Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Moveneda

Últimos días para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Últimos días para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, así como as subvencións para custear os gastos de transporte para estudantes universitarios/as ou de Formación Profesional. Se estás interesado/a en pedir as axudas convocadas polo Concello de Neda podes descargar os formularios da web municipal. O prazo conclúe o día 20 de outubro.

Deixar gobernar ou non, esa é a cuestión

Durante a campaña electoral das municipais de 2019 un veciño dixonos que non ía votar por nós porque non deixabamos gobernar ao goberno municipal, que nese momento estaba composto polo PSOE e BNG

Isto nos fixo reflexionar acerca de si o que estivemos facendo durante os 4 anos anteriores era correcto. Nesta revisión do traballo feito, comprobamos que a nosa principal función foi informarnos do que se estaba a facer no concello, asistindo ás reunións as que se nos convocaba; vixiamos as contas para ver en que se gastaban os cartos; avisamos aos concelleiros correspondentes daquelas cousas que considerabamos importantes para o concello e transmitimos as queixas da veciñanza para tratar de buscarlles solucións.

Ler máis...

O Concello adxudica o servizo de atención na Biblioteca e Arquivo por 21.507,20 euros anuais

O Concello de Neda asinou un novo contrato para a xestión auxiliar do servizo de Biblioteca Municipal e arquivo documental. Un servizo que prestará a empresa EULEN, Centro Especial de Emprego, por espazo dun ano.

O concello pagará á EULEN (onde traballa a irmá de Nuñez Feijoo) un total de 21.507,20 euros ao ano. Pola súa banda EULEN ven de solicitar traballadores en diversos portais de emprego e oferta un salario de 10.000 a 14.000 euros BRUTOS anuais. Isto quere dicir que o bibliotecario de Neda cobrara moito menos mensualmente por 40 horas semanis de traballo que os concelleiros pola asistencia as reunions.

O goberno de Alvariño promove o emprego precario e mal pagado. Unha vergoña

Deixar gobernar ou non, esa é a cuestión

Durante a campaña electoral das municipais de 2019 un veciño dixonos que non ía votar por nós porque non deixabamos gobernar ao goberno municipal, que nese momento estaba composto polo PSOE e BNG.

Isto nos fixo reflexionar acerca de si o que estivemos facendo durante os 4 anos anteriores era correcto. Nesta revisión do traballo feito, comprobamos que a nosa principal función foi informarnos do que se estaba a facer no concello, asistindo ás reunións as que se nos convocaba; vixiamos as contas para ver en que se gastaban os cartos; avisamos aos concelleiros correspondentes daquelas cousas que considerabamos importantes para o concello e transmitimos as queixas da veciñanza para tratar de buscarlles solucións.

Ler máis...

Puntualizacións sobre o anuncio do Concello de Neda á praza ofertada para a biblioteca municipal

Esta semana saíu publicada a adxudicación do contrato para cubrir a praza vacante da Biblioteca  de Neda. Este concurso foi gañado pola empresa GRUPO EULEN CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO, cunha oferta de 21.500€.

Agora vemos en varios portais de emprego o anuncio para cubrir esta praza destinada a persoas cunha discapacidade dun 33% e por un #salario BRUTO ANUAL entre 10.000 e 14.000 €, en xornada partida de 31 a 40 h semanais, o que supón un salario similar ao que cobran os concelleiros do PSOE pola asistencia ás 4 reunións mensuais de delegados de área.

Esta empresa vai levar como mínimo 7.500 € deses cartos, que deberían ir á nómina integra da persoa que faga ese traballo, porque a contratación de persoas con discapacidade ten bonificacións nas súas cotizacións á seguridade social.

Na anterior lexislatura MOVENEDA presentou unha proposta, que foi rexeitada, para incluír claúsulas nestas licitacións para que o persoal que traballe para o concello a través de empresas privadas, o faga en condicións dignas e ben pagadas, como se fora persoal propio do Concello.

Non é ético que o goberno municipal do partidoque di ser solicialista e obreiro siga adiante con este tipo de prácticas, Con este tipo de contratación o goberno do PSOE no Concello de Neda segue a contribuír a precarización e explotación laboral dos traballadores en Neda. Unha vergoña.

Moveneda e Somos Cabanas súmanse ó novo Consello de Forzas Locais

O novo municipalismo galego está en marcha, unha trintena de colectivos municipalistas de toda Galicia veñen de crear unha nova organización cooperativa para facer fronte a novos retos, no que xa se denomina a Declaración de Touro. Na comarca de Ferrolterra intégranse as agrupacións de Moveneda e Somos Cabanas, que terán cadanseu posto no novo consello de forzas locais. A organización está aberta a novas adhesións.

Ler máis...

Inicio de curso sen medios e sen preparacion

Este primeiro día de clases, pais, nais, profesores e alumnado evidenciaron a imposibilidade física de cumplir as normas de seguridade dictadas pola Xunta de Galicia e a súa Conselleria de Educación. As normas son necesarias pero moito máis é dotar ós colexios e institutos de profesores e medios.

O que tamén se evidenciou foi a pasividade e falta de previsión da concelleira de educación e do resto do goberno municipal de Neda, que foi incapaz de por en marcha o Consello Escolar Municipal, como lle reclama MOVENEDA dende hai meses. O Consello Escolar Municipal é un órgano composto por xente de moitos ámbitos que, pola súa diversidade, podería aportar #propostas e #solucións e que ten moita máis forza  para reclamar medidas ante a Xunta que unha foto nas redes sociais do concello.

Goberno central, Xunta de Galicia e o Concello de Neda tiveron seis meses para preparar unha volta as aulas ben planificada e con medios. Ninguén cumpliu coas súas obligacións.

O goberno de Neda prefire defender a ABANCA e nos os veciños

votando, xunta co PP, en contra da moción presentada por Moveneda en relación ás comisións abusivas que ABANCA  cargou nas contas dos veciños.

Non é primeira vez que o goberno de Angel Alvariño actua deste xeito. Basta recordar o caso da avaría de teléfono do ano 2017, que afectou a 200 familias do municipio. Daquela, o goberno municipal, primeiro dixo que non podia facer nada. Logo, cando os veciños nos organizamos para esixir os nosos dereitos, pasou a adoptar unha falsa actitude de intermediario con MOVISTAR no lugar de apoiar as mais que xustas reclamacións da veciñanza. Agardamos que, tal como acontecera coa reclamación do servizo telefónico, desta vez se volva facer xustiza.

Moitos clientes de ABANCA xa están a reclamar de xeito exitoso a devolución das comisións. Para iso hai que presentar na oficina do banco o modelo de reclamación que podes descargar eiquí

Se tedes algunha dificultade o precisades axuda o calquera aclaración, contactade con nos por correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono de MOVENEDA: 634 521 622

MOVENEDA PROPÓN UN PLAN DE REACTIVACION E RESCATE SOCIAL URXENTE

Esta pendente a aprobación do Orzamento 2020 para este ano. Sen non se reforma, non vai ser válido para afrontar a realidade. Estamos nunha situación excepcional que require de medidas excepcionais. Isto fai necesario modificar o orzamento para ter recursos. Segundo o goberno municipal, están as contas #saneadas, polo tanto, entendemos que non hai impedimento algún para mudar os criterios de investimentos e gastos. É o momento do RESCATE SOCIAL de veciños, autónomos e empresas. O concello pode e debe dar resposta á emerxencia social e económica que estamos a vivir.


Dende MOVENEDA propoñemos un primeiro plan, que ciframos nuns 200.000 euros.

  1. Liberación inmediata de 35.000€, reducindo a partida das retribucións dos membos do goberno municipal, anulando a suba do 25% aprobada no ano pasado.
  2. BONOS DE EMERXENCIA (de ata 200€/mes), para compras en alimentación, medicamentos, alugueiro/hipoteca de vivenda habitual, pago de recibos de electricidade e gas.... a persoas que viran reducidos considerablemente os seus ingresos.
  3. Acabar co FENDA DIXITAL, mediante BONOS para cubrir os gastos derivados da cota de internet e dotando de EQUIPOS INFORMATICOS ós alumnado de familias con ingresos reducidos.
  4. Servizo municipal de ASESORAMENTO individualizado á veciñanza para tramitar outras axudas complementarias doutras administracións (autónomos, parados, empregados/as do fogar, ERTE s ´ ...)
  5. Medidas de apoio á agricultura, gandería, pesca e marisqueo, como crear canles para que os productores locais achegen o seu productos o consumidor. Elaborar unha listaxe dos produtores locais que se queiran participar nesta iniciativa e darlle publicidade mediante un bando informativo e a páxina web do concello.
  6. REDUCIR o IBI das explotacións gandeiras/agrícolas nun 95%.
  7. Exención ou rebaixa dos impostos municipais deste ano, e se a situación se mantén, do ano 2021, para aquelas persoas e empresas que viran reducidos considerablemente os seus ingresos económicos.
  8. SUBVENCIÓNS DIRECTAS 1.050€ cando a actividade se reducira nun 75% e 525€ para os que sufriron reduccion entre o 50% e ó 75%.
  9. APOIO á HOSTELERÍA e o COMERCIO: BONIFICACIÓN do 100% do IBI do establecemento, se é en propiedade ou ós arrendadoress de locais comerciais que condonasen o alugueiro.
  10. Bonificación da taxa do LIXO.
  11. Habilitar ASESORAMENTO especializado para tramitar outras axudas provinciais, autonomicas ou estatais que se poidan habilitar de aquí en diante.

MOVENEDA ven de rexistrar no concello a proposta para discutila coas demais forzas politicas e levala ó vindeiro Pleno do Concello de Neda

 

Municipais2019 - Calendario de actos electorais de MOVENEDA

Publicamos a lista de actos electorais nesta campaña #Municipais2019. Achegádevos a algún deles a coñecer e debater as propostas.

#votaMOVENEDA

 

Municipais2019 - Juan Carlos Pita, candidato á alcaldía

Para gobernar mirando polo interese de todos, e non o duns poucos, Vota Moveneda
Juan Carlos Pita, candidato á alcaldía.

Programa para un goberno de MOVENEDA, #UnGobernoParaTodos

Publicamos o noso programa de goberno, co titulo de #UnGobernoParaTodos. Un resumo dos puntos que imos propoñer os veciños e as outras forzas politicas para traballar nos vindeiros catro anos.

Podes descargalo fai click no seguinte enlace: UnGobernoParaTodos
ou copia este enlace no teu navegador:

http://www.moveneda.org/www/ficheros/PropostasParaUnGobernoDeMOVENEDA_2019.pdf

Tamén estará dispoñible en Facebook e outras redes sociais. Se queres unha copia impresa, contacta con nos e farémoste chegar unha. Grazas.

MOVENEDA OFRECE UN GOBERNO CON CONCIENCIA ECOLÓXICA.

Os traballos de limpeza do río #Basteiro volven a facerse cunha carencia total de criterio e conciencia ecolóxica.

Se realizaron labouras de eliminación da vexetación no curso baixo do Basteiro xusto cando nos atopamos en plena tempada reproductora de diferentes especies de aves acuáticas.

Similar desfeita xa aconteceu o ano pasado no entorno do paseo marítimo. Os responsables destas actuacións parecen empecinados en escoller precisamente o momento mais delicado para moita da fauna existente, posto que a vexetación nestes humidais xoga un papel imprescindible como refuxo e zona de aniñamento.

Necesitamos un goberno con conciencia ecolóxica que non permita que se arrase a fauna do Basteiro.

Un goberno de #MOVENEDA terá plena conciencia ecoloxica e non permitirá este tipo de actuacións salvaxes. Pensamos que un dos meirandes valores do Concello de Neda é a súa natureza e debe ser respetada, protexida e promocionada como se merece.

Con Moveneda, #AsCousasDoutroXeito

MANIFESTO POLITICO 2019 – CONSTRUIR FUTURO

QUEN SOMOS?

MOVENEDA é unha agrupacion de veciños comúns que promove a participación democrática, directa e asamblearia. Nos organizamos libre e independentemente. Non estamos sometidos a disciplina nin obediencia a partidos. Non temos presións de bancos, empresas ou outros intereses inconfesables. Só rendemos contas ante os demais veciños de Neda.

MOVENEDA recolle o testigo da Agrupacion Democratica Independente, aquela primeira candidatura electoral, que no ano 1979 e despois de 40 anos de dictadura, tivo a valentía de reivindicar e recuperar a participacion democratica de todos no Concello.

Pensamos que os veciños podemos e debemos participar de xeito directo e consciente nas decisions de goberno e no futuro de Neda. Ese é o noso proposito principal: fomentar a información e a implicación de todos na xestión do concello. Porque Neda é da xente.

POR QUÉ MOVENEDA?

En 2015 víñamos de oito años escuros. O nivel era moi baixo, con unha xestion desastrosa e moitas carencias democráticas. A oposicion tampouco era millor porque non fixo un control axeitado do goberno. Pensabamos que un cámbio de persoas e de estilo na corporación ía traer unha radical millora no concello. Pero nos equivocamos.

O goberno do pacto Tripartito fixo o mesmo de sempre: andar os biosbardos os tres primeiros anos, botar balons fora e, de repente, ruxe-ruxe de obras e de actividade. Febre de publicidade e autobombo meses antes das eleccions. É a vella e eficaz formula do caciqueo galego. E o fan porque que funciona. Porque temos a memoria moi curta. Porque con tal de ter algo, nos contentamos con pouco.

Ler máis...

Primeiro acto de da campaña Municipais 2019, na Escola do Pouso Vello.

O noso primeiro acto desta campaña #Municipais2019 será na #Escola do Pouso Vello.
Non hai moitos meses que estivemos ali nunha das nosas #Roldas de #AsambleasAbertas, pero vos convidamos a que vos acheguedes a falar de como queremos que seña o noso Concello.

#VotaMoveneda
#OConcelloParaAVeciñanza

VOTA MOVENEDA

Outros empezan a traballar hoxe. Nós seguimos traballando. Hai catro anos iniciamos un camiño e vos pedimos revalidar e ampliar a confianza que en nós depositáchedes.

 

Asamblea Permanente: preparación das eleccións

Bos días. Esta semana xa empeza a Campaña Electoral, o vindeiro venres 10. Ese día xa temos a primeira charla en #Anca. Hoxe, a partires das 20:30 faremos a reunión da Asamblea Permanente para organizar ese acto e os seguintes, tratar de deixar listas as pancartas e material electoral.
Tamen imos planificar outros detalles da campaña, coma o nomeamento de interventores e apoderadas. Se queres axudarnos e colaborar, pasa polo local, as nosas reunións son sempre abertas.

Primeiro de Maio: Día da Clase Traballadora

Las Manos - Miguel Hernandez

Dos especies de manos se enfrentan en la vida,
brotan del corazón, irrumpen por los brazos,
saltan, y desembocan sobre la luz herida
a golpes, a zarpazos.

La mano es la herramienta del alma, su mensaje,
y el cuerpo tiene en ella su rama combatiente.
Alzad, moved las manos en un gran oleaje,
hombres de mi simiente.

Ler máis...

A Xunta Electoral apercibe a Alvariño para que cumpla as normas electorais

MOVENEDA denunciou ante a Xunta Electoral de Zona as publicacións do goberno municipal de Concello de Neda porque considerabamos que tiñan intención electoralista e confunden o ámbito institucional e o partidista.
A XEZ nos da a razón emitindo unha resolución que obriga ó cese e retirada inmediata de ditas noticias dos medios de comunicación do Concello en tanto non remate o período electoral. A XEZ considera que vulneran a instrucción da Xunta Electoral Central que prohíbe que institucións e cargo públicos emitan mensaxes electoralistas.
Ademáis require ó alcalde Angel Alvariño para que dea inmediato cumprimento a este acordo baixo apecibimento de incurrir en delito de desobediencia.

Este luns, ASAMBLEA PERMANENTE

Boas, despois do Pleno Extraordinario de hoxe, lembrade que esta tarde, a partires das 20:30 temos Asamblea Permanente, a reunión semanal de traballo de Moveneda.
Imos concretar asuntos da vindeira campaña electoral municipal e falar un pouco do Pleno... e seguramente analizar tamén o tema do día: os resultados das Eleccións Xerais de ontes.

Como sempre, a reunion é aberta á veciñanza e estades convidados a vir e participar.

#ATuaOpinionSiQueConta
#Neda

Este mercores día 1 not celebramos A PORTA ABERTA

ATENCION!! Este vindeiro mércores 1 é Día da Clase Obreira, e polo tanto non imos celebrar a reunion A Porta Aberta.
Grazas.

Día do Libro

Os libros fante viaxar, imaxinar, compartir ideas, ter amigos e ser millor persoa. Non precisan bateria nin wifi, están sempre ahí, agardando por ti. Lembra que todo está nos libros; que o regalo seguro sempre é un libro, xa nin falar se é en galego.
#DiaDoLibro

Este luns 22, ASAMBLEA PERMANENTE

Tedes que perdoar, pero como xa é algo habitual, se nos olvidou lembrarvos que hoxe, a partires das 20:30 celebramos a Asamblea Permanente de Moveneda no noso local.
Imos falar da nosa candidatura para as Eleccións Municipais 2019 e o estado dos traballos e trámites. Tamén e outros asuntos de interese acontecidos estes días no Concello de Neda.
Como sempre, a reunión é aberta a toda a veciñanza. Acodide e participade.
Con #Moveneda a túa opinión SI que conta!

Seguimos sen dar eliminado as barreiras arquitectónicas

Un claro exemplo dos atrancos que podemos atopar polas aceras do Concello. Neste caso é na zona de Xuvia e varios veciños nos alertaron do seu estado, ademais de ser un perigo polo desnivel, a arqueta que recolle a auga está atascada e convirte a rampa nunha pista deslizante.

MOVENEDA xa presentara unha proposta para incluir nos orzamentos de 2017 unha partida de 40.000€ para a eliminación de barreiras arquitectónicas. Se aprobou, pero finalmente o grupo de goberno cambiou para o reasfaltado das rúas do casco urbano de Neda.

Se prometeu que se iría facendo unha eliminación progresiva destas barreiras, pero que na práctica quedou nunhas insuficientes 2 ou 3 actuacións.

Subcategorías

  • Manifestos e idearios
  • Asembleas abertas

    Información das Asembleas Veciñais Abertas: convocatorias, actas, propostas, documentos e outras reunións. Toda a informacion, debates e decisións de interese que se xeneran ou se move nas reunions informativas veciñais que promove MOVENEDA.

  • Propostas, denuncias e comunicados dos veciños

    Categoría que agrupa todas as propostas, denuncias, comentarios, ideas e comunicados recollidos nas Asambleas Abertas ou enviados a MOVENEDA polos veciños

  • Grupo municipal

    Documentación relacionada co Grupo Municipal, actividade dos concelleiros, blogs persoais, axenda de actos e reunións...

    • Concelleiros

      Información da actividade dos nosos concelleiros: plenos, comisións informativas de área, reunións e asembleas. Mocions e escritos presentados e o seu seguimento.

      • Leticia Iglesias

        Blog da actividade política da concelleira Leticia Iglesias: iniciativas, actos, documentos, actas de reunións e asembleas, opinións, axenda persoal, contacto...

      • Juan Carlos Pita

        Blog da actividade política do concelleiro Juan Carlos Pita: iniciativas, actos, documentos, actas de reunións e asembleas, opinións, axenda persoal, contacto...

      • Carlos Caaveiro

        Blog da actividade política do concelleiro Carlos Caaveiro: iniciativas, actos, documentos, actas de reunións e asembleas, opinións, axenda persoal, contacto...

    • Areas de traballo de MOVENEDA

      Areas de traballo nas que MOVENEDA dividiu a sua accion de traballo: propostas, mocions, iniciativas veciñais...

      A nosa division das competencias, tarefas e áreas non coincide coa feita pola actual corporacion. Coa nosa division tratamos de agrupar asuntos comuns e mellorar e facilirar o traballo de oposicion e de xeracion de propostas.

      • Urbanismo, Obras e Servizos

        En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

        MOVENEDA atopa mais razoable unificar na Concelleria de Urbanismo tamen as competencias de Obras e Servizos.

        Que competencias ten a Concellería de Urbanismo?

        Correspondelle a dirección, inspección e control de toda a actividade de xestión e execución pra garantir que toda actuación se fai conforme á ordeación do territorio e urbanística. Ten tamén as seguintes funcións: tramitación de licencias de obra, de primera ocupación, renovación, segregación, etc..., certificados urbanísticos, calificacions territoriais, certificados de Escritura Pública (parcelas de subasta), certificados de alineacions e rasantes, disciplina urbanística, alegacions e recursos, denuncias de particulares, proxectos de obras municipais, xestión desubvencions.. etc.

        Que competencias ten a Concellería de Obras e servizos?

        Entre as súas tarefas están a totalidade de actuaciones e mantenimentos do concello: edificios municipales, colexios públicos, escolas infantís e rurais, parques e xardíns. Tamén é a encarregada do control da infraestructura urbana e vial; das redes de suministro electrico, auga, gas e saneamento así coma da recollida do lixo.

      • Economia, facenda, comercio, industria e emprego

        En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia. 

        ¿Por que propoñemos unir Economía e Facenda con Industria e Emprego?

        En MOVENEDA coidamos que son eidos comúns e que o xeito óptimo pra levar a cabo politicas coordinadas e integrais pasa por ter as competencias unificadas. Por elo, pensamos que mellor tería sido unir todas as competencias económicas nunha soa Concellería de Economía, Facenda, Industria e Emprego

        Que competencias ten a Concellería de Industria e Emprego?

        Esta concellería ten o cometido o facilita-la inserción laboral dos veciños en situación de desemprego, especialmente aqueles colectivos con maior indice de paro coma mozos, mulleres, maiores de 45 años, persoas con discapacidade ou parados de longa duración. Os veciños de Neda deberían poder desenrolar actividades profesionais no seu propio concello, en igualdade de oportunidades, o que repercutirá no progreso socioeconómico de Neda.

        ¿Que competencias ten a Concellería de Economia e Facenda?

        A Concellería de Economía, Facenda ocúpase dos Presupostos e as Contas, de dictaminar sobor de asuntos e a administración dos ben municipais; a percepción da renta; a recadación dos impostos e a aplicación do xeito mais util pra os veciños dos fondos municipais. O responsable de goberno municipal e os concelleiros da oposición adscritos á Comision Delegara de Area, interveñen no estudo e dictame na sanción do Cálculo de Recursos e Presupuesto de Gastos (presupostos municipais) segundo o referido no artigo 34 do Decreto – Ley N° 6769/58. Dictaminan tamén no exame das contas do concello (Art. 65 Decreto Ley N° 6769/58) e intervendrán co seu asesoramento na contratación de prestamos (Art 46 do Decreto – Ley N° 6769/58).

      • Servizos sociais, solidariedade e dependencia

        Novamente atopámonos cunha concelleria con disparidade de funcions e responsabilidades, xa que estas semellan  ter sido repartidas en función das cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia.

        En MOVENEDA coidamos que as funcións idóneas deste área debera ser Servizos sociais, solidariedade e dependencia.

        ¿Que funcions ten a Concelleria de Sanidade?

        No plano sanitario, debe ter coma propósito a mellora-la saude e calidade de vida dos veciños do concello; impulsando a prevención e a promoción da saude, cunha fime aposta polas políticas sanitarias públicas, universais e de calidade. Asimesmo debe promover a responsabilidade personal e social e a participación individual e colectiva da población na súa propia saúde e na xestion participativa dos servizos e recursos.

        Os concellos apenas teñen competencias en materia de Sanidade, polo que a laboura principal da concelleria é a promoción da Salúde a partires da prevención de actitudes e comportamentos de risco, planificando accions formativas e de concienciación cidadá cara os hábitos saludables.

        No plano dos Servizos Sociais consideramos que compre impulsar politicas que melloren a calidade de vida dos veciños, facendoos participes ante os problemas e necesidades dos outros.

        Son necesarios planos integrais enfocados cara a aqueles sectores da poboación con problemáticas específicas: Plano de Información y Orientación laboral, Plano de Participación Social e Plano de Atención a familias en risco de pobreza. Dende os Servizos Sociais debense xestionan tamén as solicitudes de prestacións, coma a Axuda a Domicilio, Teleasistencia, a Renta Mínima de Inserción ou Residencias e Centros de Día pra os maiones.

      • Educación, cultura, patrimonio, turismo, mocidade e deportes

        A laboura desta Concelleria debería ser a potenciación do desenrolo cultural do concello ofertando propostas culturais a todos os veciños, activando a participación a través de todos os canais institucionais; colaborar con todas as asociacions e grupos culturais do concello; apoiar as iniciativas e propostas dos distintos colectivos culturais do concello. Impulsa-las las bibliotecas e pontos de lectura do concello, crear e fortalecer Escolas Municipais; extender e difundir o valor cultural e turistico do concello, fornecer de actividades atractivas pra os mozos e difundir todas as actividades culturais e sociais organizadas dende esta Concellería.

        Búscase facer dos centros escolares auténticos espazos de encontro e participación educativa complementarios da actividade lectiva, con programas educativos, culturais, deportivos e sociais, deseñados e programados pola cidadanía e a comunidade educativa. Promóvese a participación do profesorado, dos pais e as nais, do alumnado, do persoal non docente e a propia administración municipal nos consellos escolares, achegando os centros ao concello e viceversa e velando polo cumprimento dos dereitos de todos os sectores da comunidade educativa. representados e activos no Consello escolar municipal.

        Desenvolve as súas actividades exercendo as distintas competencias que a lexislación estatal e autonómica lle asignan aos concellos no eido da educación, entre os que se atopan: o mantemento, conservación e reparación dos edificios e equipamentos escolares públicos de educación infantil e primaria, o que supón facerse cargo dos consumos de auga, teléfono, calefacción e electricidade; limpeza diaria e saneamento; conserxería e vixilancia dos centros e labores de reparación e melloras nas instalacións (carpintería, albanelería, electricidade, etc.).

        A Concellería tamén se implica de forma efectiva na conciliación da vida laboral e familiar mediante o desenvolvemento de programas de actividades complementarias fóra de horario lectivo, e promove actividades extraescolares fóra de horario lectivo, durante os fins de semana e en períodos vacacionais, co obxecto de facilitar esta conciliación.

      • AAVV, entidades, participación e transparencia

        En MOVENEDA coidamos que é absolutamente necesaria unha concellería adicada a incrementa-la participacion dos veciños na vida politica do concello, que fomente a transparencia e o traslado fluido e constante de informacion dende a Casa do Concello cara ós veciños e viceversa. Nesa laboura de implicar ós veciños e fomentar a participación, son absolutamente indispensables as Asociacions de Veciños e outras entidades que traballan no concello.

        Asimesmo esta Concellería debe ter competencia pra a xestion e promocion de todas as entidades sociais que traballen no concello, asi coma a xestion dos espazos, fondos e dotacions necesarias pra levar a cabo actividades de dinamicen a vida social do concello.

      • Coordinación e propostas

        Información sobor da laboura de obtención e analisis de información, recollida e debate de propostas, liña política, calendario de actos, coordinacion de traballos, comunicación e propaganda.

  • Documentos

    Media ImageModules are small blocks of content that can be displayed in positions on a web page. The menus on this site are displayed in modules. The core of Joomla! includes 17 separate modules ranging from login to search to random images. Each module has a name that starts mod_ but when it displays it has a title. In the descriptions in this section, the titles are the same as the names.

    • Transparencia e rendición de contas

      Pra Moveneda, a transparencia no exercicio das tarefas políticas e de xestion do interese público é fundamental pra rachar coas practicas oscurantistas dos vellos partidos. Por ello, nesta sección tentaremos publicar toda canta informacion relevante seña xerada no Concello de Neda. Un concello que xa debera publicar de forma periódica e actualizada toda a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia de toda a actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública municipal, e que polo de agora ainda non o fai, incumplindo así a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

      • Moveneda

        Informacion e fomento da transparencia de contas, ingresos, gastos e da actividade de MOVENEDA

      • Concello e outras

        Informacion e fomento da transparencia de contas do Concello, forzas politicas, presupostos, contratos, ofertas...

    • Boletín MOVENEDA

      Artigos xa publicados nos Boletín MOVENEDA, propostos para a sua publicación en vindeiros boletíns, descarga dos ficheiros dos Boletins xa editados...

    • Aportacions dos veciños

      Aportacións dos veciños: Porpostas, informacion, suxerencias, comentarios, denuncias, fotodenuncia, avisos, reclamacións e solicitudes de servizo. Toda a informacion que os veciños queiramos transmitir cara a Moveneda e facer que chegue ao Convello.

    • Medios de comunicación

      Revista de prensa, publicacións e novas sobor de MoveNeda ou relacionadas co nos concello. Prensa escrita ou dixital. Tamen todo tipo de contidos audiovisuais relacionados con MoveNeda.

    • Comunicados MOVENEDA

      Media ImageComunicados, notas de prensa, avisos, tomas de posicion e todo tipo de novas emitidas oficialmente por MOVENEDA.

  • Moveneda TV

    A canle de Youtube de MOVENEDA: videos dos plenos, entrevistas...

Está eiquí: Home MOVENEDA Moveneda