Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Manifestos e idearios

Programa para un goberno de MOVENEDA, #UnGobernoParaTodos

Publicamos o noso programa de goberno, co titulo de #UnGobernoParaTodos. Un resumo dos puntos que imos propoñer os veciños e as outras forzas politicas para traballar nos vindeiros catro anos.

Podes descargalo fai click no seguinte enlace: UnGobernoParaTodos
ou copia este enlace no teu navegador:

http://www.moveneda.org/www/ficheros/PropostasParaUnGobernoDeMOVENEDA_2019.pdf

Tamén estará dispoñible en Facebook e outras redes sociais. Se queres unha copia impresa, contacta con nos e farémoste chegar unha. Grazas.

MANIFESTO POLITICO 2019 – CONSTRUIR FUTURO

QUEN SOMOS?

MOVENEDA é unha agrupacion de veciños comúns que promove a participación democrática, directa e asamblearia. Nos organizamos libre e independentemente. Non estamos sometidos a disciplina nin obediencia a partidos. Non temos presións de bancos, empresas ou outros intereses inconfesables. Só rendemos contas ante os demais veciños de Neda.

MOVENEDA recolle o testigo da Agrupacion Democratica Independente, aquela primeira candidatura electoral, que no ano 1979 e despois de 40 anos de dictadura, tivo a valentía de reivindicar e recuperar a participacion democratica de todos no Concello.

Pensamos que os veciños podemos e debemos participar de xeito directo e consciente nas decisions de goberno e no futuro de Neda. Ese é o noso proposito principal: fomentar a información e a implicación de todos na xestión do concello. Porque Neda é da xente.

POR QUÉ MOVENEDA?

En 2015 víñamos de oito años escuros. O nivel era moi baixo, con unha xestion desastrosa e moitas carencias democráticas. A oposicion tampouco era millor porque non fixo un control axeitado do goberno. Pensabamos que un cámbio de persoas e de estilo na corporación ía traer unha radical millora no concello. Pero nos equivocamos.

O goberno do pacto Tripartito fixo o mesmo de sempre: andar os biosbardos os tres primeiros anos, botar balons fora e, de repente, ruxe-ruxe de obras e de actividade. Febre de publicidade e autobombo meses antes das eleccions. É a vella e eficaz formula do caciqueo galego. E o fan porque que funciona. Porque temos a memoria moi curta. Porque con tal de ter algo, nos contentamos con pouco.

Ler máis...

Código ético

Os novos tempos esixen un modelo e parámetros de compromiso ético a todos aqueles que queiran participar en política rachando co vello esquema da democracia de baixa intensidade propia do bipartidismo corrupto.

Un manifesto político e un programa de goberno non serven de nada sen o compromiso firme de levalos a cabo dunha maneira ética, defendendo valores sociais, de igualdade, xustiza e plenamente democráticos.

O Movemento Veciñal de Neda (MoveNeda) e unha ferramenta dos veciños, de unidade e fronte popular, un método político que ten como principal aspiración o fomento da participación democrática de todos na vida política. Porque os veciños queremos e debemos recupera-la soberanía popular, a participación política directa e plenamente consciente nas diferentes accións de goberno do concello. Por elo, a xente que se integra en MoveNeda e as persoas que van ser designadas pra levar a cabo a acción de goberno en representación dos seus veciños, suscriben o seguinte código ético e comprométense a:

ARTICULADO

  1. Defende-la aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humáns nos ámbitos sociais, políticos e institucionais da nosa sociedade.
  2. Promove-la información, transparencia e participación directa e igual de toda a cidadanía nos eidos onde se adopten decisións que lles atinxan, especialmente na execución das políticas públicas.
  3. Traballar a favor da recuperación da soberanía popular e democrática, artellando formulas de participación e representación directa coma as Asembleas Veciñais ou a apertura dos Plenos Municipais a participación directa dos veciños.
  4. Garantir que a participación política sexa sempre libre, voluntaria e aberta a todas as persoas que, sen distinción do seu estatus civil ou social, compartan os métodos democráticos de participación cidadá.
  5. Impulsar especialmente a participación política e social das mulleres e os mozos.
  6. Garantir a igualdade social, loitando contra toda forma exclusión, de racismo, xenofobia, machismo ou marxinación por razóns de orixe, identidade de xénero ou orientación sexual.
  7. Promove-los cambios necesarios pra implantar un modelo económico mais xusto, equitativo, sostible e ecolóxico, onde todos participen na súa planificación democrática e disfruten dos seus resultados, de xeito que toda a riqueza en calquera das súas distintas formas e sexa cal for a súa titularidade, estea subordinada ao interés xeral.
  8. Promover e defende-la identidade cultural propia do pais, especialmente o idioma galego.
  9. Loitar polo recoñecemento e respecto as vítimas de toda inxustiza e pola recuperación da Memoria Histórica.
  10. Esixir e respetar que la elección de candidatos a calquera institución de representación política e social se leve a cabo mediante eleccións primarias abertas a toda la cidadanía, con listas abertas só corrixibles mediante criterios de xénero.
  11. Rechaza-lo transfuguismo e que ningún cargo electo poida poida levar a cabo tarefas de goberno se previamente non foi elixido pra o desenrolo das súas funciones nun proceso de primarias abertas e participadas por toda a cidadanía.
  12. Combater activamente o caciquismo coma método político e de control social.
  13. Someter calquera pacto posterior ás eleccións con calquera outra formación política, á aprobación democrática mediante a consulta aberta a toda a cidadanía.
  14. Impulsa-lo laicismo, promovendo un sistema democrático fundado na liberdade de conciencia e o coñecemento cientifico, sen apoiar ningún culto ou relixión.
  15. Recoñecer que a súa función coma cargo electo é a de representante, e polo tanto obrigado a vincula-las súas decisións ao método aberto e democrático de información e participación ao longo de todo o seu mandato.
  16. Desenrolar con lealdade a cidadanía, ética e transparencia as funcións dos postos pra os que sexan designados, velando polo bon uso dos bens públicos e por unha xestión dos recursos públicos baseada en principios de equidade, eficiencia e eficacia, por este orde.
  17. Democratización do exercicio das súas funcións, a dar un trato digno á os veciños e cidadáns, especialmente cos desfavorecidos, os que teñan menos recursos económicos, sociais ou culturais e a escoitar a todas as persoas que o soliciten, sen que tal obriga poida ser delegada ao persoal baixo a súa dependencia.
  18. Impoñer unha limitación salarial, pra todo nivel de representación, que nunca poderá superar o máximo de tres salarios mínimos.
  19. Limitar a dous cargos o número de funcións públicas simultáneas que pode desenrolar unha única persoa.
  20. Limitar os mandatos de cargos públicos a unha duración de oito años.
  21. Non asumir, unha vez abandoado o cargo e durante un período igual a o doble do tempo exercido coma no cargo municipal, de postos de traballo ou cargos en empresas privadas que teñan actividades directamente relacionadas coas súas tarefas como representante publico.
  22. Asumir a total transparencia dos seus ingresos por calquera concepto, a obriga de render contas públicas, asumi-la xestión ética e transparente do seu patrimonio e asumi-lo compromiso de transparencia e rendición de contas ao largo e ao final da súa actividade coma representante publico.
  23. Renunciar a calquera privilexio xurídico ou material derivado de forma directa da condición de representante, evitando o acollemento a calquiera figura de aforamento xudicial. Asemesmo, non se acollerá a ningún beneficio fiscal que poidera derivarse da actuación coma cargo público.
  24. Non optar a cargos electos co obxetivo de representar intereses persoais, económicos ou políticos alleos a os que correspondan en cada caso ao cargo electo en cuestión.
  25. Respeta-lo deber de abstención previsto na lexislación vixente, inhibíndose na toma de decisións en votacións onde conflúan intereses persoais, económicos ou políticos alleos aos interese dos veciños, mesmo evitando a contratación pública con empresas nas que persoalmente ou familiares poidan ter algún tipo de interese económico.
  26. Compromiso de renuncia ao cargo público no caso de ser procesado ou condenado por delitos de corrupción, económicos, acoso sexual, violencia de xénero, pederastia e/ou maltrato infantil, contra os dereitos dos traballadores, ecolóxicos ou urbanísticos.
  27. Non cobrar soldos ou remuneracións, calquera que sexa a súa denominación, pola pertenencia a Consellos de Administración de ningún Ente ou Organismo Público, derivado do exercicio das súas funcións públicas.
  28. A non perceber cobro en especie de ningún tipo. Calquera agasallo recibido no exercicio das súas funcións será considerado propiedade do Concello.
  29. Non realizar gastos superfluos ou suntuarios dos fondos públicos, a moderar os custes de transporte e aloxamento axustándose as dietas e indemnizacións establecidas pra o persoal funcionario ou laboral ao seu cargo. No caso de precisarse indemnizacións por razóns de desprazamento, aloxamento ou manutención, non poderán superar as establecidas normativamente pra o persoal funcionario uo laboral ao seu cargo.
  30. Non perceber ningunha remuneración nin cesantías de ningún tipo unha vez rematada a súa designación no cargo.
  31. Renunciar á asignación de vehículo oficial. O uso de vehículos oficiais só poderá facerse cando seña imprescindible pra o exercicio das funcións públicas. No posible darán exemplo co uso de medios de transporte colectivo ou outros medios de transporte respetuosos co medio ambente.
  32. Crear e promover nas áreas de traballo baixo a súa responsabilidade dun un clima e unha cultura administrativa de transparencia, rendición de contas, información publica e veraz, de portas abertas cara a cidadanía, cun rexeite claro e contundente de comportamentos autoritarios, corruptos ou non democráticos.

En Neda, A Coruña, a 27 de marzo de 2015

Manifesto político de MoveNeda - 2015

          A crise que afecta a Europa e o Estado español trouxo repercusións que nos tocan a todos. A oligarquía aproveitou a excusa da crise económica pra atacar salvaxemente ás clases traballadoras, que vemos como nos recurtan os salarios, a sanidade, a educación, as pensións e os servizos. Mesmo vemos como coa súa Lei Mordaza nos rouban dereitos constitucionais.

          Vencellada á económica, acontece unha crise política. As institucións do Réxime de 1978 están deslexitimadas. A quebra ética e política extendeu un tumor por todo o sistema. A corrupción é xeral, o Rei e seus familiares, institucións, partidos e mesmo ós sindicatos. O sistema esta infectado por unha casta política corrupta e adicada ao roubo masivo dos bens públicos.

          A podremia non é casual nin puntual. O Réxime foi unha estafa xa dende un principio. Os franquistas reconvertéronse en demócratas da noite á maña. Os que xa levaban 40 anos mangoneando mudaron nunha nova casta prepotente, privilexiada, que se sinte impune roubando e que fai o que sexa pra se manter no poder. É unha democracia de baixa intensidade que traizoa un principio básico: a participación do pobo nas decisións políticas, porque, aínda que nos dan a sensación de decidir cada catro anos, está claro que nos, xente común, non temos ferramentas políticas efectivas pra dar resposta ás nosas necesidades.

          A crise trouxo tamén esperanza. A mesma que encheu prazas o 15 de Maio de 2011 e das que xurdiron alternativas de participación: As mareas cidadáns na defensa da educación e a sanidade pública, as Marchas da Dignidade, as plataformas das preferentes, dos desafiuzamentos ou dos enfermos de hepatite. Ningunha ten explicación sen os ventos democráticos que trouxo o 15M.

          Asemesmo, as derrotas políticas do Partido Popular no ultimo ano deben facernos pensar que pra virar a situación é necesaria unha nova maioría popular, concienciada, organizada, mobilizada e combativa. Nos, os cidadáns comúns, debemos organizarnos e formar unha unha potencia democrática e participativa, unha intelixencia colectiva que supere este sistema bipartidista apodrecido, porque a pasividade e a indiferenza non serven. Son parasitismo e contribúen á corrupción e á crise.

          Por todo isto, MOVENEDA plantéxase coma unha iniciativa popular, aberta, participativa e asamblearia. A primeira tarefa é concienciar e fomenta-la actividade política de todos os veciños. Entre todos debemos debater ideas e elaborar propostas. Chegado o momento, tamén deberemos plantexarnos escoller xente capacitada e comprometida pra levar estas propostas adiante. Pra ilo, o obxetivo debe ser gaña-la alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. É o momento de toma-lo control das institucións, de poñelas ó servizo da maioría social e o ben común. Nos, o pobo traballador, debemos se-lo motor da acción política e recupera-lo protagonismo en novos gobernos que deben estar suxeitos á participación permanente e consciente de todos nas decisións políticas.

          Só nós mesmos podemos garanti-lo cumprimento escrupuloso da nosa vontade democrática. Chegou a hora de demostrar que é posible construír un concello digno, acolledor, solidario e baseado no benestar das persoas, chegou o momento de gañar Neda pra os veciños.

Neda, Nadal de 2015

Está eiquí: Home MOVENEDA O noso ideario