Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Concello e outras

Informacion e fomento da transparencia de contas do Concello, forzas politicas, presupostos, contratos, ofertas...

Total de custes da lexislatura no concello de Neda

Publicamos hoxe o total de gastos que se teñen xenerado no que vai de lexislatura, incluindo desglosados desde o ano 2015 ata decembro de 2018. Nestes gastos van incluídas as percepcions dos nosos concelleiros pola asistencia a plenos e comisións informativas. As cantidades relativas a Comisión Delegados de Área, só son percibidas polos 7 membros do grupo do goberno (PSOE/BNG/CG). Se queredes ver o desglose mais polo miudo, das percepcións dos Concelleiros de MOVENEDA desplazate ata o apartado correspondente ao noso grupo.

  2015 2016 2017 2018  
Total Corporación Sesións Total Sesións Total Sesións Total Sesións Total Total Lexisl
                   
Plenos 5 8439 7 11814,6 6 10126,8 6 10.126,80 40.507,20 €
Comisiones delegados de área 24 30024 49 61299 48 60048 49 61.299,00 212.670,00 €
Comisiones informativas 15 2790 36 6696 10 1860 6 1116 12.462,00 €
Com. Inf. Asuntos Pleno 5 1162,5 7 1627,5 6 1395 6 1395 5.580,00 €
Com. Inf. de Urbanismo 1 232,5 1 232,5 1 232,5     697,50 €
Com. Inf. de contas     1 232,5 1 232,5 1 232,5 697,50 €
    41485,5   80274,6   72499,8   72.774,30 272.614,20 €

Asignacions municipais a concelleiros e grupos municipais da oposicion.

O Concello de Neda asigna varias partidas aos concelleir@s e aos grupos municipais. As percepcións que cada concelleir@ da oposición son as seguintes:

  • Asistencia Plenos Ordindarios (1 pleno cada 2 meses): 116 € (Total plenos anual: 116 x 6 = 696 €)
  • Asistencia comisións informativas mensuais (excepto verán): 46,50 €. Dependerá do número de comisións das que forme parte. No caso de MOVENEDA, en principio, cada un d@s nos@s concelleir@ asistirá mensualmente a 4 o que supón uns 186 € (Total comisións informativas ao ano 186 x 10= 1860 €)

Polo tanto a media mensual quedaría nuns 213 €, facendo un Total anual de 1860+696= 2556 €

Como grupo político municipal se percibe unha cantidade mensual de 246 € (anual 2952 €), que se liquida trimestralmente, e que está pensada para que os distintos grupos afronten os gastos de funcionamento: copias, telefono, internet. En total, e por poñer un exemplo, o custe total anual MOVENEDA será duns 5.500 € aprox.

Está eiquí: Home Concello