Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Grupo municipal

Municipais2019 - Juan Carlos Pita, candidato á alcaldía

Para gobernar mirando polo interese de todos, e non o duns poucos, #VotaMoveneda
#JuanCarlosPita, candidato á alcaldía.

MOVENEDA OFRECE UN GOBERNO CON CONCIENCIA ECOLÓXICA.

Os traballos de limpeza do río #Basteiro volven a facerse cunha carencia total de criterio e conciencia ecolóxica.

Se realizaron labouras de eliminación da vexetación no curso baixo do Basteiro xusto cando nos atopamos en plena tempada reproductora de diferentes especies de aves acuáticas.

Similar desfeita xa aconteceu o ano pasado no entorno do paseo marítimo. Os responsables destas actuacións parecen empecinados en escoller precisamente o momento mais delicado para moita da fauna existente, posto que a vexetación nestes humidais xoga un papel imprescindible como refuxo e zona de aniñamento.

Necesitamos un goberno con conciencia ecolóxica que non permita que se arrase a fauna do Basteiro.

Un goberno de #MOVENEDA terá plena conciencia ecoloxica e non permitirá este tipo de actuacións salvaxes. Pensamos que un dos meirandes valores do Concello de Neda é a súa natureza e debe ser respetada, protexida e promocionada como se merece.

Con Moveneda, #AsCousasDoutroXeito

Día do Libro

Os libros fante viaxar, imaxinar, compartir ideas, ter amigos e ser millor persoa. Non precisan bateria nin wifi, están sempre ahí, agardando por ti. Lembra que todo está nos libros; que o regalo seguro sempre é un libro, xa nin falar se é en galego.
#DiaDoLibro

Seguimos sen dar eliminado as barreiras arquitectónicas

Un claro exemplo dos atrancos que podemos atopar polas aceras do Concello. Neste caso é na zona de Xuvia e varios veciños nos alertaron do seu estado, ademais de ser un perigo polo desnivel, a arqueta que recolle a auga está atascada e convirte a rampa nunha pista deslizante.

MOVENEDA xa presentara unha proposta para incluir nos orzamentos de 2017 unha partida de 40.000€ para a eliminación de barreiras arquitectónicas. Se aprobou, pero finalmente o grupo de goberno cambiou para o reasfaltado das rúas do casco urbano de Neda.

Se prometeu que se iría facendo unha eliminación progresiva destas barreiras, pero que na práctica quedou nunhas insuficientes 2 ou 3 actuacións.

Ábrese o prazo para solicitar axudas para libros de texto e transporte universitario

Ter fillos escolarizados nalgún centro público de Neda, cunha renda per cápita mensual inferior aos 400 euros e levar empadroado no municipio polo menos seis meses son os principais requisitos para que as familias locais poidan acceder ás axudas convocadas polo Concello para a adquisición de libros de texto e material didáctico.

Ler máis...

Arranca a campaña En negro contra as violencias,

Neste mes de outubro empezamos a campaña En negro contra as violencias, lembrando o manifesto dos concellos o pasado ano.

#ContraAsViolencias
#GaliciaEnNegro

3 de Nadal, Dia Internacional da Discapacidade

Neste 3 de decembro, celebramos o #DiaInternacionalDiscapacidade, pola necesidade dunha sociedade accesible e incluínte, que permita ás persoas con discapacidade unha vida independente e activa. Derrubemolas as barreiras que impiden a súa plena integración.

A sanidade de Feijoo: 11 meses pra unha consulta de urxencia no Sergas

Esta é a sanidade pública de Feijoo e o Partido Popular en Vigo, 11 meses de demora e a consulta foi pedida coma preferente. O Partido Popular aplica politicas que custan vidas. Son sociopatas, son criminais.

#PorUnhaSanidadePublica
#PorUnhaSanidadeDeCalidade

Reunion de traballo en Mugardos cos deputados Anton Sanchez e Manuel Lago

Este venres asistimos a unha reunión en Mugardos cos parlamentarios de En Marea Manuel Lago e Anton Sanchez e os compañeiros de Iniciativa Cidadá de Mugardos. O obxetivo da mesma era avaliar e concretar propostas tamén dende Neda para incluir nos vindeiros presupostos da Xunta de Galicia.

Presentación da campaña #NedaEnNegro contra as violencias machistas

Como xa fixemos o ano pasado, chamamos a toda a veciñanza a unirse e participar nos actos e reivindicacions da campaña En negro contra as violencias que se van celebrar durante os vindeiros 15 días ate o 25 de novembro. Coma novidade salientable, cabe destacar que este ano o Concello de Neda tamén se une institucionalmente a esta campaña.

Se desexades participar, estade atentos porque iremos publicando as datas e horas dos diferentes actos a celebrar durante estes quince dias.

Por que #EnNegroContraAsViolencias ?

Esta campaña ten obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres. Naceu no 2015, cando o Concello de Santiago de Compostela puxo a andar a campaña de sensibilización #CompostelaEnNegro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.

A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Partindo desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, no 2016, dezaseis concellos e moitas entidades e plataformas máis uníronse para desenvolveren conxuntamente a campaña de sensibilización #EnNegro, contra as violencias, formaron parte da acción: Concello de a Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Ferrol Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Santiago de Compostela, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas.

Este ano xa somos máis de sesenta os concellos e infinidade de negocios, entidades e particulares que van situar na axenda política, con contundencia e para sempre, a loita contra as violencias machistas.

Á marxe da repercusión e impacto que poida ter esta campaña, consideramos xa de antemán como un gran éxito compartido o feito de que, por primeira vez, concellos e entidades tan diversas, de diferentes cores políticas, esteamos a traballar en rede contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia.

Poido participar individualmente?

Si, calquera pode participar na acción. Podes participar de diferentes formas: como portavoz; cubrindo de negro o teu lugar de traballo ou vivenda cara o exterior, con bandeiras ou calquera prenda de roupa negra; subindo ás redes sociais fotografías de accións que vexas pola rúa poñendo o cancelo #GaliciaEnNegro.

Xa son 43 as mulleres asasinadas este ano

Coa moza de 28 anos asasinada onte en Arona, Tenerife, xa son 43 as mulleres asasinadas este ano víctimas da violencia machista.

E o contador continuará a crecer porque os que gobernan non queren tomar medidas axeitadas e eficaces. Limítanse a poñer lacitos no Facebook e caras de compunxidos nas portas das institucións.
#MedidasXa
#QuerémonosVivas
#NinUnhaMenos

Por unha Sanidade Pública de calidade e para todos: non os recortes do Partido Popular

Por unha Sanidade Pública de calidade e para todos, é preciso mobilizarnos para impedir que caia en mans privadas. A Xunta de Galicia e o Partido Popular con Feijoo a cabeza buscan facer negocio á conta da nosa saúde. A precarización dos servizos sanitarios, cada vez máis acusada, é unha táctica para xustificar a súa privatización.

O sábado 18 de novembro ás 17hrs na Estación de tren de Compostela.

#NonADestruciónDaSanidadePúblicaGalega

Moveneda apoia a folga das traballadoras de Bershka: por un salarios dignos

As traballadoras de Bershka (Inditex) levan xa case unha semana en folga indefinida esixindo melloras laborais e salariais. Esta é a mensaxe dunha destas traballadores:

“Bos días! Son unha traballadora da empresa Bershka (inditex) da provincia de Pontevedra, levamos xa 3 días de folga indefinida pedindo que nos equiparen as condicións salariais e sociais as que teñen as nosas compañeiras da provincia da Coruña, que cobran mais e teñen mellores condicions sociais ca nos, a prensa non nos saca en ningún periódico..... de amancio so se fala das donacións.... e non se conta que o home máis rico do mundo ten as traballadoras das tendas en malas condicions... Pídovos difusión! Moitas grazas”

E agora, dúas fotos que xuntas se entenden moito millor.

Moveneda nomea ós seus expertos para a Comisión Municipal de Memoria Histórica do Concello de Neda.

Moveneda ven de confirmar o nomeamento dos nosos expertos para a Comisión Municipal de Memoria Histórica do Concello de Neda.
Como primeiro titular propuxemos a Eliseo Fernandez, historiador e presidente do Ateneo Ferrolán. A suplente será María Teresa Pérez Grueiro, veciña de Neda e membro da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

Pola nosa parte só resta agardar a vindeira convocatoria da Comisión que quedou prevista para antes do Nadal, e que de ahí bote por fin a traballar.

Xunta: axudas para a reparación dos danos ocasionados pola vaga de lumes

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se activan as axudas para a reparación dos danos ocasionados pola vaga de lumes.

Dado que o Concello de Neda foi un dos afectados, recomendamos a todos os veciños que se consideren afectados ou damnificados que chamen á liña aberta específica e gratuíta, que estará operativa todos os días da semana, sábados e domingos incluídos, das 8.00 ás 22.00 horas.

No telefono 900 81 54 00 se ofrecerá atención especializada e asesorámento na preparación da documentación necesaria para presentar as solicitudes das diferentes liñas de axudas.

E en liña coa Xunta, o Instituto Galego de Consumo pon tamén á disposición dos veciños do Concello de Neda afectados pola vaga de lumes, un teléfono de atención gratuíto 900 231123, ou calquera das súas oficinas, para informarse do millor xeito de reclamar á súa aseguradora os danos ocasionados polo lume.

Campaña informativa do Concello: axudas ós veciños

O Concello de Neda abre estes días unha moi necesaria campaña informativa para que os veciños nos enteremos das moitas axudas ás que temos acceso, coma neste caso as Axudas á Conciliación por Maternidade e Paternidade para autónomos, pero hai máis.
Acudide ó Concello e informádevos!

Estado da NON limpeza na zona da ribeira na Ostreira-Puntal.

Publicamos hoxe este vídeo para que poidades comprobar o estado no que se atopa a zona da ribeira comprendida entre a vía do tren e o Pazo da Merced.

No mes de maio, e xunto coa Asociacion de Buceo Medioambiental los Delfines, solicitamos a colaboración do Concello para organizar con voluntariado unha xornada de limpeza na ribeira. Pedíamoslle que aportara os materiais necesarios para a súa realización.
Negousenos esa colaboración alegando que se ía a proceder á limpeza mediante a subvención que a Deputación Provincial da Coruña establece para limpeza de praias nos meses do verán. Estes traballos, adxudicados por uns 6.500€ aprox, consistirían na limpeza inicial das zonas da Ostreira, Cascal e Puntal, e logo a limpeza periódica da aréa da praia do Puntal.
No pleno do mes de setembro, celebrado o día 25/9/2017, e despois de inspeccionar a zona, os veciños de Moveneda sacamos o tema para incidir en que o único do que tiñamos constancia que se fixera, fora o desbroce dunha franxa duns 2 metros de alto e 250-300 m de longo na praia do Puntal, así como a limpeza das beiras da pista que baixa ao peirao. Preguntamos se xa remataran os traballos e quenes eran os responsables do control dos mesmos. A este punto o Alcalde nos contestou que xa se fixeran traballos de limpeza e que ademáis a tempada de verán aínda non rematara e se estaba en prazo de facela.

Pois ben, pasado máis dun mes do remate do verán, con este vídeo queremos denunciar que non se cumpríu o contrato. Isto é un feito constatable, e á vista está o estado no que segue atopándose a zona. Podedes comparalo coas fotos previas (publicadas no seguinte post https://www.facebook.com/moveneda/posts/1777395242557824 ) feitas no mes de maio deste ano e outras máis do mes de setembro, e decidir por vós mesm@s, se considerades axeitados os traballos de limpeza realizados.

Aclaración sobre o contrato de limpeza da ribeira de Neda

Ante algunha información que di que cando solicitamos a colaboración do Concello de Neda para a xornada de limpeza xa estaban contratados os traballos, agora publicamos as referencias que aparecen en actas de Xunta de Goberno que desmostran que a solicitude foi feita case 2 meses antes da contratación dos mesmos.

  • 24/04/2017: Acta da Xunta de Goberno na que se comunica que a Deputación aprobou provisionalmente a concesión dunha axuda de 6.768 € (enviada aos concelleiros de Moveneda o 05/05/2017)
  • 24/05/2017: A Asociación Medioambiental Delfines xunto a Moveneda, presenta no Concello a proposta para facer a limpeza da ribeira, solicitando a colaboración do Concello.
  • 29/05/2017: Acta da Xunta de Goberno na que se comunica a aprobación definitiva da Deputación, da concesión da subvención. Se acorda denegar a colaboración solicitada por Moveneda e AM Delfines, e se acorda iniciar o expediente de contratación do servizo de limpeza e di textualmente:

Dáse conta que consonte á memoria que serviu de base a solicitude desta axuda a actividade a desenvolver comprende a realización das seguintes actuacións nas praias da Ostreira, Cascal e Puntal, durante 3 meses, coincidindo co verán deste ano, unha primeira retirada de obxectos depositados pola marea durante as anteriores estacións, para posteriormente acometer as tarefas de acondicionamento e limpeza diaria dos areais...

(enviada aos concelleiros de Moveneda o 09/06/2017)

  • 16/06/2017: Acta da Xunta de Goberno na que se adxudica o contrato por 6.655 €.

En resumo:

  1. Moveneda e a Asociación Medioambiental Delfines, solicitamos a colaboración do concello para facer a limpeza o 24/04/2017, é dicir, case 2 meses antes de que se adxudicaran os traballos (16/06/2017).
  2. Por qué nos queixamos desde Moveneda?. Polo incumprimento do contrato adxudicado. De feito, do único que temos constancia é do desbroce da franxa de 250-300 m no areal do Puntal e, probablemente, o desbroce das baixadas ao peirao desde a vía do tren.
    Sen embargo, nin se removeu a herba que nace no areal do Puntal, nin se limparon os obxectos depositados dende hai meses, tal e como atestiguan as fotos que temos de antes do 24/04/2017 e despois en outubro de 2017.

Temos constancia de que, a pesar de non ter feito os traballos según o disposto no contrato, fixéronse 3 pagos por importes cada un de 2.218,32€ en xullo, agosto e setembro (total 6.654,96 €).

Conclusión:
Non se fixo por parte do concello un seguimento e control dos traballos contratados, polo que consideramos que non se deberon de pagar a totalidade dos 6.655 €, senón tan solo á parte correspondente aos traballos realmente realizados.

Subcategorías

  • Concelleiros

    Información da actividade dos nosos concelleiros: plenos, comisións informativas de área, reunións e asembleas. Mocions e escritos presentados e o seu seguimento.

    • Leticia Iglesias

      Blog da actividade política da concelleira Leticia Iglesias: iniciativas, actos, documentos, actas de reunións e asembleas, opinións, axenda persoal, contacto...

    • Juan Carlos Pita

      Blog da actividade política do concelleiro Juan Carlos Pita: iniciativas, actos, documentos, actas de reunións e asembleas, opinións, axenda persoal, contacto...

  • Areas de traballo de MOVENEDA

    Areas de traballo nas que MOVENEDA dividiu a sua accion de traballo: propostas, mocions, iniciativas veciñais...

    A nosa division das competencias, tarefas e áreas non coincide coa feita pola actual corporacion. Coa nosa division tratamos de agrupar asuntos comuns e mellorar e facilirar o traballo de oposicion e de xeracion de propostas.

    • Urbanismo, Obras e Servizos

      En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

      MOVENEDA atopa mais razoable unificar na Concelleria de Urbanismo tamen as competencias de Obras e Servizos.

      Que competencias ten a Concellería de Urbanismo?

      Correspondelle a dirección, inspección e control de toda a actividade de xestión e execución pra garantir que toda actuación se fai conforme á ordeación do territorio e urbanística. Ten tamén as seguintes funcións: tramitación de licencias de obra, de primera ocupación, renovación, segregación, etc..., certificados urbanísticos, calificacions territoriais, certificados de Escritura Pública (parcelas de subasta), certificados de alineacions e rasantes, disciplina urbanística, alegacions e recursos, denuncias de particulares, proxectos de obras municipais, xestión desubvencions.. etc.

      Que competencias ten a Concellería de Obras e servizos?

      Entre as súas tarefas están a totalidade de actuaciones e mantenimentos do concello: edificios municipales, colexios públicos, escolas infantís e rurais, parques e xardíns. Tamén é a encarregada do control da infraestructura urbana e vial; das redes de suministro electrico, auga, gas e saneamento así coma da recollida do lixo.

    • Economia, facenda, comercio, industria e emprego

      En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia. 

      ¿Por que propoñemos unir Economía e Facenda con Industria e Emprego?

      En MOVENEDA coidamos que son eidos comúns e que o xeito óptimo pra levar a cabo politicas coordinadas e integrais pasa por ter as competencias unificadas. Por elo, pensamos que mellor tería sido unir todas as competencias económicas nunha soa Concellería de Economía, Facenda, Industria e Emprego

      Que competencias ten a Concellería de Industria e Emprego?

      Esta concellería ten o cometido o facilita-la inserción laboral dos veciños en situación de desemprego, especialmente aqueles colectivos con maior indice de paro coma mozos, mulleres, maiores de 45 años, persoas con discapacidade ou parados de longa duración. Os veciños de Neda deberían poder desenrolar actividades profesionais no seu propio concello, en igualdade de oportunidades, o que repercutirá no progreso socioeconómico de Neda.

      ¿Que competencias ten a Concellería de Economia e Facenda?

      A Concellería de Economía, Facenda ocúpase dos Presupostos e as Contas, de dictaminar sobor de asuntos e a administración dos ben municipais; a percepción da renta; a recadación dos impostos e a aplicación do xeito mais util pra os veciños dos fondos municipais. O responsable de goberno municipal e os concelleiros da oposición adscritos á Comision Delegara de Area, interveñen no estudo e dictame na sanción do Cálculo de Recursos e Presupuesto de Gastos (presupostos municipais) segundo o referido no artigo 34 do Decreto – Ley N° 6769/58. Dictaminan tamén no exame das contas do concello (Art. 65 Decreto Ley N° 6769/58) e intervendrán co seu asesoramento na contratación de prestamos (Art 46 do Decreto – Ley N° 6769/58).

    • Servizos sociais, solidariedade e dependencia

      Novamente atopámonos cunha concelleria con disparidade de funcions e responsabilidades, xa que estas semellan  ter sido repartidas en función das cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

      En MOVENEDA coidamos que as funcións idóneas deste área debera ser Servizos sociais, solidariedade e dependencia.

      ¿Que funcions ten a Concelleria de Sanidade?

      No plano sanitario, debe ter coma propósito a mellora-la saude e calidade de vida dos veciños do concello; impulsando a prevención e a promoción da saude, cunha fime aposta polas políticas sanitarias públicas, universais e de calidade. Asimesmo debe promover a responsabilidade personal e social e a participación individual e colectiva da población na súa propia saúde e na xestion participativa dos servizos e recursos.

      Os concellos apenas teñen competencias en materia de Sanidade, polo que a laboura principal da concelleria é a promoción da Salúde a partires da prevención de actitudes e comportamentos de risco, planificando accions formativas e de concienciación cidadá cara os hábitos saludables.

      No plano dos Servizos Sociais consideramos que compre impulsar politicas que melloren a calidade de vida dos veciños, facendoos participes ante os problemas e necesidades dos outros.

      Son necesarios planos integrais enfocados cara a aqueles sectores da poboación con problemáticas específicas: Plano de Información y Orientación laboral, Plano de Participación Social e Plano de Atención a familias en risco de pobreza. Dende os Servizos Sociais debense xestionan tamén as solicitudes de prestacións, coma a Axuda a Domicilio, Teleasistencia, a Renta Mínima de Inserción ou Residencias e Centros de Día pra os maiones.

    • Educación, cultura, patrimonio, turismo, mocidade e deportes

      A laboura desta Concelleria debería ser a potenciación do desenrolo cultural do concello ofertando propostas culturais a todos os veciños, activando a participación a través de todos os canais institucionais; colaborar con todas as asociacions e grupos culturais do concello; apoiar as iniciativas e propostas dos distintos colectivos culturais do concello. Impulsa-las las bibliotecas e pontos de lectura do concello, crear e fortalecer Escolas Municipais; extender e difundir o valor cultural e turistico do concello, fornecer de actividades atractivas pra os mozos e difundir todas as actividades culturais e sociais organizadas dende esta Concellería.

      Búscase facer dos centros escolares auténticos espazos de encontro e participación educativa complementarios da actividade lectiva, con programas educativos, culturais, deportivos e sociais, deseñados e programados pola cidadanía e a comunidade educativa. Promóvese a participación do profesorado, dos pais e as nais, do alumnado, do persoal non docente e a propia administración municipal nos consellos escolares, achegando os centros ao concello e viceversa e velando polo cumprimento dos dereitos de todos os sectores da comunidade educativa. representados e activos no Consello escolar municipal.

      Desenvolve as súas actividades exercendo as distintas competencias que a lexislación estatal e autonómica lle asignan aos concellos no eido da educación, entre os que se atopan: o mantemento, conservación e reparación dos edificios e equipamentos escolares públicos de educación infantil e primaria, o que supón facerse cargo dos consumos de auga, teléfono, calefacción e electricidade; limpeza diaria e saneamento; conserxería e vixilancia dos centros e labores de reparación e melloras nas instalacións (carpintería, albanelería, electricidade, etc.).

      A Concellería tamén se implica de forma efectiva na conciliación da vida laboral e familiar mediante o desenvolvemento de programas de actividades complementarias fóra de horario lectivo, e promove actividades extraescolares fóra de horario lectivo, durante os fins de semana e en períodos vacacionais, co obxecto de facilitar esta conciliación.

    • AAVV, entidades, participación e transparencia

      En MOVENEDA coidamos que é absolutamente necesaria unha concellería adicada a incrementa-la participacion dos veciños na vida politica do concello, que fomente a transparencia e o traslado fluido e constante de informacion dende a Casa do Concello cara ós veciños e viceversa. Nesa laboura de implicar ós veciños e fomentar a participación, son absolutamente indispensables as Asociacions de Veciños e outras entidades que traballan no concello.

      Asimesmo esta Concellería debe ter competencia pra a xestion e promocion de todas as entidades sociais que traballen no concello, asi coma a xestion dos espazos, fondos e dotacions necesarias pra levar a cabo actividades de dinamicen a vida social do concello.

    • Coordinación e propostas

      Información sobor da laboura de obtención e analisis de información, recollida e debate de propostas, liña política, calendario de actos, coordinacion de traballos, comunicación e propaganda.

Está eiquí: Home Grupo Municipal