Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Deportes, Seguridade cidadá, transportes e Protección civil

Concelleira: Antonio Seijo (Grupo Mixto)
Comision informativa de area: Deportes, Seguridade cidadá, transportes e Protección civil
Calendario da comision: 3º venres do mes ás 12:00
Asistentes na comision:
Gonzalo Ferreiro (PSOE), Roberto Rey (PP),
MOVENEDA - Concelleiro neste area:
Juan Carlos Pita

As funcións de Seguridade Cidadá, Transportes e Protección Civil a desenrolar por esta concellería son:

  • Estudio de la delincuencia na localidade, e elaborar a estes efectos planos pra a prevención destes delitos e intensificando a vixilancia das zonas máis afectadas.
  • Ordeación e regulaciónn del tráfico, seguridade dos peóns, estacionamento dos vehículos e a circulación fluida dos mesmos, así­ coma a correcta siñalización vial.
  • Vixilar o cumplimiento dos Bandos, Ordeanzas e demáis disposicións do Concello, así coma a protección do medio ambente e mellora da calidade de vida.
  • Control da seguridade de edificios públicos, declarados de interese público e de establecimentos públicos
  • Coordina-la prestación do Servizo de Protección Civil, elaborando o Plano Municipal de Emerxencias e o Catálogo de Riscos.
  • Supervisión da inspección de industrias e instalacións calificadas coma nocivas, insalubres ou perigosas.
  • Establecer campañas de prevención e formación.

No eido do Deporte esta concellería debe promove-la idea do deporte coma viá cara a saúde e como xeito de socialización. Debe impulsar á práctica deportiva a persoas que o teñen máis difícil: o deporte feminino, o deporte de persoas con discapacidade, persoas maiores ou deporte de base. No ámbito das infraestruturas deportivas, debe traballar pola optimización das instalacións existentes, con rehabilitación, modernización e mantemento, así coma creación de novos espazos.

Roubos en Anca

A Guardia Civil ven de avisar de vários roubos perpetrados estes últimos días en casas na zona de Anca e Vilar, polo que pregan extremar precaucións e avisar tanto ó Cuartel de Fene (981 34 00 94) ou á Policia Local de Neda (639 151 417 / 981 380 039) no caso de detectar calquera movemento sospeitoso.

MOVENEDA levará várias propostas á vindeira Comisión de Área de Seguridade Cidadá ó rente destes acontecimentos.

Nova alerta laranxa por neve no interior e temporal na costa

A Xunta de Galicia alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará ao interior por neve en cotas tan baixas coma 400m e en todo o litoral de A Coruña. Pideselle a poboacion que extreme as precaucións, que siga as medidas de protección pertinentes e ante calquera dúbida que consulte a web: www.axega112.gal

En Neda non afecta directamente, pero lembrade que ante calquera incidencia, o telefono da Policia Local do Concello de Neda e o 981 38 00 39

Moveneda impugnou hoxe a convocatoria da reunion da Comision informativa de Area de Deportes, Seguridade cidadá por convocarse fora de prazo

Moveneda impugnou hoxe a convocatoria da reunion da Comision informativa de Area de Deportes, Seguridade cidadá, Transportes e Protección civil presidida polo concelleiro Antonio Seijo.
A convocatoria non foi feita coas 48 horas preceptivas. Dende o Concello de Neda asegurousenos que o envio da convocatoria ia facerse o venres pero que a falla de conexion a Internet impediu enviala.

Alerta laranxa por temporal

A Xunta de Galicia alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará a todo o litoral galego. Está previsto que comece nas provincias da Coruña e Lugo á primeira hora da noite e que se vaia extendendo ata Pontevedra.
Pideselle a poboacion que extreme as precaucións, que siga as medidas de protección pertinentes e ante calquera dúbida que consulte a web: www.axega112.gal
O telefono da Policia Local do Concello de Neda e o 981 38 00 39

Alertas de temporal nas redes sociais do Concello

Costounos tres intentos, pero por fin o Concello de Neda colleu a indirecta e xa usa as Redes Sociais pra avisar os veciños das alertas por temporal. Parabens, e un exemplo de bo uso do Facebook.

Neste caso, avisase da Alerta Vermella decretada pola Xunta de Galicia pra hoxe e maña, tanto por vento coma no mar.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Lembramos que o teléfono de contacto da Policia Local de Neda e o 981 38 00 39.

 

Aviso de temporal pra o dia 13

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Lugo a partir desta noite. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase, a partir da madrugada do día 13, mar combinada do noroeste de entre 5 e 6 metros, que afectará á provincia de Lugo e ao noroeste e oeste da de Coruña.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Lembramos que o teléfono de contacto da Policia Local de Neda e o 981 38 00 39.

AVISO: Alerta laranxa por temporal.

Informase que pra o día 20 de novembro esta emitida unha Alerta Laranxa por mor da metereoloxia adversa ocasionada pola nova borrasca que se achega polo Cantábrico. Agárdanse chuvias en toda Galicia, por momentos, de forte intensidade e, ocasionalmente, acompañadas de aparato eléctrico e sarabia. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O peor estará no litoral, onde se decretou unha alerta laranxa por mar combinado de entre 5 e 6 metros, con posibilidade de subir a forza 8. O vento tamén aumentará de intensidade, con posibles refachos moi fortes nas zonas altas, e baixa a cota de neve ata os 1.000, 1.200 metros.

 

2016-09-30 Informe da Comisión de Área de Deportes, Seguridade Cidadá, Transportes e Protección Civil

O pasado venres 30 de setembro de 2016, tivo lugar a Comisión de Área de Deportes, Seguridade Cidadá, Transportes e Protección Civil. O concelleiro desta area, Antonio Seijo, informou a comisión de varias materias:

Deportes. Colaboración do Concello con diversos campionatos coa merca de trofeos: Torneo Fútbol S.D. Neda, Chave ( O Fumazo) e o Torneo Fútbol-sá O Roxal. Tamen falou do Memorial Adolfo Ros. Este ano toca organizalo a Neda, data probable será o día 4/12/2016. Está prevista facer a saída e chegada no Pavillón, aínda que se baralla que para os que fagan a proba en cadeira de rodas a meta situarase no inicio da rúa de subida ó pavillón.

Tráfico. Informou da reposición de sinalización en varias zonas do Concello, así coma do pintado de liñas amarelas en varias esquinas e saídas. Tamén que van instalar un espello na beirarúa do Banco de Santander, na saída do Camiño dos Pazos (rúa Curros Enríquez). Tamén da colocación dun sinal de dirección prohibida no camiño de acceso á piscina polo lateral do Parque do Galeón.

Ler máis...

Comisión de Área de Tráfico, Seguridade Cidadá e Deportes

Mañá, 30 de setembro de 2016, as 12:30 horas, terá lugar a reunión da Comisión de Área de Deportes, Seguridade Cidadá, Transportes e Protección Civil. O noso representante alí será o concelleiro Juan Carlos Pita.

Se algún veciño ten algún tema relativo a esta comision de area e que desexe seña trasladado ao concelleiro Antonio Seijo, pode facerllo chegar a directamente a Juan Carlos Pita vía email facendo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.ou polas canles de MOVENEDA en redes sociais.

2016-06-30 Informe da Comisión de Área de Deportes, Seguridade Cidadá, Transportes e Protección Civil

O pasado venres 30 de xuño de 2016, tivo lugar a Comisión de Área de Deportes, Seguridade Cidadá, Transportes e Protección Civil. Non se presentou para a súa aprobación acta da anterior comision polo tema do ataque informático que afecta a diversos ordenadores do Concello. O concelleiro desta area, Antonio Seijo, informou a comisión de varias materias:

Primeiramente da aprobación dunha subvención da Deputación para investimentos deportivos por un importe de 11.987€. Entrega unha copia da memoria enviada que ten un importe de 15.920€, polo que están estudando se quitar algo ou que o Concello de Neda aporte a diferencia. Comenta tamén o asunto da Carreira Solidaria, será o día 02 de xullo ás 11:00 h. Entregounos copias da documentación. Informa dunha subvención de 10.000€ da Deputación para actividades deportivas.
No eido de equipamentos deportivos infoma a esta comisión de que xa se van a levar as porterías para a pista de Anca, e se van volver a colocar as canastas na pista da festa de San Isidro despois de amañar os aros que romperan. Tamén vai colocar a rede de separación co camiño.

No eido de Trafico, o concelleiro Seijo informa que a vindeira semana colocarán os pivotes no vado do edificio de enfrente de Abanca para tratar de evitar que lles aparquen nel. MOVENEDA recordoulle a Seijo que outros edificios da zona tamén solicitaron pivotes por problemas parecidos. Informase tamén que vaise a reducir o horario de carga e descarga do Eroski a dúas horas pola mañá e dúas pola tarde. Estan pendentes de falar cos responsables do super para fixar o novo horario.

Ler máis...

2016-05-27 Informe da Comisión de Área de Deportes, Seguridade Cidadá, Transportes e Protección Civil

O pasado venres 27 de maio 2016, tivo lugar a Comisión de Área de Deportes, Seguridade Cidadá, Transportes e Protección Civil.

A reunion da Comision asistiron 3 membros do servizo de Protección Civil (Adolfo, Wenceslao e Dani) para informar da súa actividade: Neste momento hai 14 voluntarios. Solicitaron axudas da Xunta dun remolque para emerxencias con material (motoserra, etc).Perciben 1500€ da Xunta e 5000€ do Concello que asume tamén o pago do combustible. Os 5000 € se reparten en 2000 en concepto de materiais e 3000 pola atención do albergue. Apertura á 12 h e ás 20:30 h rexistro de ocupantes e cobro de cuotas.

Dende MOVENEDA se comentou que durante as inundacións o material non estaba en condicións (motobomba non arrancou, sinais tráfico que non funcionaban.... e se preguntou pola responsabilidade do mantemento do material. Adolfo responde que é responsabilidade súa e que en ocasións non é o máis axeitado. Ademáis di que a motobomba ten un consumo residual grande e que en ocasións non arrancou. Gonzalo Ferreiro (PSOE) indica que hai uns arrancadores con carga de mantemento que haberá que ver se o que teñen dispón desta función. Adolfo comenta que o Concello dispoñía dunha bomba de achique e motoserra, pero os membros de Protección Civil non teñen acceso a elas. MOVENEDA pregunto tamén pola existencia de estatutos e se hai prevista renovación da directiva. Indicousenos que si que hai estatutos e que se farán en breve elecións.

Ler máis...

Está eiquí: Home Seguridade Cidadá, Deportes, Transporte e Protección Civil