Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Transparencia e rendición de contas

Pra Moveneda, a transparencia no exercicio das tarefas políticas e de xestion do interese público é fundamental pra rachar coas practicas oscurantistas dos vellos partidos. Por ello, nesta sección tentaremos publicar toda canta informacion relevante seña xerada no Concello de Neda. Un concello que xa debera publicar de forma periódica e actualizada toda a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia de toda a actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública municipal, e que polo de agora ainda non o fai, incumplindo así a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

Contas e transparencia: en MOVENEDA damos conta do que facemos cos cartos publicos

 

 

 

Chegados a recta final da lexislatura, facemos un novo exercicio de rendición de contas e transparencia total da xestión dos cartos púbicos que recibe o grupo municipal e os vosos concelleiros.

Ingresos.

Como xa saberedes, ao ter dous concelleiros, temos consideración de GRUPO MUNICIPAL, e por iso, o Concello nos ingresa cada trimestre 738€, para sufragar gastos de funcionamento.

Ler máis...

Rendicion de contas e transparencia: ingresos e gastos de MOVENEDA

Os veciños temos dereito a coñecer que se fai cos nosos cartos, especialmente cos que o Concello gasta nos grupos municipais e nas indemnizacións ós concelleiros. En aras da transparencia e da información, facemos públicas as contas de ingresos e gastos de MOVENEDA.

Despois de dous anos seguimos a gardar por similares exercicios de rendición de contas e transparencia do resto de grupos municipais e dos seus cargos. Ate o día de hoxe, nin PSOE, nin PP ou BNG teñen feito pública declaración algunha de ingresos e gastos, nin do que fan cos cartos recibidos do Concello, en contra do que dicían nos seus programas electorais.

Se precisades de calquera aclaracion ou mais informacion, non dubidedes en solicitarnola, estaremos gustosos de vos informar ate o detalle.

Transparencia - Custes dos cargos politicos - Total MOVENEDA 2016

Seguindo coa nosa politica de transparencia publicamos hoxe, publicamos un resumo de custes e percepcions dos nosos concelleiros e do grupo municipal, coa sua totalizacion e desglose. As contas corresponden ao ano 2016 a data de 15 de Setembro.

Lembrade que ao ter dous concelleiros, MOVENEDA e Grupo Municipal, e por elo, e pra o seu funcionamento percebe 150€ mensuais que se liquidan trimestralmente.

Ler máis...

Total de custes da lexislatura no concello de Neda

Publicamos hoxe o total de gastos que se teñen xenerado no que vai de lexislatura, incluindo desglosados desde o ano 2015 ata decembro de 2018. Nestes gastos van incluídas as percepcions dos nosos concelleiros pola asistencia a plenos e comisións informativas. As cantidades relativas a Comisión Delegados de Área, só son percibidas polos 7 membros do grupo do goberno (PSOE/BNG/CG). Se queredes ver o desglose mais polo miudo, das percepcións dos Concelleiros de MOVENEDA desplazate ata o apartado correspondente ao noso grupo.

  2015 2016 2017 2018  
Total Corporación Sesións Total Sesións Total Sesións Total Sesións Total Total Lexisl
                   
Plenos 5 8439 7 11814,6 6 10126,8 6 10.126,80 40.507,20 €
Comisiones delegados de área 24 30024 49 61299 48 60048 49 61.299,00 212.670,00 €
Comisiones informativas 15 2790 36 6696 10 1860 6 1116 12.462,00 €
Com. Inf. Asuntos Pleno 5 1162,5 7 1627,5 6 1395 6 1395 5.580,00 €
Com. Inf. de Urbanismo 1 232,5 1 232,5 1 232,5     697,50 €
Com. Inf. de contas     1 232,5 1 232,5 1 232,5 697,50 €
    41485,5   80274,6   72499,8   72.774,30 272.614,20 €

Asignacions municipais a concelleiros e grupos municipais da oposicion.

O Concello de Neda asigna varias partidas aos concelleir@s e aos grupos municipais. As percepcións que cada concelleir@ da oposición son as seguintes:

  • Asistencia Plenos Ordindarios (1 pleno cada 2 meses): 116 € (Total plenos anual: 116 x 6 = 696 €)
  • Asistencia comisións informativas mensuais (excepto verán): 46,50 €. Dependerá do número de comisións das que forme parte. No caso de MOVENEDA, en principio, cada un d@s nos@s concelleir@ asistirá mensualmente a 4 o que supón uns 186 € (Total comisións informativas ao ano 186 x 10= 1860 €)

Polo tanto a media mensual quedaría nuns 213 €, facendo un Total anual de 1860+696= 2556 €

Como grupo político municipal se percibe unha cantidade mensual de 246 € (anual 2952 €), que se liquida trimestralmente, e que está pensada para que os distintos grupos afronten os gastos de funcionamento: copias, telefono, internet. En total, e por poñer un exemplo, o custe total anual MOVENEDA será duns 5.500 € aprox.

Transparencia - Custes dos cargos politicos - Total MOVENEDA 2015

Coma prometeu MOVENEDA e segundo a nosa politica de procurar a maxima transparencia coa informacion e as contas cos cartos publicos, publicamos un resumo de custes e percepcions dos nosos concelleiros e do grupo municipal, coa sua totalizacion e desglose. As contas corresponden ao ano 2015.

Lembrade que ao ter dous concelleiros, MOVENEDA e Grupo Municipal, e por elo, e pra o seu funcionamento percebe 150€ mensuais que se liquidan trimestralmente.

Custes e ingresos totais do ano 2015:

INGRESOS GRUPO MUNICIPAL

   

DATA

 

IMPORTE

31/08/2015

 

648

17/12/2015

 

948

     

SUBTOTAL GRUPO MUNICIPAL:

 

1.596,00 €

     

INGRESOS CONCELLEIROS/AS:

   
     

INGRESOS LETICIA IGLESIAS:

   

DATA

CONCEPTO

IMPORTE

05/08/15

ASIST. XULLO (2 PLENOS)

228,14

05/10/15

ASIST. SETEMBRO (1 PL + 1 COM)

142,59

05/11/15

ASIST. OUTUBRO (2 COMISIONS)

85,55

1/12/2015

ASIST. NOVEMBRO (2 PLENOS + 3 COMISIONS)

365,03

     

SUBTOTAL LETICIA IGLESIAS:

 

821,31

     

INGRESOS JUAN CARLOS PITA:

   

DATA

CONCEPTO

IMPORTE

05/08/15

ASIST. XULLO (2 PLENOS)

197,88

05/10/15

ASIST. SETEMBRO (1 PLENO)

98,94

05/11/15

ASIST. OUTUBRO (3 COMISIONS)

113,73

1/12/2015

ASIST. NOVEMBRO (2 PLENOS + 3 COMISIONS)

316,46

     

SUBTOTAL JUAN C. PITA:

 

727,01

     

SUBTOTAL CONCELLEIROS

 

1548,32

     

TOTAL GRUPO MUNICIPAL:

 

3.144,32 €

Memoria anual e declaracions de MOVENEDA ano 2015

Informe de contas, ingresos e gastos de MOVENEDA na campaña electoral das Municipais de 2015. Contas correspondentes ó ejercicio comprendido entre o 16 de abril e o 31 de nadal de 2015. Son catro documentos que podedes descargar nos seguintes enlaces:

Grabación en video dos plenos - Bases legais e razóns éticas e políticas

¿Por qué grabar os plenos?

É unha máis das ferramentas de defensa dos dereitos dos ciudadáns e a aposta por unha transparencia nas xestións do concello así coma pola participación directa e consciente dos veciñaos na vida política municipal.

Hoxe en día, aproveitando as novas tecnoloxías, foros, redes sociais etc... é fácil descubrir que o que a ti che sucede e tanto preocupa, tamén lles sucede a outras moitas persoas en todo o país. Tan só adicando un pouco de tempo se pode recopilar moita información da rede, tanto de persoas afectadas como sobor de leis pra defendernos perante os abusos.

Básicamente pra defender o dereito de cualquera ciudadán a grabar en vídeo os plenos municipais do seu concello. Vemos vital pra unha xestión  transparente e o fomento da participación ciudadá na vida política e tamén trasladar o que acontece neses plenos ós veciños que non poden asistir a estes. É por elo que en moitos concellos, moita xente común e organizacións estean a grabar os plenos. O problema e que se dan de fociños contra moitos, alcaldes, corporacións ou tecnicos municipais con comportamentos caciquiles, inquisitoriais ou mesmo pouco informados e que respaldándose na súa posición de poder fan e desfan as leis ó seu antollo, sen darse de conta que poden incorrer nun delito de prevaricación e abuso de poder.

Ler máis...

Contas de gastos e ingresos da campaña electoral 2015

Publicamos hoxe as contas que presentamos ós veciños na asemblea aberta do día 19/06/2015. Son contas sen pechar a falla de contabilizar outras pequenas partidas e as devolucions por parte do Estado.

Taxas locais municipais para asambleas
- Casa da Cultura: 30€
- Salón usos múltiples Toeleira: 20€

Custes Campaña electoral
- Sobres e papeletas electorales (buzoneo): 152,46€
- Publicidade e combustible desprazamentos: 357,46€

Total gastos: 559,92 €

Nota: Todos estes gastos foron íntegramente sufragados coas aportacións d@s integrantes da candidatura e algúns simpatizantes.

 

A necesidade da rendicion de contas permanente

“Rendición de contas” e un térmo que traduce de xeito limitado o significado da verba anglosaxona accountability, que en inglés significa “o estado de ser sujeito a obligación de reportar, explicar ou xustificar algo; [...] ser responsable de algo (liable) [...] ser sujeito e responsable pra dar contas e respostar preguntas (answerable)”

Ler máis...

Subcategorías

  • Moveneda

    Informacion e fomento da transparencia de contas, ingresos, gastos e da actividade de MOVENEDA

  • Concello e outras

    Informacion e fomento da transparencia de contas do Concello, forzas politicas, presupostos, contratos, ofertas...

Está eiquí: Home Rendición de contas