Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Economia, facenda, comercio, industria e emprego

En MOVENEDA consideramos que a división de responsabilidades das consellerias se fixo máis en función do reparto de cotas de poder entre os partidos que conforman o pacto tripartito de goberno, en troques de ter en conta razóns de opetitividade e eficiencia. 

¿Por que propoñemos unir Economía e Facenda con Industria e Emprego?

En MOVENEDA coidamos que son eidos comúns e que o xeito óptimo pra levar a cabo politicas coordinadas e integrais pasa por ter as competencias unificadas. Por elo, pensamos que mellor tería sido unir todas as competencias económicas nunha soa Concellería de Economía, Facenda, Industria e Emprego

Que competencias ten a Concellería de Industria e Emprego?

Esta concellería ten o cometido o facilita-la inserción laboral dos veciños en situación de desemprego, especialmente aqueles colectivos con maior indice de paro coma mozos, mulleres, maiores de 45 años, persoas con discapacidade ou parados de longa duración. Os veciños de Neda deberían poder desenrolar actividades profesionais no seu propio concello, en igualdade de oportunidades, o que repercutirá no progreso socioeconómico de Neda.

¿Que competencias ten a Concellería de Economia e Facenda?

A Concellería de Economía, Facenda ocúpase dos Presupostos e as Contas, de dictaminar sobor de asuntos e a administración dos ben municipais; a percepción da renta; a recadación dos impostos e a aplicación do xeito mais util pra os veciños dos fondos municipais. O responsable de goberno municipal e os concelleiros da oposición adscritos á Comision Delegara de Area, interveñen no estudo e dictame na sanción do Cálculo de Recursos e Presupuesto de Gastos (presupostos municipais) segundo o referido no artigo 34 do Decreto – Ley N° 6769/58. Dictaminan tamén no exame das contas do concello (Art. 65 Decreto Ley N° 6769/58) e intervendrán co seu asesoramento na contratación de prestamos (Art 46 do Decreto – Ley N° 6769/58).

Reunion de traballo en Mugardos cos deputados Anton Sanchez e Manuel Lago

Este venres asistimos a unha reunión en Mugardos cos parlamentarios de En Marea Manuel Lago e Anton Sanchez e os compañeiros de Iniciativa Cidadá de Mugardos. O obxetivo da mesma era avaliar e concretar propostas tamén dende Neda para incluir nos vindeiros presupostos da Xunta de Galicia.

O incendio de Viladonelle, Anca e Narahio

Imaxes do incendio que afectou a Viladonelle, Anca e Narahio

O PP négase a apoiar que Galicia sexa sede do Laboratorio europeo de moluscos

O Partido Popular ven de dar outra puñalada trapeira a todos os galegos ó votar no Parlamento de Madrid en contra de que Galicia seña a sede do Laboratorio Europeo de Moluscos, pese a que somos o referente europeo na calidade e extracción, e termos no sector unha grande capacidade de crecemento.
No colmo da esquizofrenia política, o Partido Popular de Galicia votou a favor no Parlamento Galego.

Non é a primeira vez que o Partido Popular defende unha cousa en Galiza e a súa contraria en Madrid. Hai exemplos abondo deste comportamento, entre os recentes o do traspaso da AP9, onde o goberno popular vetou o debate dunha petición que era apoiada unanimemente do Parlamento galego. Pois o PP volveu facer outra destas viravoltas, desta vez a conta do Laboratorio europeo de moluscos, o laboratorio comunitario de referencia de contaminantes virais e bacteriolóxicos de moluscos que actualmente está en Reino Unido.

Ler máis...

Solicitude para as prácticas en empresas para menores de 30 anos

A Xunta abre o prazo de solicitude para as prácticas en empresas para menores de 30 anos, cualificados e sen experiencia laboral.
Para máis información e ver a orde completa podedes pinchar no seguinte enlace Xunta - Solicitudes Practicas Empresas

Solicitude indemnizacion pola couza guatemalteca

ATENCION, IMPORTANTE!
Aínda estádes a tempo de solicitar as indemnizacións pola destrucción de pataca afectada pola couza guatemalteca.
O prazo remata o vindeiro luns.
Pra máis información visitade a páxina web da Xunta.

Folleto informativo: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170426/AnuncioG0426-200417-0001_gl.pdf

A Xunta bota as culpas da súa incopetencia ós concellos

O #Prestige foi culpa do capitán. O accidente do #Alvia, do maquinista e o accidente do #Yak42, dos pilotos rusos. Agora a Conselleria do Medio Rural bota a culpa ós concellos das desfeitas e descoordinación que eles mesmos xeneran coa recollida da pataca. A Xunta de Galicia, #Feijoo e os Populares sempre atopan outros culpables pra explicar o que simplemente está causado pola súa pura incompetencia.

Retirada das patacas pola Couza

O Concello de Neda ven de avisar dos lugares e horas reparto dos sacos especiais onde deben depositarse as patacas pra a súa retirada. Unha vez máis dende Moveneda debemos denunciar a falla de información, coordinación e previsión por parte da Xunta de Galicia en todo este proceso, posto que hai xente que ainda non ten claro que facer ou non recibiron comunicación algunha, máis aló destes carteis.

#CouzaDaPataca
#Couza

Curso de Redes Sociales para negocios en Neda

Para ayudar a los negocios de Neda a ampliar su alcance en las redes-sociales MOVENEDA quiere impartir una pequeña sesión de formación, totalmente gratuita, en la que daremos pautas para:
- Conseguir que más gente vea las publicaciones de Facebook de los negocios de NEDA.
- Aprender a configurar la privacidad de los datos en el perfil de Facebook.
- Mejorar la imagen del negocio en las redes-sociales.

En definitiva, mejorar la imagen de NEDA en Internet y con ello tratar de mejorar la economía de todos. Estan todos los negocios invitados.
Para ello quisieramos que nos enviarais la respuesta a dos simples preguntas:
- Estais interesados?
- Día de la semana y horario preferido?
La formación será impartida por nosotros, los vecinos.

Esperamos vuestra pronta respuesta.

Solicitude das indemnizacións pola destrucción da pataca

OLLO!!!! Xa se poden solicitar as indemnizacións pola destrucción da pataca!!! Tedes o formulario de solicitude ó final do texto da orde, podendo presentarse a través da internet ou no Concello de Neda. A norma fixa os baremos das indemnizacións.
Tede en conta que o prazo para a presentar solicitudes deu comenzo onte xoves día 27 de abril e remata o día 30 de setembro.

O texto da orde:
http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/20590/dog-publica-indemnizacions-pola-destrucion-pataca-afectada-pola-couza-guatemalteca

O formulario: http://www.moveneda.org/images/AnuncioG0426-200417-0001_gl_2.pdf

A xestion directa dos veciños, mais eficiente segundo o Banco de España

¿Qué sucedería se los veciños dun concello decidiran de xeito directo as políticas de gasto? A resposta acaba de dala o Banco de España, e a súa conclusión é que o gasto público reduciríse un 8%.

A causa deste aforro ten que ver co feito de que o ser os ciudadáns os que deciden o gasto, e non só os seus representantes, marxinan ás élites que inflúen de xeito directo sobor dos alcaldes có obxetivo de defender os seus intereses.

El BdE sostiene que la democracia directa reduce un 8% el gasto público

 

Charla no Ateneo Ferrolan: Coñece a tua factura da luz

Queremosvos recomendar a charla que tera lugar o vindeiro luns 13 de Marzo no Ateneo Ferrolan as 19:00 horas. "Coñece a túa factura da luz e aprende a reclamala" ubicase dentro dos encontros a nivel nacional e autonómico sobre a problemática real do mercado eléctrico dos consumidores. Organiza ADICAE
http://galicia.adicae.net/

Folleto informativo sobor da Couza e Real Decreto do Goberno Central

Vos deixamos dous enlaces de interese: O folleto oficial da Xunta de Galicia sobre a Couza e o texto do decreto publicado polo Goberno central o pasado venres 3 de marzo coas medidas a tomar contra a praga.

- Folleto Informativo Xunta
- Real Decreto

Dende MOVENEDA seguimos a esixir ao Concello de Neda a celebración de Charlas Informativas Oficiais, anunciadas e publicitadas axeitadamente e con antelación, por todas as parroquias. A preocupación e as consecuencias do decreto esixen das forzas políticas máxima responsabilidade e coordinación, por iso consideramos que a información ós veciños sobre este tema debe facerse dende o Concello, evitando a identificación partidista.

Agricultura aproba o decreto que obriga a destruír os cultivos afectados pola couza da pataca

Mais informacion sobor do decreto aprobado hoxe polo Goberno Central..

Agricultura aproba o decreto que obriga a destruír os cultivos afectados pola couza da pataca

O Consello de Ministros aprobou este venres un real decreto cun programa estatal para o "control e a erradicación" da praga da couza guatemalteca, que afecta a pataca en varios concellos de Galicia e Asturias. Tal e como estaba previsto, o Goberno central activa un plan que terá unha vixencia inicial de cinco anos e nas que se establecen medidas contra esta Tecia solanivora, que afecta de maneira moi negativa ao tubérculo.

O real decreto do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente establece diversas actuacións para a erradicación da couza, como delimitar a zona afectada e a zona tampón ou de protección, así como a destrución do material contaminado coa súa correspondente indemnización. Ademais, nas áreas afectadas prohibirase a plantación de cultivos e restrinxiranse os movementos.

Ler máis...

Xornada formativa sobre orzamentos organizada polas candidaturas municipalistas

As candidaturas municipalistas da bisbarra tivemos este sabado na CasaDasPalmeiras do Concello de Neda, unha interesante xornada de traballo sobre orzamentos e contas municipais. Formacion pra que os veciños poidamos defender directamente os nosos intereses e dereitos.‬

Xuntos por As Pontes
Somos Cabanas
Iniciativa Cidadá de Mugardos
#Moveneda
SOMOS FENE-Candidatura de Unidade Popular

Concellos e sindicatos critican a pasividade da #Xunta do Partido Popular na loita contra a couza da pataca

31 concellos galegos, das comarcas de Ferrolterra e A Mariña, están afectados pola couza da pataca. Nestas 31 localidades é obrigatorio retirar do terreo e destruír todos os tubérculos danados e está prohibida comercialización das patacas cultivadas. A situación tamén empeorou en Asturias, onde xa son 11 os concellos nos que o Goberno autonómico vixía as plantacións de pataca: San Tirso, Vegadeo, Castropol, Taramundi, Navia, Valdés e Cudillero e, dende agora, Tapia, El Franco, Coaña e Villayón. Nestas localidades, as persoas que plantaran ou queiran plantar pataca deberán comunicarllo á administración. O Ministerio de Agricultura aínda non aprobou o decreto que leva semanas preparando e que xa remitiu aos gobernos autonómicos para que presentasen alegacións. Este texto, previsiblemente, prohibirá plantar pataca nas zonas afectadas durante dous anos.

Hai uns días José Ramón González (Unións Agrarias) pedía evitar a "alarma social e mediática" sobre este asunto, pois polo de agora a praga afecta a zonas moi delimitadas en concellos nos que se cultiva maioritariamente para o autoconsumo, pero reclamáballe ao Goberno galego "medidas rápidas e eficaces xa para frear a extensión" do problema, "xerado pola ineficacia das medidas que a Xunta tomou no ano 2015". Ao redor do 98% da produción das zonas que neste momento están afectadas pola couza dedícase ao autoconsumo. O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia pediu nos últimos días que "non xorda unha alarma inxustificada" no sector na Limia, a principal comarca produtora. A entidade manterá nas vindeiras semanas xuntanzas informativas cos e coas responsables de explotacións das distintas zonas do país.

Ler máis...

Charla formativa da coordinadora de Candidaturas Municipalistas do Norte

Vos convidamos a unha nova xornada formativa sobre Orzamentos Municipais. Desta volta tera lugar no Concello de Neda, na Casa das Palmeiras.

Xuntos por As Pontes
Iniciativa Cidadá de Mugardos
SOMOS FENE-Candidatura de Unidade Popular
Somos Cabanas
En Marea - Ferrol en Común

Medidas urxentes para a erradicación da polilla da pataca (Couza Guatemalteca)

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as medidas urxentes para a erradicación e control da praga Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170214/AnuncioG0426-090217-0004_gl.html

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as medidas urxentes para a erradicación e control da praga Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes:

A praga denominada couza guatemalteca da pataca, provocada polo organismo nocivo denominado Tecia solanivora Povolny ou Scrobipalpopsis solanivora Povolny, foi detectada na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2015.

A través da Resolución do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 209, do 3 de novembro), declarouse a presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca e establecéronse as zonas demarcadas para esta praga e as medidas urxentes para a súa erradicación e control.

Posteriormente producíronse novas deteccións deste organismo noutras zonas do territorio da comunidade autónoma, as cales foron actualizadas mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), e mediante a Resolución do 2 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 25, do 6 de febreiro).

Á espera de que se aprobe e se publique o programa nacional de control e erradicación de Tecia solanivora Povolny, faise necesario establecer novas medidas complementarias que permitan o control das plantacións e movementos de patacas dentro das zonas afectadas.

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

1. De conformidade co previsto no artigo 5.c) da Lei 43/2002, do 20 de novembro, os operadores de pataca deberán notificar de forma inmediata á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, cando detecten síntomas ou sospeiten da presenza de Tecia solanivora Povolny nas súas instalacións.

2. Co fin de dispoñer da maior información sobre a superficie plantada e, en particular, a dedicada á produción de pataca para o autoconsumo, e a súa distribución en Galicia, os comerciantes ou puntos de venda de semente solicitarán dos compradores de pataca de semente a seguinte información: nome e enderezo do comprador, cantidade adquirida, data de adquisición. Esta información estará á disposición dos servizos oficiais de sanidade vexetal.

3. Todo produtor de pataca, tanto profesional como de autoconsumo, localizado en calquera dos concellos declarados como zona demarcada, deberá comunicar a superficie plantada na presente campaña, de acordo co anexo I.

4. A Administración local reforzará a vixilancia da procedencia dos tubérculos que se venden nos mercados locais, constatando a orixe da pataca comercializada e adoptando as medidas para impedir, se é o caso, a circulación.

5. Mentres non se aproba a normativa estatal, recoméndase non realizar a plantación de cultivo de pataca nas zonas demarcadas. Tras a publicación do programa nacional de control e erradicación do patóxeno, a presenza da praga nos cultivos das zonas afectadas suporá que estes sexan declarados como infestados, e procederase á arrinca e destrución da colleita.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

MOVENEDA presenta hoxe un escrito solicitando aclaracions as Ordenanzas 17 e 11

MOVENEDA presentara hoxe no concello un escrito en relación á proposta de modificación da Ordenanza núm. 17 reguladora das “Taxas pola utilización das instalacións na casa da Cultura e demáis edificios de titularidade municipal”. No escrito pediremos que se faga un estudio pormenorizado e comparativo desta ordenanza citada anteriormente coa Ordenanza núm. 11 reguladora da “Cesión de uso de locais municipais”, por entender que puideran existir inxerencias entre ambas. Na ordenanza núm. 17 están fixadas taxas por utilización lucrativa e non lucrativa mediante a figura da cesión de locais municipais, en tanto en canto na ordenanza núm. 11 se limita a cesión dos locais municipais a entidades que non teñan ánimo de lucro.

Asimesmo solicitaremos que se retiren desta ordenanza núm. 17 que regula as taxas por utilización de locais municipais, os apartados nos que se fixan taxas por prestación de servizos, tales como a “tarifa” que se establece para a celebración de vodas fóra dos edificios de titularidade municipal, entendendo que este tipo de taxa debería estar recollida nunha regulación específica.

Unha vez aclarados os puntos anteriormente expostos, o grupo municipal MOVENEDA presentará a súa proposta de modificación da Ordenanza núm. 17 no momento do debate na Comisión Informativa correspondente.

Está eiquí: Home Economía, facenda, industria, comercio e emprego