Código ético
- Detalles
- Categoría: Manifestos e idearios
- Publicado o 10 Octubre 2015
- Visto: 1353
Os novos tempos esixen un modelo e parámetros de compromiso ético a todos aqueles que queiran participar en política rachando co vello esquema da democracia de baixa intensidade propia do bipartidismo corrupto.
Un manifesto político e un programa de goberno non serven de nada sen o compromiso firme de levalos a cabo dunha maneira ética, defendendo valores sociais, de igualdade, xustiza e plenamente democráticos.
O Movemento Veciñal de Neda (MoveNeda) e unha ferramenta dos veciños, de unidade e fronte popular, un método político que ten como principal aspiración o fomento da participación democrática de todos na vida política. Porque os veciños queremos e debemos recupera-la soberanía popular, a participación política directa e plenamente consciente nas diferentes accións de goberno do concello. Por elo, a xente que se integra en MoveNeda e as persoas que van ser designadas pra levar a cabo a acción de goberno en representación dos seus veciños, suscriben o seguinte código ético e comprométense a:
ARTICULADO
- Defende-la aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humáns nos ámbitos sociais, políticos e institucionais da nosa sociedade.
- Promove-la información, transparencia e participación directa e igual de toda a cidadanía nos eidos onde se adopten decisións que lles atinxan, especialmente na execución das políticas públicas.
- Traballar a favor da recuperación da soberanía popular e democrática, artellando formulas de participación e representación directa coma as Asembleas Veciñais ou a apertura dos Plenos Municipais a participación directa dos veciños.
- Garantir que a participación política sexa sempre libre, voluntaria e aberta a todas as persoas que, sen distinción do seu estatus civil ou social, compartan os métodos democráticos de participación cidadá.
- Impulsar especialmente a participación política e social das mulleres e os mozos.
- Garantir a igualdade social, loitando contra toda forma exclusión, de racismo, xenofobia, machismo ou marxinación por razóns de orixe, identidade de xénero ou orientación sexual.
- Promove-los cambios necesarios pra implantar un modelo económico mais xusto, equitativo, sostible e ecolóxico, onde todos participen na súa planificación democrática e disfruten dos seus resultados, de xeito que toda a riqueza en calquera das súas distintas formas e sexa cal for a súa titularidade, estea subordinada ao interés xeral.
- Promover e defende-la identidade cultural propia do pais, especialmente o idioma galego.
- Loitar polo recoñecemento e respecto as vítimas de toda inxustiza e pola recuperación da Memoria Histórica.
- Esixir e respetar que la elección de candidatos a calquera institución de representación política e social se leve a cabo mediante eleccións primarias abertas a toda la cidadanía, con listas abertas só corrixibles mediante criterios de xénero.
- Rechaza-lo transfuguismo e que ningún cargo electo poida poida levar a cabo tarefas de goberno se previamente non foi elixido pra o desenrolo das súas funciones nun proceso de primarias abertas e participadas por toda a cidadanía.
- Combater activamente o caciquismo coma método político e de control social.
- Someter calquera pacto posterior ás eleccións con calquera outra formación política, á aprobación democrática mediante a consulta aberta a toda a cidadanía.
- Impulsa-lo laicismo, promovendo un sistema democrático fundado na liberdade de conciencia e o coñecemento cientifico, sen apoiar ningún culto ou relixión.
- Recoñecer que a súa función coma cargo electo é a de representante, e polo tanto obrigado a vincula-las súas decisións ao método aberto e democrático de información e participación ao longo de todo o seu mandato.
- Desenrolar con lealdade a cidadanía, ética e transparencia as funcións dos postos pra os que sexan designados, velando polo bon uso dos bens públicos e por unha xestión dos recursos públicos baseada en principios de equidade, eficiencia e eficacia, por este orde.
- Democratización do exercicio das súas funcións, a dar un trato digno á os veciños e cidadáns, especialmente cos desfavorecidos, os que teñan menos recursos económicos, sociais ou culturais e a escoitar a todas as persoas que o soliciten, sen que tal obriga poida ser delegada ao persoal baixo a súa dependencia.
- Impoñer unha limitación salarial, pra todo nivel de representación, que nunca poderá superar o máximo de tres salarios mínimos.
- Limitar a dous cargos o número de funcións públicas simultáneas que pode desenrolar unha única persoa.
- Limitar os mandatos de cargos públicos a unha duración de oito años.
- Non asumir, unha vez abandoado o cargo e durante un período igual a o doble do tempo exercido coma no cargo municipal, de postos de traballo ou cargos en empresas privadas que teñan actividades directamente relacionadas coas súas tarefas como representante publico.
- Asumir a total transparencia dos seus ingresos por calquera concepto, a obriga de render contas públicas, asumi-la xestión ética e transparente do seu patrimonio e asumi-lo compromiso de transparencia e rendición de contas ao largo e ao final da súa actividade coma representante publico.
- Renunciar a calquera privilexio xurídico ou material derivado de forma directa da condición de representante, evitando o acollemento a calquiera figura de aforamento xudicial. Asemesmo, non se acollerá a ningún beneficio fiscal que poidera derivarse da actuación coma cargo público.
- Non optar a cargos electos co obxetivo de representar intereses persoais, económicos ou políticos alleos a os que correspondan en cada caso ao cargo electo en cuestión.
- Respeta-lo deber de abstención previsto na lexislación vixente, inhibíndose na toma de decisións en votacións onde conflúan intereses persoais, económicos ou políticos alleos aos interese dos veciños, mesmo evitando a contratación pública con empresas nas que persoalmente ou familiares poidan ter algún tipo de interese económico.
- Compromiso de renuncia ao cargo público no caso de ser procesado ou condenado por delitos de corrupción, económicos, acoso sexual, violencia de xénero, pederastia e/ou maltrato infantil, contra os dereitos dos traballadores, ecolóxicos ou urbanísticos.
- Non cobrar soldos ou remuneracións, calquera que sexa a súa denominación, pola pertenencia a Consellos de Administración de ningún Ente ou Organismo Público, derivado do exercicio das súas funcións públicas.
- A non perceber cobro en especie de ningún tipo. Calquera agasallo recibido no exercicio das súas funcións será considerado propiedade do Concello.
- Non realizar gastos superfluos ou suntuarios dos fondos públicos, a moderar os custes de transporte e aloxamento axustándose as dietas e indemnizacións establecidas pra o persoal funcionario ou laboral ao seu cargo. No caso de precisarse indemnizacións por razóns de desprazamento, aloxamento ou manutención, non poderán superar as establecidas normativamente pra o persoal funcionario uo laboral ao seu cargo.
- Non perceber ningunha remuneración nin cesantías de ningún tipo unha vez rematada a súa designación no cargo.
- Renunciar á asignación de vehículo oficial. O uso de vehículos oficiais só poderá facerse cando seña imprescindible pra o exercicio das funcións públicas. No posible darán exemplo co uso de medios de transporte colectivo ou outros medios de transporte respetuosos co medio ambente.
- Crear e promover nas áreas de traballo baixo a súa responsabilidade dun un clima e unha cultura administrativa de transparencia, rendición de contas, información publica e veraz, de portas abertas cara a cidadanía, cun rexeite claro e contundente de comportamentos autoritarios, corruptos ou non democráticos.
En Neda, A Coruña, a 27 de marzo de 2015