Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

A Asemblea Aberta aproba o programa e elixe candidatura de MOVENEDA

O pasado 27 de marzo de 2015, deuse un fito importante no #ConcelloDeNeda. Por vez primeira a veciñanza puido decidir tanto o programa de goberno coma as candidatas e candidatos a representarnos no Concello. Rachamos có estilo dos vellos partidos e abrimos a posibilidade, non só de escoller, senón tamén de opinar, aportar e sobor de todo, de sentir que todos somos escoitados en plano de igualdade. É a democracia en movemento.

O traballo realizado durante estes dous meses, ó longo de 9 asembleas, frutificou ontes cunha grande participación, de veciños ilusionados e esperanzados. Non rematou un proceso. Comeza realmente a rexeneración democrática do Concello de Neda. Precisamos de todas e todos vos para abrir portas, fiestras e caixóns, que entre o aire fresco!!

Os que fumos escollidos pra ir na lista asumimos esta enorme responsabilidade e contamos con vos pra levar a bon termo as propostas e decisións de todos. Pra esa tarefa, o equipo esta composto por:

  1. Leticia Iglesias
  2. Juan Carlos Pita
  3. Carlos Caaveiro
  4. Paco Abraldes
  5. Almudena Martínez
  6. Fran Señoráns
  7. Álvaro Seco
  8. Alfredo Ferreira
  9. Rosa Ocampo
  10. Beatriz Blanco
  11. Cesar Martínez
  12. Angeles Sánchez
  13. Rubén Río
  14. Rafael Victoria

A todos os que participachedes até o de agora en ?#?MoveNeda?, grácias pola vosa confianza.

MoveNeda - Movemento Veciñal de Neda.

É unha iniciativa popular, aberta, participativa e asamblearia coa tarefa de impulsa-la concienciación e actividade politica dos veciños de Neda.

Correo-e: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Conta no facebook: https://www.facebook.com/pages/Moveneda-Movemento-Veci%C3%B1al-de-Neda/1426695684294450

Está eiquí: Home Asembleas abertas A Asemblea Aberta aproba o programa e elixe candidatura de MOVENEDA