Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Servizos sociais, solidariedade e dependencia

Novamente atopámonos cunha concelleria con disparidade de funcions e responsabilidades, xa que estas semellan  ter sido repartidas en función das cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

En MOVENEDA coidamos que as funcións idóneas deste área debera ser Servizos sociais, solidariedade e dependencia.

¿Que funcions ten a Concelleria de Sanidade?

No plano sanitario, debe ter coma propósito a mellora-la saude e calidade de vida dos veciños do concello; impulsando a prevención e a promoción da saude, cunha fime aposta polas políticas sanitarias públicas, universais e de calidade. Asimesmo debe promover a responsabilidade personal e social e a participación individual e colectiva da población na súa propia saúde e na xestion participativa dos servizos e recursos.

Os concellos apenas teñen competencias en materia de Sanidade, polo que a laboura principal da concelleria é a promoción da Salúde a partires da prevención de actitudes e comportamentos de risco, planificando accions formativas e de concienciación cidadá cara os hábitos saludables.

No plano dos Servizos Sociais consideramos que compre impulsar politicas que melloren a calidade de vida dos veciños, facendoos participes ante os problemas e necesidades dos outros.

Son necesarios planos integrais enfocados cara a aqueles sectores da poboación con problemáticas específicas: Plano de Información y Orientación laboral, Plano de Participación Social e Plano de Atención a familias en risco de pobreza. Dende os Servizos Sociais debense xestionan tamén as solicitudes de prestacións, coma a Axuda a Domicilio, Teleasistencia, a Renta Mínima de Inserción ou Residencias e Centros de Día pra os maiones.

Ábrese o prazo para solicitar axudas para libros de texto e transporte universitario

Ter fillos escolarizados nalgún centro público de Neda, cunha renda per cápita mensual inferior aos 400 euros e levar empadroado no municipio polo menos seis meses son os principais requisitos para que as familias locais poidan acceder ás axudas convocadas polo Concello para a adquisición de libros de texto e material didáctico.

Ler máis...

Arranca a campaña En negro contra as violencias,

Neste mes de outubro empezamos a campaña En negro contra as violencias, lembrando o manifesto dos concellos o pasado ano.

#ContraAsViolencias
#GaliciaEnNegro

A sanidade de Feijoo: 11 meses pra unha consulta de urxencia no Sergas

Esta é a sanidade pública de Feijoo e o Partido Popular en Vigo, 11 meses de demora e a consulta foi pedida coma preferente. O Partido Popular aplica politicas que custan vidas. Son sociopatas, son criminais.

#PorUnhaSanidadePublica
#PorUnhaSanidadeDeCalidade

Presentación da campaña #NedaEnNegro contra as violencias machistas

Como xa fixemos o ano pasado, chamamos a toda a veciñanza a unirse e participar nos actos e reivindicacions da campaña En negro contra as violencias que se van celebrar durante os vindeiros 15 días ate o 25 de novembro. Coma novidade salientable, cabe destacar que este ano o Concello de Neda tamén se une institucionalmente a esta campaña.

Se desexades participar, estade atentos porque iremos publicando as datas e horas dos diferentes actos a celebrar durante estes quince dias.

Por que #EnNegroContraAsViolencias ?

Esta campaña ten obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres. Naceu no 2015, cando o Concello de Santiago de Compostela puxo a andar a campaña de sensibilización #CompostelaEnNegro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.

A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Partindo desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, no 2016, dezaseis concellos e moitas entidades e plataformas máis uníronse para desenvolveren conxuntamente a campaña de sensibilización #EnNegro, contra as violencias, formaron parte da acción: Concello de a Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Ferrol Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Santiago de Compostela, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas.

Este ano xa somos máis de sesenta os concellos e infinidade de negocios, entidades e particulares que van situar na axenda política, con contundencia e para sempre, a loita contra as violencias machistas.

Á marxe da repercusión e impacto que poida ter esta campaña, consideramos xa de antemán como un gran éxito compartido o feito de que, por primeira vez, concellos e entidades tan diversas, de diferentes cores políticas, esteamos a traballar en rede contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia.

Poido participar individualmente?

Si, calquera pode participar na acción. Podes participar de diferentes formas: como portavoz; cubrindo de negro o teu lugar de traballo ou vivenda cara o exterior, con bandeiras ou calquera prenda de roupa negra; subindo ás redes sociais fotografías de accións que vexas pola rúa poñendo o cancelo #GaliciaEnNegro.

Xa son 43 as mulleres asasinadas este ano

Coa moza de 28 anos asasinada onte en Arona, Tenerife, xa son 43 as mulleres asasinadas este ano víctimas da violencia machista.

E o contador continuará a crecer porque os que gobernan non queren tomar medidas axeitadas e eficaces. Limítanse a poñer lacitos no Facebook e caras de compunxidos nas portas das institucións.
#MedidasXa
#QuerémonosVivas
#NinUnhaMenos

Por unha Sanidade Pública de calidade e para todos: non os recortes do Partido Popular

Por unha Sanidade Pública de calidade e para todos, é preciso mobilizarnos para impedir que caia en mans privadas. A Xunta de Galicia e o Partido Popular con Feijoo a cabeza buscan facer negocio á conta da nosa saúde. A precarización dos servizos sanitarios, cada vez máis acusada, é unha táctica para xustificar a súa privatización.

O sábado 18 de novembro ás 17hrs na Estación de tren de Compostela.

#NonADestruciónDaSanidadePúblicaGalega

Xunta: axudas para a reparación dos danos ocasionados pola vaga de lumes

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se activan as axudas para a reparación dos danos ocasionados pola vaga de lumes.

Dado que o Concello de Neda foi un dos afectados, recomendamos a todos os veciños que se consideren afectados ou damnificados que chamen á liña aberta específica e gratuíta, que estará operativa todos os días da semana, sábados e domingos incluídos, das 8.00 ás 22.00 horas.

No telefono 900 81 54 00 se ofrecerá atención especializada e asesorámento na preparación da documentación necesaria para presentar as solicitudes das diferentes liñas de axudas.

E en liña coa Xunta, o Instituto Galego de Consumo pon tamén á disposición dos veciños do Concello de Neda afectados pola vaga de lumes, un teléfono de atención gratuíto 900 231123, ou calquera das súas oficinas, para informarse do millor xeito de reclamar á súa aseguradora os danos ocasionados polo lume.

Campaña informativa do Concello: axudas ós veciños

O Concello de Neda abre estes días unha moi necesaria campaña informativa para que os veciños nos enteremos das moitas axudas ás que temos acceso, coma neste caso as Axudas á Conciliación por Maternidade e Paternidade para autónomos, pero hai máis.
Acudide ó Concello e informádevos!

Día Mundial do Cancro de Mama

Hoxe é o Día Mundial do Cancro de Mama. Queremos transmitir o noso apoio e forza ás que loitades por superar a enfermidade e tamén ós que están día a día investigando para atopar novas terapias.

E como xa dixemos outras veces, lembrade que un dos millores xeitos de loitar contra o cancro de mama e non votar a partidos que reducen o investimento en sanidade e investigacion coma o Partido Popular.

#DiaContraOCancroDeMama

86 anos do discurso de Clara Campoamor e o voto feminino.

Cumprense 86 anos do discurso de Clara Campoamor nas Cortes da II Republica. Como acontece hoxe, unha parte dos partidos politicos consideraban que era ilegal votar certas cousas ou que votase unha parte da poboacion. Daquela eran as mulleres.

"Aunque no queráis y si por acaso admitís la incapacidad femenina, votáis con la mitad de vuestro ser incapaz. Yo y todas las mujeres a quienes represento queremos votar con nuestra mitad masculina, porque no hay degeneración de sexos, porque todos somos hijos de hombre y mujer y recibimos por igual las dos partes de nuestro ser, argumento que han desarrollado los biólogos. Somos producto de dos seres; no hay incapacidad posible de vosotros a mí, ni de mí a vosotros […] Desconocer esto es negar la realidad evidente. Negadlo si queréis; sois libres de ello, pero sólo en virtud de un derecho que habéis (perdonadme la palabra, que digo sólo por su claridad y no con espíritu agresivo) detentado, porque os disteis a vosotros mismos las leyes; pero no porque tengáis un derecho natural para poner al margen a la mujer".

#ClaraCampoamor

O discurso integro eiquí: Discurso Clara Campoamor

Informacion da Comision de Area de Servizos Sociais, Igualdade e Terceira Idade de setembro

Celebrouse o pasado 7 de setembro esta comision informativa presidida pola concelleira Pena Barcia.
- O primeiro informe que presentou ia referido a apertura da Escola Infantil, cun detallado dos gastos de mobiliario e dotacións, que foron asumidos polo Concello xa que o convenio coa Xunta de Galicia ainda non foi asinado.
- Neste momento hai 14 nenos matriculados, dos cales 3 obtiveron subvención e outros 2 estan a ser avaliados, con posibilidades de que se lles conceda.
- Informouse da limpeza do centro, asignado temporalmente a un traballador autonomo de Neda por duas horas diarias.

Ler máis...

As políticas de austericidio do PP empezan a dar os seus froitos

As políticas de "austericidio" que esta a impoñer o Partido Popular empezan a dar os seus froitos. Segundo o Ministerio de Sanidade, España rexistra o número de camas máis baixo da súa historia e conta con tres hospitais públicos menos. Temos menos hospitais, mais non menos xente!

Novo asasinato machista

Ante un novo asasinato machista chamamos a saír ás rúas do noso país. O pasado domingo un maltratador asasinaba ao seu fillo de 11 anos para danar á nai, tras denuncias, ordes de afastamento e peticións de amparo á xustiza que outra vez fixo oídos xordos. O resultado: unha vítima máis do machismo. Estamos máis que fartas da violencia e de quen a ampara por acción ou omisión. Con especial gravidade a omisión do Estado que continúa a non poñer todas as medidas e medios necesarios para cortar esta lacra.
BASTA XA!

A concentración en Ferrolterra será diante do Concello de Ferrol.

#QuerémonosVivas
#FeminismoparaVivir
#NenUnhaMenos

Querémonos vivas e libres

Cantos asasinatos máis son necesarios para que se trate a violencia machista coma un problema de Estado? É imprescindible un Plan estatal contra a violencia de xénero de forma urxente, con orzamentos suficientes para levalo a cabo.
Basta xa de hipocresía! Abonda xa de poñer cara de circunstancias nas concentracións e logo recortando as partidas contra a violencia de xénero!
#QuerémonosVivas e libres
#NinUnhaMenos

Van 53 dias no ano e 13 mulleres asasinadas

2017 esta a rexistrar a maior escalada de casos de violencia machista da decada. En tan so 53 dias xa van 13 mulleres asasinadas. Nos ultimos dous dias van dous crimes e outros tres casos mais que estan a ser investigados.

Esta lacra so pode pararse se os gobernos se poñen a traballar en serio, con todos os medios, recursos legais e mecanismos do Estado. Se todos poñemos da nosa parte. Coma os medios de comunicacion, por exemplo, deixando de rebaixar a gravidade destes crimes cando falan de "muller falecida".

Pra cando? Que mais fai falla?

#StopViolenciaMachista
#QueremonosVivas

Duas novas mortes por violencia machista

Continuan os asasinatos de mulleres sen que se poñan medidas efectivas pra evitalos. Duasnovas victimas en Xátiva e Seseña.‬
#QueremonosVivas

Concentración diante do Concello de Ferrol contra a violencia machista

Onte estivemos participando na concentración en contra da violencia de xénero, co motivo do asasinato en Carballiño de Virginia V.F.
¡¡Agardemos que esta sexa a última¡¡

Está eiquí: Home Grupo Municipal Areas de traballo Servizos sociais, solidariedade e dependencia