Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Plenos

Informacion dos plenos, convocatorias, actas, mocions, intervencions, rogos, preguntas, propostas dos veciños e grabacións en videos dos plenos...

Primeiro pleno da lexislatura 2019-2023

No día de mañá, sábado 15 de xuño, ás 11:00h, vaise celebrar o pleno de investidura e toma de posesión dos concelleiros. O acto marcará o inicio da lexislatura 2019-2023.

A reducción a un concelleiro fai que Moveneda perda a condicion de Grupo Municipal propio e pase a formar parte do Grupo Mixto.

Fieis ó noso espírito de fomentar a participación e a información dos veciños na vida política do Concello, vos convidamos a asistir ó acto.

PlenoExtraordinario do Concello de Neda celebrado o pasado lúns 2019-04-29.

 Este Pleno tivo dous puntos da orde do día: Unha Modificación de Crédito e o sorteo das mesas electoráis para a xornada de votación das vindeiras Municipais2019.

A Modificacion de Credito a propuxo o Goberno Municipal porque o Concello de Neda ven de gañar un xuicio contra o BBVA España por mor dun credito que firmou o anterior alcalde Ignacio Cabezón, e que contiña unha cláusula tóxica, polo que se pagaba un recargo do 25% en caso de amortizacion anticipada.
No pleno, o Partido Popular de Neda e o seu candidato Ignacio Cabezon foi incapaz de asumir o erro e as responsabilidades por ter asinado este credito lesivo para o concello e botoulle as culpas os tecnicos e funcionarios municipais.

A preguntas de MOVENEDA (Minuto 1:40 https://youtu.be/h7mTcmRUUY0?t=578), Angel Alvariño recoñeceu que o pago inmediato de 235.000€ do credito vai disminuir a capacidade de inversion do concello para este ano. Outro regalo envenado do pp ao Concello de Neda.

O segundo punto foi o sorteo dos compoñentes das mesas electorais para as vin deiras eleccions municipais. Pódese ver a partires do minuto 9:40 (https://youtu.be/h7mTcmRUUY0?t=578)

O video esta cortado, suprimindo os tempos de espera mentres se producia o sorteo das mesas nas dependencias dos funcionarios.

Pleno Extraordinario, luns 29 de abril

Xa no pleno do Concello de Neda. Primeiro punto: modificación extraordinaria de crédito por mor da sentencia que anula un crédito co BBVA. O Grupo Municipal Populares de NEDA vota en contra da súa propia xestión e recoñece que a contratación por parte do goberno de Ignacio Cabezón dun crédito con clausulas tóxicas foi un erro.

Pleno Extraordinario, o vindeiro luns 29 de abril

Mañá luns dia 29 ás 12:00 terá lugar o Pleno Extraordinario do Concello de Neda na que se procederá ao sorteo das mesas electorais para as eleccións municipais de maio.
Así mesmo vaise tratar a modificación de crédito necesaria para proceder á cancelación do "crédito estrela" de 580.000€ asinado na época de Ignacio Cabezón e que un xulgado acaba de anular que legalmente se coñece por "error vicio", pero que básicamente é un producto bancario  tóxico similar ás "preferentes", desgrazadamente moi coñecidas por moitas persoas.

Convocatoria Pleno Ordinario para o 1 de abril

Mañá luns dia 1 de abril ás 10:00 h, celebrase un dos últimos plenos desta lexislatura no Concello de Neda. Nel se vai proceder ó sorteo dos integrantes das mesas para estes procesos electorais nos que andamos inmersos.

Se queredes que traslademos algunha pregunta ó grupo municipal, podedes enviarnola por email ou chamando por tlfno. E lembrade que os plenos son abertos, polo que vos convidamos a asistir.

Pleno Ordinario o vindeiro luns 1 de abril, as 10:00h

Mañá luns dia 1 de abril ás 10:00 h, celebrase un dos últimos plenos desta lexislatura no Concello de Neda.
Nel se vai proceder ó sorteo dos integrantes das mesas para estes procesos electorais nos que andamos inmersos.
Se queredes que traslademos algunha pregunta ó grupo municipal, podedes enviarnola por email ou chamando por tlfno.E lembrade que os plenos son abertos, polo que vos convidamos a asistir.

Video do Pleno Ordinario do 22 de outubro

Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado 22 de outubro de 2018. Neste pleno se deu aprobacion as proposta de adxudicacion das licitacions dos contratos de limpeza de edificios e locais municipais. Tamen o contrato do servizo de Axuda no Fogar.

Tamén se votaron varias mocións. Entre elas unha do BNG en apoio as persoas encausadas pola protesta no Pazo de Meiras.

Neste pleno, o Alcalde Alvariño non vetou as mocións de MOVENEDA, como aconteceu no anterior pleno. Debatironse e votaronse as seguintes:

- Moción presentada anteriormente, en concreto en marzo de 2017 e que estaba pendente de votación, para a modificación da ordenanza número 8 para dotar o Concello de Neda de ferramentas legais para cobrarlle un imposto as empresas electricas polo uso do dominio público. O PSOE, o PP e CG (Antonio Seijo) votaron en contra, o BNG abstivose. Deste xeito, estes grupos políticos prefiren que Neda quede atrás no proceso que seguen concellos como o de Naron ou o de Arteixo (gobernado polo PP) que xa teñen estas ferramentas e que permiten recaudar impostos a estas empresas e asi aliviar os que nos cargan os veciños.
A quen defenden o PSOE e o PP, as electricas ou á veciñanza?

A outra moción debatida foi a da defensa do sistema público de pensións. Esta moción foi presentada pola asamblea comarcal da Plataforma Estatal de Defensa das Pensións Públicas, e MOVENEDA asumíu a súa defensa. PP e PSOE volveron a poñerse dacordo para rexeitala.

A terceira moción de MOVENEDA pedía que nos procesos de contratación do Concello se incluisen nas valoracións de ofertas criterios sociais, medioambianentais, etc e non só se valore o factor prezo. Entre outras cousas pediamos que se valorase positivamente que as empresas licitadoras tivesen maioria de contratos fixos, maioria de contratos a tempo completo, que cumplisen a paridade de xénero, que non tivesen despidos improcedentes ou non contratasen a traves de ETTs. Todo medidas para protexer ao persoal das mesmas, que en definitiva son tamén parte da veciñanza do Concello.
Tamen pediamos que se valorase positivamente nos procesos de contratacion cuestions medioambientais, e mesmo que as empresas estiveses dotadas e aplicasen procedimentos de normalizacion linguistica.

PP e PSOE votaron en contra.

ROGOS E PREGUNTAS

Por ultimo no turno de rogos e preguntas, MOVENEDA volveu a facer a laboura de control democratico da accion de goberno con una bateria de preguntas e cuestions, toda vez que este tripartito segue a incumplir o acordado e non celebra as Comisións Informativas de Area, boicoteando a normal laboura de control  da oposicion (da que traballa.)

No turno de interpelacións dos veciños a corporacion houbo duas interveción destacadas.
Dous veciños denunciaron a situacion da Agrupacion Parroquial, onde supostamente houbo un desfalco de cartos e acusacions cruzadas.

Tamen unha veciña interpelou o alcalde pedindo explicacións por no ser atendida en galego polos funcionarios do Concello. As desculpas e o compromiso do Alcalde de aclarar e corrixir o asunto, voaron polos aires coa intervención fóra de tono da Tenente de Alcalde Ana Rosa Pena, que chegou incluso a acusar á veciña de mentir, tal e como se recolle no vídeo.

O pleno do veto antidemocrático - Xullo de 2018

Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado luns 30 de xullo de 2018.

Neste pleno, e por primeira vez na lexislatura, vetouse polo Alcalde o feito de que MOVENEDA presentase tres mocións para o seu debate e votación no mesmo dun xeito antidemocrático, autoritario e, ao ser un acto dictado como unha potestade discrecional, sin que o Alcalde motivara esta decisión. Membros do seu propio partido teñen calificado feitos similares, cando son eles os que sufren, como "actitudes absolutistas e caciquiles".

Tratábase dun pleno ordinario, as mocións presentaronse como no resto da lexislatura antes da comisión previa ao pleno, polo que o veto conxunto de PSOE, PP, BNG e CG só pode entenderse dentro da estratexia de torpedeo e de dificultar a laboura de participación e control que MOVENEDA exerce de xeito lexitimo.



Xa metidos no contido do pleno, destacamos que se aprobaron as licitacións dos contratos do Servizo de Limpeza de de edificios e locais municipais, do mantemento do pavillon deportivo e instalacións anexas.
Minuto 3:00

Ler máis...

Video do Pleno Ordinario do Concello Neda, 2018-05-28

Publicamos o video do ultimo pleno ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado  2018-05-28 Pleno Ordinario Concello Neda

Os puntos debatidos foron:

  • Aprobación da acta anterior.
  • Dacion en conta dos decretos da Alcaldía.
  • Rectificacion anual do inventario municipal de ben e dereitos.

Xa como temas de mais calado:

  • Aprobacion da Ordenanza Municipal de axudas á rehabilitación de vivendas no casco antigo de Neda
  • Adhesion o Protocolo de actuacion da Xunta e a FEGAMP para fomento de creacion de empresas.
  • Modificacion da Ordenanza Nº1 sobre bens inmobles IBI
  • Modificacion da Ordenanza Nº3 do imposto de contruccions ICIO
  • Modificacion da Ordenanza Nº14 do imposto de actividades economicas IAE
  • Modificacion da Ordenanza Nº16 das taxas de utilizacion de pavillon e ximnasio municipal, escolas deportivas e culturais e sauna.

E por ultimo tivo lugar o turno de Rogos e Preguntas, no que os veciños, a traveso dos concelleiros de MOVENEDA, exercimos a necesaria laboura de control democrático da accion de goberno.

Convocatoria de Plenor Ordinario para o vindeiro 28 de maio

Nos foi comunicada a convocatoria do Pleno Ordinario do mes de maio para o luns día 28 ás 12:00 h. Aparte dos cambios en algunhas das ordenanzas municipais, teremos sesion de Rogos e Preguntas nos que exerceremos a laboura de control democratico do goberno municipal.

2018-04-08 Pleno Ordinario do Concello de Neda (Aprobación Presupostos)

Publicamos o pleno ordinario do Concello de Neda correspondente ó 8 de abril de 2018, referido á aprobación dos presupostos municipais do exercicio 2018.

Queremos pedirvos desculpas por tardar catro meses en publicar o video. A grabación orixinal ocupa máis de 2,5Gb en tres cachos tivemos bastantes problemas técnicos para unilos e subilo.
Grazas pola vosa comprensión.

PlenoOrdinario do Concello de Neda, celebrado o pasado 2017-11-27.

Publicamos o video completo do PlenoOrdinario do Concello de Neda, celebrado o pasado 2017-11-27.

Dende o minuto 53 ( https://youtu.be/dcLjjRxh9aQ?t=3170 ) podedes ver a intervención dos concelleiros de MOVENEDA.

Antes xa presentamos 2 mocións que foron aprobadas, a primeira instando á Xunta de Galicia á derogación da Lei de Fomento de Medidas Empresariais e a segunda instando ao Concello á redación dunha Ordenanza de Protección Animal e Convivencia co gallo da recente aprobación da Lei de Benestar Animal.

O turno de Rogos e Preguntas foi usado coma Sesión Informativa e de Control ó Goberno toda vez que este tripartito ven de reducir as convocatorias de Comisións Informativas de Área o que dificulta o traballo da oposición e torpedea o máis básico funcionamento democrático da institución municipal.

PlenoOrdinario do Concello de Neda

Pleno Ordinario no Concello de Neda. Tan só 13 veciños no público. Verifícase que o cambio dos horarios dos plenos imposto polo tripartito esta a perxudicar gravemente a participación dos veciños na vida politica do Concello.

Nin PSOE nin BNG nin CG (Antonio Seijo) queren transparencia.

Video do Pleno ordinario de setembrode 2017: retirada do titulo de Alcalde Honoraio a Franco

Publicamos o video do Pleno Ordinario celebrado no Concello de Neda esta pasado luns dia 25 de setembro. Un dos asuntos importantes que se tratou nel foi a mocion do BNG acerca do Pazo de Meiras e a retirada do titulo de Alcalde Honorario de Neda que ate o de agora ostantaba o dictador Francisco Franco.

No turno de Rogos e Preguntas os concelleiros de Moveneda interpelaron os membros do goberno tripartito acerca de do control do cumplimento dos contratos de servizos coma desbroces e limpeza.

Video do Pleno ordinario de xullo de 2017

Para todos aqueles que non podedes asistir ós plenos, sobor de todo tras do cambio de horarios, publicamos o video grabado no Pleno Ordinario celebrado o pasado 31 de xullo de 2017.

Vos lembramos que mañá día 25 de setembro está convocado o seguinte Pleno, on de se vai discutir unha mocion sobor do Pazo de Meirás, entre outros temas.

Pleno Ordinario de setembro, este luns 25 ás 12 da mañá

O Concello de Neda convoca o Pleno Ordinario do mes de setembro para este luns día 25 ás 12 da mañá.
Coma sempre, e convencidos de que os veciños temos moito que dicir na vida política do noso concello, vos animamos a asistir e a participar na sección de Rogos e Preguntas.

Antes debateranse dous puntos interesantes, o establecemento dos festivos municipais pra 2018 e unha moción do BNG sobor do Pazo de Meirás.

Comparte e difunde!

Pleno de 2017-05-29 - Debate de orzamentos 2017

Vos deixamos o interesante video do pleno pleno ordianrio do pasado maio (2017-05-29) onde se discutiron os Orzamentos Municipais do anos 2017.

Pleno ordinario de 2017-03-27, moción das eléctricas, moción medidas a prol de novos empadroamentos e declaración de apoio ao IES Castro da Uz.

Publicamos o video dun dos plenos mais interesantes da lexislatura. E un video longo, mais de hora e media, pero pensamos que paga a pena que vexades por vos mesmos que defende cada grupo.

Moveneda propuxo pra discusión e votación dúas mocións e unha proposta de acordo e declaración institucional. A primeira das mocións versaba sobre impoñer unha taxa as empresas eléctricas polo uso do espazo público. A segunda moción contiña unha serie de propostas de medidas pra favorecer o asentamento de novas poboación no Concello. A proposta de Declaracion Intitucional pedía o apoio do Pleno e do Concello ao IES Castro da Uz de As Pontes, no que a Xunta de Galicia suprimiu un ciclo de Bacharelato.

Aorde do día do pleno era a seguinte:

  • Aprobación da acta anterior.
  • Dación en conta dos decretos da alcaldía
  • Aceptación da cesion de un camiño en Liñares
  • Aceptación da cesion de un camiño en Bernés
  • Moción do PSOE relativa a distribucion dos recursos da Xunta aos concellos con criterios obxectivos e transparentes
  • Moción de MOVENEDA pra modificar a ordenanza fiscal Nº 8. Taxa as eléctricas.
  • Moción de MOVENEDA relativa ó fomento de empadroamento de persoas no Concello
  • Declaración Institucional de aopio ao Concello de As Pontes e o IES Castro da Uz
  • Rogos e preguntas

Deu comezo o pleno ordinario, sigue a actividade no noso twitter

Deu comezo o Pleno Ordinario no Concello de Neda. Moveneda propon declaracion de apoio o concello de As Concello de As Pontes e o IES Castro da Uz e contra da pretension da Xunta de Galicia de pechar un ciclo formativo de Bacharelato.

Convocado pleno ordinario pra o vindeiro luns 27 de marzo

O Concello de Neda ven de convocar pleno ordinario. Lembrade que mudaron as datas habituais dos xoves pola tarde, e que éste será o luns día 27 ás 12:00h.

Moveneda presentará a votación dúas mocións. A primeira pra que o Concello poida cobrar impostos ás empresas eléctricas e enerxéticas polo uso do espazo público. A segunda, busca implantar medidas concretas pra fomentar o empadroamento de nova poboación en Neda.

Tamén presentamos unha proposta de declaración institucional de solidariedade co Concello de As Pontes e o IES Castro da Uz contra da pretensión da Xunta de Galicia de eliminar o Ciclo de Bacharelato de Humanidades. Pensamos que as forzas políticas deben posicionarse e poñerse no caso de que esta manobra da Xunta contra a educación pública fora no noso Concello.

Tamén presentamos unha proposta de declaración institucional de solidariedade co Concello de As Pontes e o IES Castro de Uz ante a pretensión da Xunta de Galicia de eliminar o Ciclo de Bacharelato de Humanidades. Pensamos que as forzas políticas deben posicionarse e poñerse no caso de que esta manobra da Xunta contra a educación pública fora no noso Concello.

Coma sempre haberá turno de rogos e preguntas, no que os veciños poderemos exercer directamente o noso dereito ao control do goberno municipal, polo que vos invitamos a que acudades e plantexedes alí as preguntas e asuntos que consideredes de importancia.

Dende Moveneda xa manifestamos anteriormente a nosa postura contra do cambio do horario dos plenos as tardes dos xoves ós luns pola mañá. Coidamos que é unha manobra do goberno tripartito pra dificultar a asistencia de veciños coma público ós plenos e que así haxa menos testigos dos debates e temas que alí se tratan. Por elo, agora máis que nunca vos convidamos a facer o esforzo de asistir.

 

Video do Pleno Extraordinario do 16 de febreiro de 2017, aprobacion do POS+

Publicamos a grabacion que MOVENEDA fixo durante a celebracion do Pleno Extraordinario que tivo lugar o 16 de febreiro de 2017 as 9 da maña. O pleno foi convocado de urxencia por mor da aprobacion do POS+, as inversions financiadas pola Deputacion.

MOVENEDA fixo notar que estas convocatorias apresuradas, as veces sen poñer a disposicion dos concelleiros a preceptiva documentacion, ou entregada con moi pouco tempo pra ser analizada, impiden o efectivo control democratico ao goberno municipal.

Sorprendeu moito que o grupo do Partido Popular de Neda tivesen tempo de presentar unha mocion tempo antes de ter sido notificada a convocatoria do pleno. O concelleiro de MOVENDA Juan Carlos Pita fixo notar e advertiu que todos os grupos deben xogar coas mesmas cartas xa que "deu a impresion de que outros grupos sabian de anteman que se iba a convocar este pleno" e lles deu tempo a presentar mocions.

Pola sua parte, a concelleira do goberno tripartito polo BNG, Cristina Bouza, presentou unha mocion a prol das actividades e celebracions da figura de Rosalia de Castro.

E por ultimo, non nos cansamos de esixir ao goberno tripartito que poña os medios necesarios para que as grabacions e publicacion dos videos dos plenos señan efectuadas de oficio polo Concello de Neda.

Video do pleno ordinario celebrado o pasado 26 de xaneiro de 2017

Publicamos a grabacion que MOVENEDA fixo durante a celebracion do Pleno Ordinario que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2017

En aras de mellorar a transparencia,a calidade democratica e a participacion consciente dos veciños nos asuntos que nos concernen, MOVENEDA segue a esixir ao goberno tripartito que poña os medios necesarios para que estas grabacions señan efectuadas de oficio polo polo Concello de Neda, maxime cando a corporacion ven de mudar a data e horas dos plenos pra os luns as 12 da maña (cada dous meses), coa conseguinte imposibilidade pra moitos veciños pra asistir os plenos.

Pleno Extraordinario o xoves 16 de febreiro

O Goberno tripartito ven de convocar dun xeito sorprendentemente apresurado un Pleno Extraordinario Urxente que se vai celebrar o vindeiro xoves día 16-02-2017 ás 09:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Neda. O motivo e a aprobacion das obra propostas pra incluir no POS+, obras a financiar pola Deputacion Provincial.

Publicamos o video do pleno ordinario celebrado o 24 de novembro de 2016

Na nosa liña politica de maxima transparencia e que os veciños teñamos acceso a toda a información do que acontece na Casa do Concello, publicamos o video que grabamos no Pleno Ordinario celebrado o dia 24 de novembro de 2016. Podedes ver outros videos na nosa canle de Youtube: Moveneda TV

Aclaracion

Pra respostar a pregunta que alguns nos fixechedes, temos que sinalar que MOVENEDA publica os videos doa plenos so despois de que a acta do pleno seña aprobada no pleno seguinte, pra non interferir na laboura do Secretario Municipal que e o que elabora a acta oficial. Por iso imos publicando os videos cun retraso de dous meses.

A orde completa do dia queda foi coma segue:

  • Aprobacion da acta anterior do pleno dos 2016-09-29
  • Toma de posesion de Cristina Bouza
  • Dacion en conta de decretos da alcaldia
  • Creacion de un ficheiro de datos de caracter persoal pra o servizo de avisos do Concello por Whatsap
  • Nomeamento do representante no Consello escolar do CEIP de Maciñeira
  • Nomeamento do representante no Consello escolar do CEIP de San Isidro
  • Mocion de MOVENEDA sobor da mellora na estrada AC-121
  • Declaracion institucional sobor do deposito de neumaticos usados da RUBBER en Fene
  • Informe sobor do regulamento de participacon cidada
  • Adhesion do concello a Asociacion de Concellos do Camiña Ingles
  • Dacion en conta de reparos de Intervencion
  • Dacion en conta dos periodos de pago e morosidade media do exercicio 2016

 Ademais tivo lugar a rolda de Rogos e Preguntas, onde os veciños efectuar directamente a laboura de control dos cargos electos.

Ler máis...

Está eiquí: Home Plenos