Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Economia e facenda

Concelleiro: Ana Rosa Pena (PSOE)
Comision informativa de area:
Economia e facenda
Calendario da comision: Ultimo xoves do mes ás 12:00
Asistentes na comision:
Montse Rico (PP), Cristina Bouza (Grupo Mixto)
MOVENEDA - Concelleiro neste Área:
Juan Carlos Pita
MOVENEDA - Responsables de Area: Vicky Rodriguez, Cesar Martinez

¿Que competencias ten a Concellería de Economia e Facenda?

A Concellería de Economía, Facenda ocúpase dos Presupostos e as Contas, de dictaminar sobor de asuntos e a administración dos ben municipais; a percepción da renta; a recadación dos impostos e a aplicación do xeito mais util pra os veciños dos fondos municipais. O responsable de goberno municipal e os concelleiros da oposición adscritos á Comision Delegara de Area, interveñen no estudo e dictame na sanción do Cálculo de Recursos e Presupuesto de Gastos (presupostos municipais) segundo o referido no artigo 34 do Decreto – Ley N° 6769/58. Dictaminan tamén no exame das contas do concello (Art. 65 Decreto Ley N° 6769/58) e intervendrán co seu asesoramento na contratación de prestamos (Art 46 do Decreto – Ley N° 6769/58).

O Concello abre a participacion veciñal a reforma da Ordenanza 17, reguladora da taxa pola utilización das instalacións municipais

Despois case dous anos de lexislatura, dende Moveneda felicitamos ao goberno tripartito por abrir por fin o Concello de Neda á participacion dos veciños, coma nos reclamamos dende primeiro día da lexislatura.

Agardamos que esta vía, pra que os veciños decidanos directamente nos asuntos que nos incumben, se extenda tamén á discusion dos vindeiros #PresupostosMunicipais pra 2017.

Ler máis...

Reunión da Comisión Informativa da Area de Economia e Facenda 2015-10-30

Podedes descargar a Acta/Informe que levantou MOVENEDA da reunion no noso repositorio de documentos, na sección Comisións de Area ou directamente no seguinte enlace: 2015-10-30 Informacion Comisión Economía e Facenda

Hoxe 30 de Uutubro tivo lugar a primeira reunión da Comision Informativa de Area de Economía e Facenda. Nesta comision asistiron Ana Rosa Pena polo grupo do PSOE, Juan Carlos Pita por MOVENEDA, Helena Pardo (Grupo Mixto) e Montserrat Rico (PP). Asimesmo asistiron Ana (Interventora Municipal e Manuel Sanesteban que fixo as labouras de secretario da mesma.

Coma primeiro ponto da reunion fixouse a periodicidade desta comision pra o ultimo xoves de cada mes, as 12:00.

No segundo ponto da orde do día, a Interventora Municipal presenta un informe  no que se sinala que estase a cumprir co prazo establecido por lei de menos de 30 días para pagos a proveedores estando en 20,49 días no 1º trimestre, 19,22 días no 2º e 18,39 no 3º trimestre deste ano.

Ler máis...

2015-10-29, primeira reunion da comision de area de facenda

No dia de hoxe, o concelleiro de MOVENEDA, Juan Carlos Pita, veu a ser convocado a asistir a primeira reunion da Comision Informativa de Facenda, as 12:30 da mañan na Casa do Concello.

O concelleiro vai presentar unha bateria de preguntas e solicitudes de información que nos permita os veciños iniciar un procedimento de Auditoría Cidada, toda vez que o grupo de goberno actual ven a negarse sistematicamente a este necesario procedimento de control democratico.

BOP - Anuncio padrón contribuintes taxa subministro auga

Publicada no BOP o anuncio de padrón de contribuintes pola taxa de subministros de auga potable e sumidoiros do 3º trimestre de 2015 no concello de Neda

Ler máis...

Galicia, na senda da economía circular

O vindeiro 3 de xuño, no marco do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebrará o 5, levarase a cabo, na cidade de Pontevedra, unha xornada na que, baixo o título “Galicia, na senda da economía circular”, expertos de alto nivel no eido europeo, nacional e autonómico, profundizarán na xestión dos residuos urbanos conforme ás directrices establecidas no novo Paquete Europeo de Economía Circular, aprobado pola Comisión Europea o pasado mes de decembro.

O evento será inaugurado pola Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. A asistencia ao mesmo é gratuita. Non obstante, os interesados deben cumprimentar o boletín de inscrición que figura nesta ligazón http://www.sogama.es/gl/campanha/galicia-na-senda-da-economia-circular. Tamén aquí podedes consultar o programa. As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar o aforo e os asistentes recibirán un diploma acreditativo.

Está eiquí: Home Economia e Facenda