Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Educación, cultura, patrimonio, turismo, mocidade e deportes

A laboura desta Concelleria debería ser a potenciación do desenrolo cultural do concello ofertando propostas culturais a todos os veciños, activando a participación a través de todos os canais institucionais; colaborar con todas as asociacions e grupos culturais do concello; apoiar as iniciativas e propostas dos distintos colectivos culturais do concello. Impulsa-las las bibliotecas e pontos de lectura do concello, crear e fortalecer Escolas Municipais; extender e difundir o valor cultural e turistico do concello, fornecer de actividades atractivas pra os mozos e difundir todas as actividades culturais e sociais organizadas dende esta Concellería.

Búscase facer dos centros escolares auténticos espazos de encontro e participación educativa complementarios da actividade lectiva, con programas educativos, culturais, deportivos e sociais, deseñados e programados pola cidadanía e a comunidade educativa. Promóvese a participación do profesorado, dos pais e as nais, do alumnado, do persoal non docente e a propia administración municipal nos consellos escolares, achegando os centros ao concello e viceversa e velando polo cumprimento dos dereitos de todos os sectores da comunidade educativa. representados e activos no Consello escolar municipal.

Desenvolve as súas actividades exercendo as distintas competencias que a lexislación estatal e autonómica lle asignan aos concellos no eido da educación, entre os que se atopan: o mantemento, conservación e reparación dos edificios e equipamentos escolares públicos de educación infantil e primaria, o que supón facerse cargo dos consumos de auga, teléfono, calefacción e electricidade; limpeza diaria e saneamento; conserxería e vixilancia dos centros e labores de reparación e melloras nas instalacións (carpintería, albanelería, electricidade, etc.).

A Concellería tamén se implica de forma efectiva na conciliación da vida laboral e familiar mediante o desenvolvemento de programas de actividades complementarias fóra de horario lectivo, e promove actividades extraescolares fóra de horario lectivo, durante os fins de semana e en períodos vacacionais, co obxecto de facilitar esta conciliación.

Moveneda nomea ós seus expertos para a Comisión Municipal de Memoria Histórica do Concello de Neda.

Moveneda ven de confirmar o nomeamento dos nosos expertos para a Comisión Municipal de Memoria Histórica do Concello de Neda.
Como primeiro titular propuxemos a Eliseo Fernandez, historiador e presidente do Ateneo Ferrolán. A suplente será María Teresa Pérez Grueiro, veciña de Neda e membro da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

Pola nosa parte só resta agardar a vindeira convocatoria da Comisión que quedou prevista para antes do Nadal, e que de ahí bote por fin a traballar.

Xunta: axudas para estudos universitarios no Curso 2017/18

A Xunta de Galicia ven de publicar no DOGA con data 2017-10-05 a orde para a convocatoria de axudas para estudos universitarios no Curso 2017/18 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

O enlace ao DOGA: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171005/AnuncioG0164-260917-0001_gl.pdf

Estade atentos, posto que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Biblioteca Municipal de Neda estrea páxina en Facebook

A Biblioteca Municipal de Neda estrea páxina en Facebook. Se lle damos ó Me Gusta, poderemos coñecer as novidades que van chegando ás estanterias e as actividades que programan.

https://www.facebook.com/bibliotecaneda/

Derradeira charla pola Vespa Velutina

As 13:20 horas teremos a derradeira charla e taller sobor das Vespas Velutinas coa rapazada do IES Fernando Esquío.
Imoslles levar un exemplo dos niños que construen estes bichos. Van a alucinar!

Charla e taller sobor da Vellutina no IES Fernando Esquío

Mañá, temos a segunda das charlas por mor da Vespa Velutina. Información pra que a rapazada dos colexios e o instituto colaboren no combate da praga.

- Mércores 29, 11:20, IES Fernando Esquío
- Luns 3, 13:20, IES Fernando Esquío

O Concello recoñece a nosa solicitude de anulacion

A Xunta de Goberno do Concello de Neda ven de recoñecer a nosa solicitude de anulación da Comisión Informativa de Área de Transportes, Seguridade cidadá, Protección Civil e Deportes. Dita convocatoria foi feita polo Concelleiro Antonio Seijo sen a preceptiva antelación de 48 horas.

É de agradecer que os procedimentos que regulan o funcionamento do Concello sexan o suficientemente flexibles coma para facilitar o traballo de todos os concelleiros, pero non imos transixir con prácticas que poidan dificultar a laboura de control que temos asignada por parte dos veciños.

Está eiquí: Home Grupo Municipal Areas de traballo Cultura, patrimonio, turismo, mocidade e deportes