Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Comunicados MOVENEDA

Intolerable ataque ó funcionamento democrático do concello

Ante o intolerable ataque ao funcionamento democratico do Concello, Moveneda impugna a convocatoria do pleno de xullo.

Moveneda impugnou a convocatoria do pleno ordinario de xullo debido a que os partidos que forman o goberno: PSOE, BNG e CG, en complicidade do PP, tratan de impedir que se presenten e voten no pleno tres mocións presentadas por Moveneda. A primeira, relativa a inclusión de cláusulas sociais, éticas, merdioambientais e lingüísticas nos procesos de contratación do Concello. A segunda moción pide o apoio ós afectados pola presunta estafa de #OpelMotorkar ós seus clientes, e a terceira, de apoio ás pensións públicas impulsada pola Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra.

Ler máis...

20 de Maio: Dia Mundial das Abellas

Neste 20 de maio celebrase o Dia Mundial das #Abellas. Para crear conciencia sobor da importancia dos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ó desenrolo sostenible. A polinización das flores é vital para a nosa alimentación e para a biodiversidade, pero as abellas, unhas das principais encargadas desta misión, están a desaparecer. Un 75% dos alimentos que consumimos dependen da polinización. Un 37% das poboacións de abellas en Europa están en declive.

As abellas son moito máis importantes do que pensamos. A produción de alimentos a nivel mundial e a biodiversidade terrestre dependen en gran medida da polinización, un proceso natural que permite que se fecunden as flores e dean así froitos e sementes. As abellas, xunto a outros insectos como bolboretas e abellóns, son unhas das grandes responsábeis deste proceso e, porén, as súas poboacións están diminuíndo a pasos de xigante.

Ler máis...

Celebrar unha Constitución que non se cumpre?

No Día da Constitución, día no que os mal chamados “partidos constitucionalistas” se enchen a boca de discursos valeiros, imos lembrar os artigos que eles mesmos non cumpren:

Artículo14: Igualdade
“Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social”.

Os indicadores apuntan a que, 39 años despois, a muller segue claramente discriminada respecto do home. A última EPA. Taxa de actividad: homes, 65,04%; mulleres, 53,13%. Taxa de paro: homes 14,80%; mulleres 18,21%. Só o 17% dos membros de consellos de administración das grandes empresas son mulleres. Por riba, outro artigo, o 57, da propia Constitución certigica na sucesión ó trono, que o preferido é “el varón a la mujer”.

Ler máis...

25 aniversario do accidente do Mar Egeo

Cúmprense 25 anos do embarrancamento e incendio do Mar Egeo. Despois do Andros Patria, do Casón, o Urquiola... e o Prestige. Sempre os mismos accidentes, empeorados pola desidia e a neglixencia política. O Estado segue sen por medidas axeitadas para evitar estes desastres.
#NuncaMais

Ah, pero houbo un atentado? Onde?

Vos enteráchedes que onte houbo un atentado contra unha mezquita en Exipto que causou 235 mortos? Se non vos enterástes, o mapa de abaixo o explica todo.

Moveneda sobre do atentado en NY

O 15 de outubro un atentado terrorista segou a vida de 215 persoas inocentes en Mogadiscio. Onte, foron oito os cidadáns asasinados noutro ataque terrorista en Nova York.
Entre Neda e Nova York hai 5.290 kilómetros. Son case a metade dos 10.662 que hai ate a capital de Somalia.
A diferenza é que hoxe veremos os exercicios de hipocresía de prensa, partidos políticos e persoaxes variadas. Comprobaremos o cinismo dos que condean ou non segundo a distancia á que acontecen os atentados. Veremos ós fariseos rasga-las vestiduras cando hai dúas semanas calaron a boca.

Alerta laranxa por fenómenos meteorolóxicos

GES Mugardos avisa de alerta laranxa. Moito litoral de mar non temos no Concello de Neda, pero andade prevenidos. A alerta laranxa é por fenómenos meteorolóxico adversos no litoral por mar combinada con olas de entre 5 e 6 metros. Esta alerta iniciarase na madrugada do 21 deste mes.

Brutal atentado con 215 mortos en Somalia

Brutal atentado con 215 mortos en Somalia. Ainda que 10.662km separen Neda de Mogadiscio, non deixes que a distancia faga que sintas menos as víctimas.

 

IMPORTANTE: Proceso de reclamacións pola avaría telefónica de xuño

O pasado día 11 de outubro no Centro Civico tivemos unha reunión de afectados pola avaría sufrida en xuño. A causa foi o envío de comunicacións desde a Oficina de Consumo da Xunta coa apertura dun prazo de alegacións de 10 días hábiles contra os abonos efectuados pola empresa telefónica os técnicos de ACOUGA explicaron o seguinte:

  1. Se no prazo dos 10 días seguintes á recibir a notificación NON ALEGAMOS NADA contra as cantidades aboadas por Telefónica, quere decir que xa estamos dacordo co recibido e a reclamación se dará por finalizada.
  2. Se polo contrario NON ESTAMOS DACORDO coas cantidades recibidas, dentro deste prazo debemos presentar un documento de alegacións, por rexistro de entrada no Concello ou por correo-e, no que expresemos o noso rexeitamento a estas cantidades, e que conleva que a reclamación ante Consumo seguirá adiante.  Nun prazo duns meses seremos citados para acudir a un acto de arbitraxe na oficina de Consumo en Ferrol e no que un árbitro será o que fixe a indemnización á que cada un ten dereito a percibir en función da súa cuota mensual.
  3. Para que dende ACOUGA poidan seguir adiante coa denuncia presentada ante a Comisión Nacional de Mercados y Competencia e que agora os derivan á Oficina de Atención de Usuarios de Telecomunicaciones necesitamos que asinedes un documento de autorización de representación e acompañalo dunha copia do DNI e que podedes facernolo chegar deixándonolo no buzón de correo de MOVENEDA que hai na planta baixa do Concello, enfronte da Policía Local.

Tanto o documento de alegacións como o da autorización de representación podedes descargalo no seguintes enlaces da nosa páxina web ou poñéndose en contacto con nós e trataremos de achegarvolos.

Desde MOVENEDA queremos animarvos a seguir adiante con este procedimento de reclamacións, máis que pola cantidade que pensemos que podemos percibir sexa máis ou menos importante, senon polo feito de facer ver que como veciños non aturamos este tipo de desplantes por parte de ningunha empresa e tratar que nun futuro non volvan a repetirse feitos desta magnitude no noso Concello.

Día Europeo das Linguas

A variedade lingüística é das meirandes riquezas de Europa e unha das máximas expresións de evolución humana. Todas e todos debemos esforzarnos por conservarlas e usarlas porque son cultura, son diversidade.

A lingua galega é nosa. Somos nós. Nos define no mundo. No Día Europeo das Linguas, fagamos conciencia da enorme riqueza que temos; valoremos, usemos, compartamos, espallemos a nosa lingua!
Nos En Galego!

Máis de 2300 visitas e 500 usuarios distintos no ultimo ano na web de MOVENEDA

Grazas a todos os que visitachedes a nosa web MOVENEDA.ORG no ultimo ano pra informarvos do que acontece políticamente no Concello de Neda. En total foron máis de 2300 visitas de 533 visitantes distintos. Cos modestos medios dos que dispoñemos, é un orgullo que o noso traballo reciba a confianza de tanta xente.
Grazas.

Parabens a ACOUGA pola sua victoria na demanda contra ABANCA

Parabéns os nosos amigos de Acouga Consumidores e Usuarios e a todos aqueles que decidiron uni-las súas forzas nesa demanda contra Abanca. Unha vez máis demostrase que a unión e a organización son o millor xeito de conseguir o que é de xustiza!
#ClausulasChan

MOVENEDA xa ten teléfono de contacto

Xa temos #telefono! Un pouco tarde, si, pero ó fin abrimos unha nova canle de comunicación pra que todos os veciños poidamos contactar con MOVENEDA dun xeito sinxelo e directo. A traves del se poden facer preguntas, requerir información ou comunicar calquera proposta, queixa ou tema de interese que queirades se leve ó Concello.

Primeiro de Maio

Feliz e reivindicativo #1deMaio

Parabéns: eliminouse unha barreira arquitectónica

Cando se fan mal as cousas, decimolo, igual que cando se fan ben. Tamén se dí que as cousas do palacio van despacio, e as veces no Concello de Neda un chisquiño máis. Por elo queremos felicitar ó concelleiro #AntonioSeijo. Tan só lle levou tres meses quitar unha barreira arquitectónica.
Dende Moveneda solicitamos a retirada do deposito de aceite da beirarrúa nunha Comisión de Área de decembro. Neste tempo tivo que loitar contra atrancos imponderables que dificultaron a retirada, como que non daban "atopado a chave" ou que o operario que ía retirar o depósito estaba moi ocupado... etc.
Seica nestes días pasados, por fin, debeu darse unha alineación astrolóxica propicia e puido retirarse o molesto depósito pra detrás do valado.
Parabéns, e a seguir así, con este bó ritmo de traballo.

Moveneda únese a outras 100 candidaturas da Rede Municipalista Contra A Débeda e os Recortes

Moveneda ven de unirse a Rede Municipalista contra a Debeda Ilexítima e os Recortes. Esta organización política está formada por representantes de concellos, movimentos sociais e plataformas ciudadás de todo o Estado que decidiron unir forzas pra crear un frente municipalista capaz de revertir a grave situación económica e social que atravesan grande parte dos Concellos de todo o Estado.

Esta rede nace con tres obxetivos claros:

  • Construir un novo municipalismo máis autónomo e soberano, pra o que cómpre frear a recentralización, a asfixia financieira e os recurtes impostos ós concellos dende o Estado (LRSAL, Lei Estabilidade, Art. 135 da Constitución, …)
  • Promover o recoñecimento da ilexitimidade da debeda e evidenciar deudas ilexitimas a traveso de auditorias cidadás da débeda e a xestión pública.
  • Informar, concienciar, empoderar e fomentar a participación cidadá na construcción dun novo municipalismo, a enuncia das débedas ilexítimas e la realización de auditorías cidadás.

 

10 de marzo, Dia da Clase Obreira Galega

Tal día como este 10 de marzo, en 1972, a policía franquista asasinaba ós traballadores da Bazán Daniel Niebla e Amador Rey durante as movilizacions dos asteleiros en Ferrol. Hoxe recordamos estes feitos, o exemplo, o compromiso e sacrificio de estes compañeiros convertido no Día da Clase Obreira Galega, porque esquece-la historia condena os pobos a repetila.
Dende Moveneda chamamos a participar nos actos de recordo e reivindicación que se celebran na bisbarra.

"Erguéstesvos cedo
aquel día –o costumbre do traballo–
mañá cediño pra facernos coa vosa morte”.
Uxío Novoneyra.

9 de Marzo: Folga Xeral Educativa

Moveneda apoia e pide a participacion masiva na folga do ensino: por unha escola pública de todas e para todas!

  • Derogación da LOMCE
  • Reversión dos recurtes (ratios, 20 horas lectivas en secundaria, descontos por enfermidade, etc.)
  • Estabilidade do profesorado interino
  • Incremento do presupuesto adicado a educación
  • Recuperación dun sistema de becas que garanta a igualdade de oportunidades
  • Eliminación das contrarreformas universitarias e das prácticas non remuneradas en FP
  • Recuperación das plantillas
  • Dignificación das condicións laborais do profesorado
  • Freo á privatización do sistema educativo

Sobran os motivos.
#Folga9M

Todos os días son 8 de Marzo

Moveneda quere sumarse ós actos e reivindicacións do 8 de Marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Como en outros casos, estas datas sinaladas serven de chamada de atención para denunciar as eivas, agresións e incumplimento de dereitos que todavía temos as mulleres no camiño cara a igualdade. Pero queremos facer unha reflexión. A desigualdade segue a ser evidente na nosa sociedade, nos entornos proximos (traballo, familia, na rua...) e na meirande parte do mundo. Por iso coidamos que non debe ser un día para celebrar, ainda que xa se conseguiron algúns dereitos. É evidente a minusvalorización do traballo da muller, a violencia de xénero e a discriminación laboral. E isto ocorre este e o resto de 364 días do ano. Pensamos que o mellor é facer que o 8 de Marzo seña todos os días. Co compromiso, coa práctica e co exemplo.

Reunion da Permanente de MOVENEDA, pra o luns

Por mor do entroido, a habitual Asamblea Permanente dos martes na #Abaceria pasamola a hoxe luns as 21:00 horas. E coma sempre, a reunion e aberta a todos aqueles que desexen aportar ou comentar algun tema do seu interese.

24 de febreiro, SEMPRE ROSALIA

¡Quérome ire, quérome ire!

¡Quérome ire, quérome ire!
Para dónde, non o sei.
Cégame os ollos a brétema.
¿Para dónde hei coller?

N'acougo cunha inquietude
que non me deixa vivir:
quero e non sei o que quero,
que é todo igual para min.

Quérome ire, quérome ire,
din algúns que a morrer van;
¡ai!, queren fuxir da morte,
¡i a morte con eles vai!

#SempreRosalia

Concentracions de rexeite polo asasinato de María José Mateo García en Redondela

CONCENTRACIÓNS en todo o país reclamando o fin da violencia exercida contra as mulleres e polo asasinato de María José Mateo García de 52 anos en Redondela. Estamos fartas de minutos de silencio, de tratamentos infames nos medios, de presuntos, de que digan que morremos para invisibilizar que somos asasinadas, fartas dunha sociedade que mira para outro lado mentres nos asasinan.

Mañá ás 20h en Coruña, Ferrol, Ourense, Bertamiráns, As Pontes, A Ramallosa, Vigo, Compostela, Lugo, Pontevedra, Carballiño, Ribeira e onde se convoquen accións o feminismo galego enche as rúas contra a violencia.
Acude e difunde!
#QuerémonosVivas
#MachismoMata
#BastadeViolencia
#Fartas

PSOE e PP xuntos da man a favor dos privilexios das multinacionais

O #PSOE e o #PP votaron hoxe no Parlamento de Bruselas xuntos e a favor do #CETA, o tratado de libre comercio entre Canada e Europa que prima a privatizacion dos servizos publicos e prohibe a remunicipalizacion dos xa privatizados coma auga e basura.

Os dous partidos da #GranCoalicion priman a defensa dos intereses das empresas multinacionais e dunha minoria privilexiada por riba dos dereitos sociais e das persoas comuns.

O PSOE, un partido que di que e de esquerdas, traizoa asi os intereses dos cidadans, deixando clara unha vez mais a sua doble faciana e incoherencia politica.

Mentres que no Concello de Neda votou a favor de declarar #Neda coma Concello oposto a estes tratados que agreden os veciños, en Europa vota a favor dos ricos e poderosos, apuntalando o neoliberalismo que crea desigualdade e pobreza.

Outra manobra da Gran Coalicion: o PSOE impide tumbar a Lei Montoro

O Partido Popular e Ciudadanos, coa inestimable axuda da abstención do PSOE, tumbaron a proposta de UnidosPodemos, EnComuPodem e EnMarea pra derogar a Ley de Racionalización y Sostenibilidad de las Administraciones Locales (LRSAL), también coñecida coma Lei Montoro, que afoga aos concellos e impidelles prestar servizos publicos e de calidade.

#ConcellosConDereitos
#ConcellosConServizos
#ConcellosPraOsVeciños

Está eiquí: Home MOVENEDA Comunicados Oficiais