Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Urbanismo, Obras e Servizos

En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

MOVENEDA atopa mais razoable unificar na Concelleria de Urbanismo tamen as competencias de Obras e Servizos.

Que competencias ten a Concellería de Urbanismo?

Correspondelle a dirección, inspección e control de toda a actividade de xestión e execución pra garantir que toda actuación se fai conforme á ordeación do territorio e urbanística. Ten tamén as seguintes funcións: tramitación de licencias de obra, de primera ocupación, renovación, segregación, etc..., certificados urbanísticos, calificacions territoriais, certificados de Escritura Pública (parcelas de subasta), certificados de alineacions e rasantes, disciplina urbanística, alegacions e recursos, denuncias de particulares, proxectos de obras municipais, xestión desubvencions.. etc.

Que competencias ten a Concellería de Obras e servizos?

Entre as súas tarefas están a totalidade de actuaciones e mantenimentos do concello: edificios municipales, colexios públicos, escolas infantís e rurais, parques e xardíns. Tamén é a encarregada do control da infraestructura urbana e vial; das redes de suministro electrico, auga, gas e saneamento así coma da recollida do lixo.

MOVENEDA OFRECE UN GOBERNO CON CONCIENCIA ECOLÓXICA.

Os traballos de limpeza do río #Basteiro volven a facerse cunha carencia total de criterio e conciencia ecolóxica.

Se realizaron labouras de eliminación da vexetación no curso baixo do Basteiro xusto cando nos atopamos en plena tempada reproductora de diferentes especies de aves acuáticas.

Similar desfeita xa aconteceu o ano pasado no entorno do paseo marítimo. Os responsables destas actuacións parecen empecinados en escoller precisamente o momento mais delicado para moita da fauna existente, posto que a vexetación nestes humidais xoga un papel imprescindible como refuxo e zona de aniñamento.

Necesitamos un goberno con conciencia ecolóxica que non permita que se arrase a fauna do Basteiro.

Un goberno de #MOVENEDA terá plena conciencia ecoloxica e non permitirá este tipo de actuacións salvaxes. Pensamos que un dos meirandes valores do Concello de Neda é a súa natureza e debe ser respetada, protexida e promocionada como se merece.

Con Moveneda, #AsCousasDoutroXeito

Seguimos sen dar eliminado as barreiras arquitectónicas

Un claro exemplo dos atrancos que podemos atopar polas aceras do Concello. Neste caso é na zona de Xuvia e varios veciños nos alertaron do seu estado, ademais de ser un perigo polo desnivel, a arqueta que recolle a auga está atascada e convirte a rampa nunha pista deslizante.

MOVENEDA xa presentara unha proposta para incluir nos orzamentos de 2017 unha partida de 40.000€ para a eliminación de barreiras arquitectónicas. Se aprobou, pero finalmente o grupo de goberno cambiou para o reasfaltado das rúas do casco urbano de Neda.

Se prometeu que se iría facendo unha eliminación progresiva destas barreiras, pero que na práctica quedou nunhas insuficientes 2 ou 3 actuacións.

Estado da NON limpeza na zona da ribeira na Ostreira-Puntal.

Publicamos hoxe este vídeo para que poidades comprobar o estado no que se atopa a zona da ribeira comprendida entre a vía do tren e o Pazo da Merced.

No mes de maio, e xunto coa Asociacion de Buceo Medioambiental los Delfines, solicitamos a colaboración do Concello para organizar con voluntariado unha xornada de limpeza na ribeira. Pedíamoslle que aportara os materiais necesarios para a súa realización.
Negousenos esa colaboración alegando que se ía a proceder á limpeza mediante a subvención que a Deputación Provincial da Coruña establece para limpeza de praias nos meses do verán. Estes traballos, adxudicados por uns 6.500€ aprox, consistirían na limpeza inicial das zonas da Ostreira, Cascal e Puntal, e logo a limpeza periódica da aréa da praia do Puntal.
No pleno do mes de setembro, celebrado o día 25/9/2017, e despois de inspeccionar a zona, os veciños de Moveneda sacamos o tema para incidir en que o único do que tiñamos constancia que se fixera, fora o desbroce dunha franxa duns 2 metros de alto e 250-300 m de longo na praia do Puntal, así como a limpeza das beiras da pista que baixa ao peirao. Preguntamos se xa remataran os traballos e quenes eran os responsables do control dos mesmos. A este punto o Alcalde nos contestou que xa se fixeran traballos de limpeza e que ademáis a tempada de verán aínda non rematara e se estaba en prazo de facela.

Pois ben, pasado máis dun mes do remate do verán, con este vídeo queremos denunciar que non se cumpríu o contrato. Isto é un feito constatable, e á vista está o estado no que segue atopándose a zona. Podedes comparalo coas fotos previas (publicadas no seguinte post https://www.facebook.com/moveneda/posts/1777395242557824 ) feitas no mes de maio deste ano e outras máis do mes de setembro, e decidir por vós mesm@s, se considerades axeitados os traballos de limpeza realizados.

Aclaración sobre o contrato de limpeza da ribeira de Neda

Ante algunha información que di que cando solicitamos a colaboración do Concello de Neda para a xornada de limpeza xa estaban contratados os traballos, agora publicamos as referencias que aparecen en actas de Xunta de Goberno que desmostran que a solicitude foi feita case 2 meses antes da contratación dos mesmos.

  • 24/04/2017: Acta da Xunta de Goberno na que se comunica que a Deputación aprobou provisionalmente a concesión dunha axuda de 6.768 € (enviada aos concelleiros de Moveneda o 05/05/2017)
  • 24/05/2017: A Asociación Medioambiental Delfines xunto a Moveneda, presenta no Concello a proposta para facer a limpeza da ribeira, solicitando a colaboración do Concello.
  • 29/05/2017: Acta da Xunta de Goberno na que se comunica a aprobación definitiva da Deputación, da concesión da subvención. Se acorda denegar a colaboración solicitada por Moveneda e AM Delfines, e se acorda iniciar o expediente de contratación do servizo de limpeza e di textualmente:

Dáse conta que consonte á memoria que serviu de base a solicitude desta axuda a actividade a desenvolver comprende a realización das seguintes actuacións nas praias da Ostreira, Cascal e Puntal, durante 3 meses, coincidindo co verán deste ano, unha primeira retirada de obxectos depositados pola marea durante as anteriores estacións, para posteriormente acometer as tarefas de acondicionamento e limpeza diaria dos areais...

(enviada aos concelleiros de Moveneda o 09/06/2017)

  • 16/06/2017: Acta da Xunta de Goberno na que se adxudica o contrato por 6.655 €.

En resumo:

  1. Moveneda e a Asociación Medioambiental Delfines, solicitamos a colaboración do concello para facer a limpeza o 24/04/2017, é dicir, case 2 meses antes de que se adxudicaran os traballos (16/06/2017).
  2. Por qué nos queixamos desde Moveneda?. Polo incumprimento do contrato adxudicado. De feito, do único que temos constancia é do desbroce da franxa de 250-300 m no areal do Puntal e, probablemente, o desbroce das baixadas ao peirao desde a vía do tren.
    Sen embargo, nin se removeu a herba que nace no areal do Puntal, nin se limparon os obxectos depositados dende hai meses, tal e como atestiguan as fotos que temos de antes do 24/04/2017 e despois en outubro de 2017.

Temos constancia de que, a pesar de non ter feito os traballos según o disposto no contrato, fixéronse 3 pagos por importes cada un de 2.218,32€ en xullo, agosto e setembro (total 6.654,96 €).

Conclusión:
Non se fixo por parte do concello un seguimento e control dos traballos contratados, polo que consideramos que non se deberon de pagar a totalidade dos 6.655 €, senón tan solo á parte correspondente aos traballos realmente realizados.

Fotos da NON limpeza da ribeira maio vs setembro de 2017

Fotos do estado da ribeira nos meses de maio e setembro de 2017 e outras do día 25/10/2017.

Limpeza de fincas en Pazos e Fabrica do Monte

Felicitamos ó goberno tripartito do Concello de Neda por conseguir que outras administracións públicas e outros entes fagan a limpeza das súas fincas, cousa á que, igual que o resto de persoas, están obligadas por lei.
Isto ven á palestra porque hai varios meses, e a petición dos veciños destas fincas, que MOVENEDA solicitou ó Concello de Neda que instase tanto ó Ministerio de Defensa, propietario das terras colindantes cos depósitos de auga nos Pazos, como a AUDASA, propietaria dos terreos da entrada do túnel da AP-9 na Fábrica do Monte, para que mantiveran estas fincas en bo estado de conservación xa que estaban totalmente desatendidas, é dicir, a monte.
Se hai un tempo era AUDASA, despois de manter algunha reunión tanto co Concello como coa veciñanza afectada, a que limpaba a franxa exterior da verxa que bordea a boca do túnel, estes días estase a proceder a limpar os terreos contiguos ós depósitos de auga do canal nos Pazos.
O dito, aínda que con un pouco máis de tardanza da esperada, vanse facendo limpezas e mantemento que a todas luces eran necesarias.

Axudemos o Concello: identifica onde fan falla traballos de limpeza e mantemento.

Veciños e veciñas! Pedimosvos outra vez a vosa colaboración.
A idea e axudar ó Concello de Neda a elaborar unha lista de rúas onde nos, os propios veciños, consideremos que é necesaria unha limpeza en sumidoiros, arquetas, alcantarillas ou conduccións de augas da choiva, antes de que o inverno cree problemas. Enviade, por favor, unha foto, o nome da rúa e unha descripción do problema, ó noso Facebook ou ó noso email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Difundide e compartide! Grazas!

O concello non acomete traballos preventivos xa solicitados dende marzo

Tras queixas dos veciños, en Marzo, MOVENEDA meteu por rexistro no Concello unha solicitude para a limpeza das arquetas e alcantarillas da rúa Rio Belelle e as paralelas. En setembro nos atopamos que o estado das mesmas segue igual.

Interpelado no pleno do lunes pasado o Concelleiro de Obras e Servizos o Sr. García Cordero nos contesta o seguinte:

- "Se estan limpiando. [ ] En Rio Belelle no hay ninguna que no funcione. [ ] Se fueron mirar. [ ] No hay ninguna que esté como la fotografía."

Podedes ver e escoitar a pregunta de Carlos Caaveiro, concelleiro de Moveneda e a resposta no video (Minuto 36:45)

É certo que a cuadrilla de operarios do Concello estan a facer moi boas e intensivas labouras de reparacións e mantementos. Pero neste caso pensamos que o concelleiro Cordero equivocouse ou estaba mal informado.

Coma podedes comprobar nas fotos, o estado da alcantarilla O MESMO LUNS do Pleno non corresponde có afirmado por parte do Goberno Tripartito. Para que non haxa dúbidas, ontes voltamos a sacar a foto cunha irrefutable proba da fecha na que foi sacada. O estado é identico dende Marzo. E isto acontece tamén en outras rúas do concello, coma a Avenida de Alxeciras (3 ultimas fotos), onde tamén atopamos alcantarillas tupidas sen limpar.

O que pedimos dende MOVENEDA e:

  • PLANIFICACION deste tipo de traballos periódicos: desbroces, limpezas e mantementos preventivos.
  • VERIFICACION de que estes traballos se fan correctamente e nun tempo axeitado, especialmente cando son contratos con empresas de servizos.

Maquinaria de limpeza de rúas, por onde anda?

VECIÑOS e VECIÑAS!
Precisamos de axuda.
No Pleno de hoxe, e coma resposta a unha pregunta de Moveneda, o Concello afirma que a máquina da foto limpa habitualmente as nosas rúas.

Alguen a viu funcionar? Por onde?
Difundide e compartide, a ver se algún a da atopado.
Grazas pola vosa colaboración.

Novidades sobor das reclamación polo corte de servizo

O pasado día 29 de maio MOVENEDA, acompañados dos representantes de Acouga Consumidores E Usuarios (ACOUGA), levou a cabo, na Casa das Palmeiras, unha reunión de afectados polo corte de servizo teléfonico sufrido en varias zonas do Concello de Neda. Nesa xuntanza nos explicaron, ós máis de 60 veciños e veciñas alí presentes, o proceso para reclamar ante o Instituto Galego de Consumo as compensacións e indemnizacións por esta inadmisible e intolerable interrupción do servizo por un período, nunha gran parte dos casos, duns 15 días.

#ACOUGA, pola súa banda, vai presentar unha denuncia ante a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia en contra da compañía telefónica á que acompañan as reclamacións individuais que, a día de hoxe, son xa máis de 100.

Nos vindeiros días procederemos a devolver a todos os veciños e veciñas a copia da súa reclamación que nos fixeron chegar; xunto con esta entregaremos unha folla explicativa de cómo vai a continuar o proceso de reclamación e os pasos a seguir. Así mesmo valoraremos a necesidade de convocar unha nova xuntanza coa presencia dos membros de ACOUGA.

A FEMP lanza as mesnas propostas contra a despoboacion que o Goberno Triupartito de Neda lle rexeitou a MOVENDA

O xornal La Voz de Galicia faise eco da alerta que a Federacion Española de Municipios lanza ante a despoboacion. O artigo da Voz, recolle algunhas das propostas e ideas, tales como a mellora da conexión a Internet no rural e os plans de rehabilitación de vivendas, da FEMP que Moveneda xa propuxo na moción presentada no pleno de Marzo e que foron rexeitadas polo goberno Tripartito do Concello de Neda, na súa estratexia do non polo non e sen presentar alternativas de calado.

Los alcaldes alertan de la inviabilidad de muchos municipios por su despoblación

Presentan, ante «el problema de Estado» de la demografía, 79 ideas para frenarlo
Decenas de ayuntamientos de toda España corren el peligro de desaparecer y muchos otros de quedarse sin estratos generacionales suficientes para mantener su estructura económica y social. Alcaldes de toda España, a través de la Federación de Municipios y Provincias (FEMP), acaban de lanzar un grito de alerta ante la crisis demográfica, que advierten ya «es un problema de Estado» que llevará a la «inviabilidad a buena parte de los municipios rurales a corto y medio plazo».

Establecer objetivos demográficos evaluables cada año tiene que ser una práctica presente en todas las Administraciones, a juicio de los alcaldes, que requieren que las diputaciones pasen a ser garantes de la prestación de servicios en las zonas con menos capacidad. Al igual que la Xunta reclama otro modelo de financiación autonómica que tenga en cuenta el envejecimiento de la población y el encarecimiento de los servicios que conlleva ese escenario, los ayuntamientos piden que el Estado no solo reparta sus fondos según el volumen de habitantes de cada localidad, sino que emplee criterios especiales de financiación a los que pierdan habitantes para que puedan pagar los servicios públicos a los residentes.

Dar incentivos económicos y de carrera a los funcionarios que fijen su residencia en zonas rurales; bonificaciones y deducciones especiales en impuestos y cotizaciones a los que creen empleo en enclaves de menos de 5.000 habitantes, o en el IRPF a sus nuevos pobladores; incrementar los incentivos para favorecer el relevo generacional en las explotaciones agropecuarias, o establecer apoyos al turismo rural son algunas de las medidas planteadas en el ámbito económico.

Garantizar el acceso a la educación a los menores de 3 años; planes de acogida a los inmigrantes; descentralizar recursos asistenciales públicos; reducir la brecha digital llevando la alta velocidad de datos a los pueblos o revisar los modelos de transporte público son cuestiones básicas y que fijan población, así como captar viviendas vacías o abordar planes de rehabilitación. Ayudas a la natalidad o bonificaciones especiales por hijos para familias en el rural completan el menú planteado por la FEMP contra la crisis demográfica.

Os desbroces outra vez tarde, mal e a rastro

O 5 de Maio a Voz de Galicia publicou unha nota de prensa onde Moveneda denunciaba o retraso, por terceiro ano consecutivo, das tarefas de desbroce e limpeza de camiños no Concello de Neda.
O goberno tripartito saíu apresuradamente o día seguinte nos medios anunciando a licitación destes traballos pra Xuño e Xullo. Isto so pode reafirmar a nosa denuncia: os desbroces faranse outra vez tarde, en pleno mes de seca e con alto risco de incendio.
A ver se pra 2018!

O Partido Popular volvese anarquista e expropiara casas

O Grupo Municipal Populares NEDA lleva uns días enchendo o seu Facebook con multiples ocorrencias nunha ofensiva publicitaria tan intensa como escasas son as súas propostas pra Neda.
Pero hoxe resulta particularmente cómico que os tradicionais valedores da "propiedade privada" adianten pola esquerda a anarquistas e comunistas e propoñan a expropiación de vivendas abandoadas.
O que debería facer o Partido Popular de Galicia e pagarlle dereitos de autor ó BNG e a Anxo Quintana, que xa en 2008 fixera esta mesma proposta.
O curioso é que daquela o PP saíu en tromba a criticala.

A coherencia e PartidoPopular son termos antagónicos.

Nota de prensa o rente do retraso nos desbroces dos camiños

A La Voz de Galicia publica hoxe unha Nota de Prensa de Moveneda ó respecto das tarefas de desbroce no Concello de Neda.

A nota enviada foi a seguinte:

"Desbroces:
No ano 2015 a limpeza e desbroce dos camiños no Concello de Neda retrasouse máis aló do final do verán porque o goberno tripartito estaba recén chegado e precisaba de tempo pra poñerse ó día. En 2016 a limpeza tamén se retrasou máis do que era prudente por diferenzas coa empresa encargada, polos criterios no contrato ou no alcance e extensión dos traballos.

#MOVENEDA considera que pra esta terceira campaña de limpeza preventiva, e co alto risco de incendio que apuntan as condicións meteorolóxicas, non caben máis excusas, por iso, pra este ano 2017 agardamos que se fagan os traballos no tempo e prazo axeitados.
E xa vai sendo hora, porque, noutros concellos, como o de San Sadurniño, xa teñen os traballos ben avanzados. (Ver fotografía adxunta)".

A limpeza de camiños, outra vez tarde

En 2015 a limpeza e desbroce dos camiños no Concello de Neda retrasouse porque o goberno tripartito estaba recén chegado e necesitaba tempo pra poñerse ó día. En 2016 a limpeza retrasouse por cousas da empresa, polo contrato, por esto ou por estoutro. Pra este ano 2017 agardamos que se faga no tempo e prazo axeitados.

Porque, mentres, en outros concellos como San Sadurniño, xa teñen os traballos ben avanzados.

Xeira informativa en Vilaba sobor da xestion publica da auga

O venres 17 asistimos en Vilalba, convidados polos compañeiros de VilalbaAberta a charla que nos ofreceu Rafa Sisto, alcalde de Teo, sobor do asunto da xestion publica da auga. Una interesante acto no que Sisto nos contou a sua experiencia e os positivos resultados economicos e de servizo tras conquerir a remunicipalizacion e que os veciños de volvan ter o control do servizo de augas.

Solicitudes impulsadas polos veciños, por rexistro no Concello

O concelleiro Juan Carlos Pita ven de presentar por rexisto no Concello de Neda varias solicitudes impulsadas polos veciños. Primeiro, o corte dunha arbore seca en Liñares que ameaza con caer sobre a via. E a arbore a que amarraron o cable de telefonos descolgado que segue sen ser amañado dende o temporal de hai 15 dias.
O segundo escrito solicita que o Concello se poña en contacto con Audasa e lle esixa limpeza das suas parcelas por riba do tunel do Sartego. O terceiro solicita a limpeza da canle de auga dos Pazos.

Barreiras arquitectonicas de Padron; unha si, outras non.

Os concelleiros de Moveneda xa criticaron en varios plenos que os mais de 40.000€ de presuposto de 2016 pra eliminacion de barreiras arquitectonicas non se gastaron. Tamen que seguimos sen coñecer o famoso informe de barreiras elaborado pola Policia Local.
Seica pra compensar, o Concello de Neda esta a obrar un rebaixe de beirarua na entrada ao adro da iglesia.
Xa que esta cerca, o Concello pode aproveitar e eliminar outra barreira arquitectonica se move o deposito de aceite usado pra detras da vaia coma se leva reclamando dende hai meses.
#BeirraruasAccesiblesXa

Obras pra a eliminacion de barreiras arquitectonicas

Os concelleiros de Moveneda xa criticaron en varios plenos que os mais de 40.000€ de presuposto de 2016 pra eliminacion de Barreiras Arquitectonicas non se gastaron. Tamen que seguimos sen coñecer o famoso informe de barreiras elaborado pola Policia Local.
Seica pra compensar, o Concello de Neda esta a obrar un rebaixe de beirarua na entrada ao adro da iglesia. Xa que esta cerca, o Concello pode aproveitar e eliminar outra barreira arquitectonica se move o deposito de aceite usado pra detras da vaia coma se leva reclamando dende hai meses.
Beirraruas accesibles Xa!

77 dias pra amañar unha farola

Parabens o Concello de Neda, xa que so tardaron 77 dias en reparar esta farola, que foi danada tras o dragado do cauce do rio. A primeira foto circulou o 25 de novembro 2016. Logo outra foto da farola deitada no rio foi enviada ao Grupo de Whatsapp de Avisos do Concello o pasado mercores 8 de febreiro.

Dende MOVENEDA coidamos que estas dilacions nas pequenas reparacions e mantementos poden evitarse en gran medida se nos, os propios veciños, trasladamos rapidamente os avisos o Concello por canles reguladas e de sinxelo acceso. Non serve un wasap nin dicirllo a un concelleiro. O primeiro non e un procedimento regulamentado e o segundo e o un paso cara a ese caciquismo de baixa intensidade do "xa cho amaño eu".

Os avisos deben canalizarse polo Rexistro de Entrada do Concello.

Derrube no solar do antigo matadoiro

O concelleiro de MOVENEDA Juan Carlos Pita ven de rexistrar hoxe a maña unha comunicacion o Concello de Neda polo derrube da ribeira no solar do antigo matadoiro. Ontes a tarde detectouse que o ribazo cedera caendo sobre o cauce. A beirarua semella esta tamen a ceder coa farola anexa.

Ante o risco que representa, pregase non achegarse moito ate que a zona seña debidamente acotada.

Comenzou a retirada da valla de ESHOR

Despois de largos anos, de protestas veciñais e de moitos escritos, o Concello de Neda conseguiu que a empresa #ESHOR dea comezo aos traballos de retirada da sua fallida obra no Paseo.

Moveneda
congratulase de que se poida recuperar un espazo público e manterá a sua preocupación para que esa importante fachada do noso concello teña un bo aspecto, e quede en condicións axeitadas.

Derrubo da nave do matadoiro

O pasado xoves dia 5 de xaneiro, o Concello de Neda procedeu o derrubo da antiga nave do matadoiro, que levaba meses con perigo de desplome, como asi avisou en reiteradas ocasions o concelleiro Juan Carlos Pita. Durante as operacions caeron cascarllos ao rio, que foron logo retirados.

Do mesmo xeito, procedeuse a limpeza do cauce do Basteiro, de cara a aliviar as consecuencias das enchentes por mor das choivas coma aconteceu en anos pasados.

Limpeza do Rio Basteiro

O Concello de Neda acometeu no de novembro obras de limpeza do cauce do Río Basteiro. Unha pala fixo extracción de materiais do cauce e as beiras.

Dende MOVENEDA pensamos que era moi necesaria a reordenacion do cauce de cara a evitar as inundacións de anos pasados, pero coidamos que un goberno municipal verdadeiramente responsable debe acometer este tipo de traballos dende unha perspectiva máis global. É necesario un plan integral a vários anos vista, que actue eliminando os tapóns en certas partes do río, coma os canos vellos inutilizados e as pontes estreitas; que respecte o valor ecoloxico e a función natural do río; que reodene a paisaxe e poña en valor a zona; con rutas ben sinalizadas e un paisaxismo adecuado que sirvan como atraintes pra os visitantes e veciños.

Agardamos que coa chegada do "informe do técnico que encargou o concello", vexamos todos estes puntos concretados nun documento real que poidamos usar todos os grupos municipais pra acordar as necesarias accións a longo prazo.

Dende MOVENEDA rexeitamos as políticas curtoplacista de tapar furados que esta a levar a cabo este goberno tripartito e apostamos por consensuar entre todos os veciños politicas globais a longo prazo.

Está eiquí: Home Urbanismo, Obras e Servizos