Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Economia, facenda, comercio, industria e emprego

En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia. 

¿Por que propoñemos unir Economía e Facenda con Industria e Emprego?

En MOVENEDA coidamos que son eidos comúns e que o xeito óptimo pra levar a cabo politicas coordinadas e integrais pasa por ter as competencias unificadas. Por elo, pensamos que mellor tería sido unir todas as competencias económicas nunha soa Concellería de Economía, Facenda, Industria e Emprego

Que competencias ten a Concellería de Industria e Emprego?

Esta concellería ten o cometido o facilita-la inserción laboral dos veciños en situación de desemprego, especialmente aqueles colectivos con maior indice de paro coma mozos, mulleres, maiores de 45 años, persoas con discapacidade ou parados de longa duración. Os veciños de Neda deberían poder desenrolar actividades profesionais no seu propio concello, en igualdade de oportunidades, o que repercutirá no progreso socioeconómico de Neda.

¿Que competencias ten a Concellería de Economia e Facenda?

A Concellería de Economía, Facenda ocúpase dos Presupostos e as Contas, de dictaminar sobor de asuntos e a administración dos ben municipais; a percepción da renta; a recadación dos impostos e a aplicación do xeito mais util pra os veciños dos fondos municipais. O responsable de goberno municipal e os concelleiros da oposición adscritos á Comision Delegara de Area, interveñen no estudo e dictame na sanción do Cálculo de Recursos e Presupuesto de Gastos (presupostos municipais) segundo o referido no artigo 34 do Decreto – Ley N° 6769/58. Dictaminan tamén no exame das contas do concello (Art. 65 Decreto Ley N° 6769/58) e intervendrán co seu asesoramento na contratación de prestamos (Art 46 do Decreto – Ley N° 6769/58).

Alegacións contra a modificación do presuposto (Percepcions cargos electos)

Escrito de alegacións presentado contra a modificación do presuposto que regula as percepcións por asistencias a plenos e comisións d@s concelleir@s do Concello de NEDA por consideralas excesivas.

Está eiquí: Home Economía, facenda, industria, comercio e emprego