Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Obras e servizos

Concelleiro: Angel García (PSOE)
Comision informativa de area:
Obras e servizos
Calendario da comision: 1º martes do mes ás 12:00
Asistentes na comision:
Roberto Rey (PP), Antonio Seijo (Grupo Mixto)
MOVENEDA Concelleiro neste area:
Carlos Caaveiro

Que competencias ten a Concellería de Obras e servizos?

Entre as súas tarefas están a totalidade de actuacións e mantementos do concello: edificios municipais, colexios públicos, escolas infantís e rurais así coma os parques e xardíns. Tamén é a encarregada do control da infraestructura urbana e vial; das redes de suministro electrico, auga, gas e saneamento así coma da recollida do lixo; áreas recreativas, mobiliario urbano, etc.. Ademáis, esta concelleria debe prestarel apoio loxístico ó resto das concellerias.

Martes 7, Comision de Area de Obras Servizos, Parques e Xardins

O vindeiro martes dia de marzo celebrarase a Comision de Area de Obras Servizos, Parques e Xardins, presidida por Angel G. Cordero. O representante de Moveneda sera Carlos Caaveiro.

Os veciños con asuntos de interese que desexen señan presentados nesta comision, que se poñan en contacto no email de Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., contactando con calquera dos seus concelleiros: Juan Carlos Pita ou Carlos Caaveiro ou no buzon de Moveneda na Casa do Concello de Neda

 

A Deputación financia un proxecto pra eliminar os verquidos de Neda a Ria

Ten por obxetivo a eliminacion dos verquidos na zona da estación e na ribeira de Neda, afectando directamente as augas da ría de Ferrol. A Deputación de A Coruña destina 67.449 euros a este proxecto que pasa pola perforacion horizontal dun pozo pra pasar un novo colector baixo as vias do tren.

Ainda son visibles os efectos do temporal

Varios dias despois do temporal, ainda son visibles os efectos e destrozos causados no Concello de Neda. Estradas coma a AC125 e a parroquia da Cobeluda xa levan cinco días sen iluminacion pública. No casco urbán, tamén se atopan puntos sen alumeado no Regueiro e a Rua da Estación.

Por elo, MOVENEDA rexistrouo oficialmente no Concello comunicación das queixas veciñais. Os nosos concelleiros estarán atentos a que se vaian levando a cabo as tarefas necesarias pra voltas as incidencias á normalidade.

A Cobeluda, tres dias sen alumeado publico tras o temporal

#Moveneda mete polo rexistro do Concello de Neda o aviso enviado polos veciños tras botar tres dias xa sen iluminacion na parroquia da #Cobeluda.

Despois do temporal deste pasado fin de semana, tamen se atopan zonas sen alumeado publico no dende o Regueiro ate a Rua da Estacion.

Comunicamos os veciños que no caso de atopar zonas co alumeado publico apagado o comuniquen o concello no telefono da Concelleria de Obras, Servizos, Parques e Xardíns: 981 380 039 ou por email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Este martes, Comisión de Área de obras e servizos

O vindeiro martes, 4 de outubro, as 12:30 horas, terá lugar a reunión da Comisión de Área de Obras e Servizos. O noso representante alí será o concelleiro Carlos Caaveiro.

Se algún veciño ten algún asunto competencia desta comision de area que desexe lle seña trasladado ao concelleiro Angel Garcia Cordero, pode facerllo chegar a directamente a Carlos Caaveiro vía email facendo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.ou polas canles de MOVENEDA nas redes sociais.

Pra mais información sobor desta Área, a sua Concellería responsable e a súa actividade, podedes visitar a súa sección na nosa web: Área de Obras e Servizos

Está eiquí: Home Obras e servizos