viceversa. Nesa laboura de implicar ós veciños e fomentar a participación, son absolutamente indispensables as Asociacions de Veciños e outras entidades que traballan no concello.

      Asimesmo esta Concellería debe ter competencia pra a xestion e promocion de todas as entidades sociais que traballen no concello, asi coma a xestion dos espazos, fondos e dotacions necesarias pra levar a cabo actividades de dinamicen a vida social do concello.

    • Coordinación e propostas

      Información sobor da laboura de obtención e analisis de información, recollida e debate de propostas, liña política, calendario de actos, coordinacion de traballos, comunicación e propaganda.

Está eiquí: Home Grupo Municipal