Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Boletín MOVENEDA

Novo Boletin MOVENEDA, quentiño do forno...

Alá van xa as primeiras roladas do novo Boletin MOVENEDA. Estes días recibiredes xa os primeiros nos vosos buzóns os que vivides polo casco de Neda...
... e desta vez van con grapa, coma os xornais serios, por dúas armas secretas que temos: a grapadora nova e sobre todo a Teresa e a súa cuadrilla de axudantes, que fixeron un curro enorme. A eles, grazas!

Ultimo reparto do segundo numero do Boletin MOVENEDA

Quente do forno (ben, da fotocopiadora) a ultima rolada deste numero no noso #Boletin Informativo. Despois deste reparto poñemonos xa a elaborar o seguinte numero.

Presentacion do Boletin MOVENEDA e da nosa web moveneda.org

No dia de ontes tivo lugar na Casa das Palmeiras do acto de presentación do Número 2 do Boletin Informativo MOVENEDA, a publicacion periodica coa que tentamos de informar á veciñanza do que acontece na Casa do Concello e da nosa actividade politica. Falaron Juan Carlos Pita e Carlos Caaveiro, quen recentemente tomou posesion do cargo de concelleiro sustituindo nestas labouras a Leticia Iglesias.

Asimesmo aproveitamo-lo acto pra presentar a nosa nova ferramenta, a paxina web www.moveneda.org, unha nova canle coa que espallar a comunicacion e fomentar a actividade e participacion da veciñanza no goberno do concello. Alvaro Seco presentou as caracteristicas principais da web entre as que destacou as ferramentas para que os veciños aportemos propostas e enviemos informacion.

Ler máis...

2016-09-15 Presentacion do Boletin MOVENEDA numero 2 e nova páxina web moveneda.org

Este vindeiro xoves 15 de setembro terá lugar a presentacion do Número 2 do Boletin MOVENEDA, a publicación coa que MOVENEDA tenta informar os veciños do que acontece na Casa do Concello. O acto celebrarase na CasaDasPalmeiras ás 20:00 horas da tarde.

No mesmo acto tamén presentaremos a nova páxina web www.moveneda.org, unha ferramenta que agardamos nos permita comunicar e compartir informacion de xeito máis efectivo.

E xa pra rematar, aproveitaremos o acto pra a presentacion oficial do novo concelleiro de MOVENEDA, Carlos Caaveiro, que tomou posesion recentemente tras da renuncia de Leticia Iglesias.

Accion municipal e proxecto politico

A actuacion politica a nivel municipal ten dous planos: a xestion, mantemento e ampliacion dos servizos aos veciños e outro plano importante, mais puramente politico, como e a planificacion do futuro do concello. Porque se alguen chega ao goberno dun concello coa unica intencion de mirar so pola faroliña, por tapar a fochanca ou asfaltar unha pista, enton estamos a falar dun goberno tecnocratico, de xestores e tecnicos que fan disto a sua actividade profesional.

A responsabilidade politica e democratica (goberno da multitude, do pobo) pasa sen excusas por ter un proxecto politico de futuro pra o concello. Pasa tamen por compartilo, debatilo, por convencer e chegar a un grande acordo cos veciños e outras forzas politicas. E pasa, ao fin, por planificar e levar a cabo actuacions ao longo prazo para ir cumplindo ese proxecto.

Cando conquerimos botar do goberno municipal ao Partido Popular, alguns pensabamos, quizais inocentemente, que por fin ian mudar algunhas cousas en Neda. Pensabamos que un partido que disque e de esquerdas, socialista e obreiro, ia plantexar un proxecto de futuro pra un concello que esta en grave risco de entrar en barrera, porque debemos lembar que si Neda baixa de 5000 habitantes, sofriremos una importantisima merma no presuposto municipal.

Un ano despois da entrada do PSOE (e socios) no goberno municipal, MOVENEDA lamentablemente non aprecia ningun movimento nin proposta clara que aposte pola potenciacion do concello, da sua actividade economica e social. Nada que aposte polo futuro. E o tempo corre. Corre rapido.

Auditando o concello: As obras do pavillón

Como xa deixamos claro no pasado boletín e nas asembleas veciñais que levamos feito durante e despois das eleccións, os integrantes do grupo MOVENEDA, decidimos non entrar a formar parte do goberno actual, composto por PSOE, BNG e CG.

Unha das razóns fundamentais foi o rexeitamento destes partidos a facer unha auditoría do estado no que o PP (e anteriormente Terra Galega) deixou ao Concello de Neda, tanto nas contas como na xestión.

A pesar de non estar no goberno, os nosos dous concelleiros seguen a traballar para conseguir, na medida das posibilidades que permite estar na oposición, “auditar” o estado do concello e informar disto a toda a veciñanza de Neda. Neste sentido, xa nos atopamos con varias “xoias”, pero neste caso nos gustaría falar dunha delas que deixou “boquabertos” a aqueles que acudiron ao pleno do pasado mes de marzo.

Ler máis...

Talleres contra a vespa velutina nos colexios

Como todos sabedes Moveneda presentou, no pleno celebrado o día 21 de Xaneiro de 2016, unha moción sobre a vespa velutina na que se pedía que se diran unhas charlas informativas tanto nos colexios coma no instituto e, sorprendidos ante a pouca disposición amosada polo grupo de goberno municipal para levalas a cabo, MOVENEDA decidíu poñerse en contacto cos tres centros de ensinanza do Concello para dar nos mesmos estas charlas ós rapaces e conciencialos da amenaza que supón o avance desta praga e as súas consecuencias.

Deste xeito o pasado 27 de abril tivo lugar a primeira destas charlas-taller no colexio San Isidro para a rapazada de 5º e 6º de primaria. Compartíronse coñecementos para que os nenos saiban identificar estes insectos e para que apliquen medidas de seguridade básicas se atopan un niño ou un especimen.

Xa na parte do taller, os rapaces sorprenderon a mais de un coa sua habilidade para a construción de varios modelos de trampas, coa intencion de capturar e eliminar vespas velutinas. O día 20 de Xuño tivo lugar a segunda charla-taller no Instituto Fernando Esquío, na que estivemos cos rapaces de 1o e 2o de ESO.

Dende Moveneda queremos dar as grazas ós responsables destes dous centros educativos pola boa acollida da nosa proposta que pensamos que é unha experiencia enriquecedora para todas as partes, profesorado, rapaces e os compañeiros que impartiron o taller. No que respecta ó colexio Maciñeira, esperamos levar a cabo a charla-taller o vindeiro ano xa que este ano tiñan o calendario ocupado.

Prezo da electricidade: que no te mintan

No pleno do 17 de setembro, no debate da Mocion de apoio á ILP Contra a Pobreza Enerxetica que presentou MOVENEDA, o concelleiro do PP, Ignacio Cabezón, non tivo empacho en mentir ao afirmar que o seu partido baixou o prezo da electricidade.  Contra esta  burda intoxicación que extende o PP, nada coma ir ós papeis.

Se collemos as facturas dende o ano 2009, comprobamos que o prezo do kilowatio pasou de 0,1148€ a 0,1606€. Unha suba do 39,72%. Se só miramos no cuatrienio nefasto de gobernos populares, o prezo pasou de 0,1481€ ate os 0,1603€. Unha suba do 8,26%. Neste 2015 a suba acumulada é dun 3,39%. Ademais, nas nosas facturas aparece outro concepto: a potencia contratada. Pois ben, nas miñas facturas, o prezo deste “servizo” pasou de 0,0563€/kw/dia en 2009 ate os 0,1218€/kw/dia. Unha suba do 116,12% en seis anos. Outra vez, se miramos só no cuatrienio negro de goberno pepeiro, a suba é dun 60,13% pasando de 0,0760€/kw ate os 0,1218€/kw actuais. En resumo: o Partido Popular MINTE e Ignacio Cabezon MINTEU nunha intervencion en pleno.

Ler máis...

Para cando un Museo do Pan en Neda?

¿Por qué se necesita un museo así no noso concello? Neda é a terra do pan. O ven sendo dende hai séculos; dende que os nosos muíños e fornos abastecían de “galleta” á armada española e de pan á cidade de Ferrol, ata hoxe, que seguemos a ser un referente de pan de calidade.

Ler máis...

Auditoría de contas

A auditoria da débeda é unha necesidade sen excusas dende o momento que o propio gobernó local recoñece ignorar moitas das operaciones realizadas pola anterior corporación.

Ler máis...

Está eiquí: Home Informacion Boletín MOVENEDA