Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

O goberno de coalición anuncia que 10.000 vivendas da #SAREB van adicarse a aluguer social.

O goberno de coalición ven de anunciar esta mañá que 10.000 vivendas da SAREB van ser postas a disposición da xente, para aluguer social. Non podemos estar máis dacordo coa medida, un logro da presión da ala esquerda do goberno central e de organizacións en defensa da vivenda pública como a PAH.

Tamén lembraredes que foi unha das propostas de MOVENEDA na pasada campaña electoral: que o Concello de Neda
 xestione a cesión por parte da SAREB dos pisos que este organismo público ten en Neda e cree unha bolsa municipal de aluguer social. Aínda máis, propuxemos que o futuro Centro de Día de Neda se sitúe nos baixos deses edificios, polo que é necesario que tamén a Xunta de Galicia poña da súa parte.

Agardamos que o alcalde Alvariño convoque a todos os grupos políticos de Neda a unha xuntanza para debater como empezar a dar pasos para que esas #vivendas se poidan poñer canto antes a disposición de novos veciños.

Está eiquí: Home Servizos sociais, sanidade, solidariedade e dependencia O goberno de coalición anuncia que 10.000 vivendas da #SAREB van adicarse a aluguer social.