Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Propostas, denuncias e comunicados dos veciños

Deixar gobernar ou non, esa é a cuestión

Durante a campaña electoral das municipais de 2019 un veciño dixonos que non ía votar por nós porque non deixabamos gobernar ao goberno municipal, que nese momento estaba composto polo PSOE e BNG.

Isto nos fixo reflexionar acerca de si o que estivemos facendo durante os 4 anos anteriores era correcto. Nesta revisión do traballo feito, comprobamos que a nosa principal función foi informarnos do que se estaba a facer no concello, asistindo ás reunións as que se nos convocaba; vixiamos as contas para ver en que se gastaban os cartos; avisamos aos concelleiros correspondentes daquelas cousas que considerabamos importantes para o concello e transmitimos as queixas da veciñanza para tratar de buscarlles solucións.

Ler máis...

O goberno de Neda prefire defender a ABANCA e nos os veciños

votando, xunta co PP, en contra da moción presentada por Moveneda en relación ás comisións abusivas que ABANCA  cargou nas contas dos veciños.

Non é primeira vez que o goberno de Angel Alvariño actua deste xeito. Basta recordar o caso da avaría de teléfono do ano 2017, que afectou a 200 familias do municipio. Daquela, o goberno municipal, primeiro dixo que non podia facer nada. Logo, cando os veciños nos organizamos para esixir os nosos dereitos, pasou a adoptar unha falsa actitude de intermediario con MOVISTAR no lugar de apoiar as mais que xustas reclamacións da veciñanza. Agardamos que, tal como acontecera coa reclamación do servizo telefónico, desta vez se volva facer xustiza.

Moitos clientes de ABANCA xa están a reclamar de xeito exitoso a devolución das comisións. Para iso hai que presentar na oficina do banco o modelo de reclamación que podes descargar eiquí

Se tedes algunha dificultade o precisades axuda o calquera aclaración, contactade con nos por correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono de MOVENEDA: 634 521 622

MOVENEDA PROPÓN UN PLAN DE REACTIVACION E RESCATE SOCIAL URXENTE

Esta pendente a aprobación do Orzamento 2020 para este ano. Sen non se reforma, non vai ser válido para afrontar a realidade. Estamos nunha situación excepcional que require de medidas excepcionais. Isto fai necesario modificar o orzamento para ter recursos. Segundo o goberno municipal, están as contas #saneadas, polo tanto, entendemos que non hai impedimento algún para mudar os criterios de investimentos e gastos. É o momento do RESCATE SOCIAL de veciños, autónomos e empresas. O concello pode e debe dar resposta á emerxencia social e económica que estamos a vivir.


Dende MOVENEDA propoñemos un primeiro plan, que ciframos nuns 200.000 euros.

  1. Liberación inmediata de 35.000€, reducindo a partida das retribucións dos membos do goberno municipal, anulando a suba do 25% aprobada no ano pasado.
  2. BONOS DE EMERXENCIA (de ata 200€/mes), para compras en alimentación, medicamentos, alugueiro/hipoteca de vivenda habitual, pago de recibos de electricidade e gas.... a persoas que viran reducidos considerablemente os seus ingresos.
  3. Acabar co FENDA DIXITAL, mediante BONOS para cubrir os gastos derivados da cota de internet e dotando de EQUIPOS INFORMATICOS ós alumnado de familias con ingresos reducidos.
  4. Servizo municipal de ASESORAMENTO individualizado á veciñanza para tramitar outras axudas complementarias doutras administracións (autónomos, parados, empregados/as do fogar, ERTE s ´ ...)
  5. Medidas de apoio á agricultura, gandería, pesca e marisqueo, como crear canles para que os productores locais achegen o seu productos o consumidor. Elaborar unha listaxe dos produtores locais que se queiran participar nesta iniciativa e darlle publicidade mediante un bando informativo e a páxina web do concello.
  6. REDUCIR o IBI das explotacións gandeiras/agrícolas nun 95%.
  7. Exención ou rebaixa dos impostos municipais deste ano, e se a situación se mantén, do ano 2021, para aquelas persoas e empresas que viran reducidos considerablemente os seus ingresos económicos.
  8. SUBVENCIÓNS DIRECTAS 1.050€ cando a actividade se reducira nun 75% e 525€ para os que sufriron reduccion entre o 50% e ó 75%.
  9. APOIO á HOSTELERÍA e o COMERCIO: BONIFICACIÓN do 100% do IBI do establecemento, se é en propiedade ou ós arrendadoress de locais comerciais que condonasen o alugueiro.
  10. Bonificación da taxa do LIXO.
  11. Habilitar ASESORAMENTO especializado para tramitar outras axudas provinciais, autonomicas ou estatais que se poidan habilitar de aquí en diante.

MOVENEDA ven de rexistrar no concello a proposta para discutila coas demais forzas politicas e levala ó vindeiro Pleno do Concello de Neda

 

RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS POLA AVERIA TELEFÓNICA EN NEDA

Nestes pasados días, a Oficina de Consumo de Ferrol empezou a notificar as resolucións ás 20 persoas que decidiron chegar ate ó final do proceso de reclamación pola avería telefónica sufrida en maio de 2017.

Polo momento temos constancia de 3 notificacións favorables, que obrigan ás compañias a pagar. Nalgún caso a indenmización pasou dos 29 € inicialmente abonados pola empresa, ata 159 €. As outras dúas cantidades varían entre os 56 e 140 €.

Agardamos que en vindeiras datas se reciban o resto das notificacions no mesmo senso.

Temos que agradecer os compañeiros de ACOUGA Consumidores E Usuarios, polo grande apoio e consellos que diron ós veciños de Neda neste caso. Grazas!

MOVENEDA denuncia un posible verquido na ría

Ante a video-denuncia que nos achegaron os veciños, MOVENEDA comunicou á Concelleira de Medio Ambiente, Begoña Balsa, o que semella é un verquido a ría na zona de Santa María. Agardamos a súa pronta resposta e que, no caso de confirmarse que é incontrolado e sen depurar, o Concello de Neda tome todas as medidas pertinentes.

#SalvemosARía
#DepuraciónDaRiaXa

Veciños denuncian o estado do entorno do Barco Pirata

Novamente recollemos as que xa veñen a ser denuncias demasiado habituais: o estado de suciedade por mor da falla de civismo de alguns veciños. Desta volta tratase da contorna do parque do Barco Pirata. Coma evidencian as fotos, nestes xogos infantis atopamos refugallos e desperdicios e mesmo deposicions de animais.

Este tipo de situacions estan a ser demasiado frecuentes, polo que consideramos e urxente tomar por parte do COncellos dunha serie de medidas en varios planos de accion: educacion, concienciacion, prevenciosn, vixiancia e sancións.

Os veciños denuncian o estado do Paseo tras do festival de Food Trucks

Dende MOVENEDA facemonos eco das denuncias de varios veciños sobor do estado, os desperfectos e os desperdicios que podemos atopar no Paseo Maritimo tras da celebracion do encontro de Food Trucks o pasado 5 e 6 de novembro.

No tocante ós desperdicios e basura, novamente, atopamonos co resultado do galopante grado de incivismo que padecemos no concello, e ante o que urxe tomar medidas concretas.

Coidamos que, moi en especial, o Paseo Maritimo debe ser objecto de maxima proteccion e coidado a o ser un dos escaparates e zonas mais atractivas e frecuentadas do Concello.

 

Veciños de O Pouso apostan pola recuperación dos Camiños Reais

Tras da Asemblea Aberta celebrada o pasado xoves 6 de outubro na Escola do Pouso Vello, e a iniciativa dalgúns veciños, visitamos unha seción do antigo Camiño Real que comunica a cerretera que baixa cara o Escoria de Abaixo coa carretera que vai ate Anca.

Dende MOVENEDA recollemos a iniciativa que nos fan chegar os veciños e apoiamos a recuperación, conservación de uso deste camiños tradicionais.

Está eiquí: Home MOVENEDA Moveneda Propostas, denuncias e comunicados dos veciños