AAVV, entidades, participación e transparencia
En MOVENEDA coidamos que é absolutamente necesaria unha concellería adicada a incrementa-la participacion dos veciños na vida politica do concello, que fomente a transparencia e o traslado fluido e constante de informacion dende a Casa do Concello cara ós veciños e viceversa. Nesa laboura de implicar ós veciños e fomentar a participación, son absolutamente indispensables as Asociacions de Veciños e outras entidades que traballan no concello.
Asimesmo esta Concellería debe ter competencia pra a xestion e promocion de todas as entidades sociais que traballen no concello, asi coma a xestion dos espazos, fondos e dotacions necesarias pra levar a cabo actividades de dinamicen a vida social do concello.
3 de Nadal, Dia Internacional da Discapacidade
- Detalles
- Categoría: AAVV, entidades, participación e transparencia
- Publicado o 03 Diciembre 2017
- Visto: 829
Neste 3 de decembro, celebramos o #DiaInternacionalDiscapacidade, pola necesidade dunha sociedade accesible e incluínte, que permita ás persoas con discapacidade unha vida independente e activa. Derrubemolas as barreiras que impiden a súa plena integración.
Palestra sobrev Procesos Participativos en Mugardos
- Detalles
- Categoría: AAVV, entidades, participación e transparencia
- Publicado o 02 Octubre 2017
- Visto: 432
Os compañeiros de Iniciativa Cidadá de Mugardos organizan este venres as 19:00 horas unha palestra sobre os procesos participativos para decidir onde invisten os concellos, para achegar os gobernos á veciñanza e as experiencias que xorden do día a día dun novo xeito de goberno.
A Coruña e Compostela serán as que protagonicen o primeiro acto dun novo curso político que iniciamos con folgos renovados.
Para iso contarán coa presenza de compañeiros de Marea Atlántica e Compostela Aberta que nos explicarán as experiencias nas que hoxe xa son cidades construídas en común coa cidadanía.
Tedes unha cita este venres, ás 19:30!
Difunde e comparte!
A asamblea de veciños afectados, na Casa das palmeiras
- Detalles
- Categoría: AAVV, entidades, participación e transparencia
- Publicado o 30 Mayo 2017
- Visto: 424
Onte na Casa Das Palmeira reunímonos máis de 60 veciños afectados polo corte de servizo de Movistar en zonas do Concello de Neda. Os representantes de Acouga Consumidores E Usuarios explicaron o proceso pra reclamar e solicitar imdemnizacións.
- Primeiro débese cubrir un formulario de reclamación ante o Instituto Galego de Consumo. Este pode solicitarse a Moveneda, no telefono 634 521 622.
- Unha vez cumprimentado debe meterse por rexistro no Concello indicando que e un trámite para a Xunta.
- No rexistro deben selar unha copia que podedes achegarnola, ben en man, ben no buzón de #Moveneda na Casa do Concello, na planta baixa ó lado da Policia Municipal.
- Con esta copia, que remitiremos a #Acouga vaise iniciar un proceso de denuncia ante a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia conformada coas reclamacións individuais d@s afectad@s.
Todos estes trámites son gratuítos.
Calquera dubida ou pregunta, podedes contactar con MOVENEDA no telefono 634 521 622.