Plan de axuda social: O que agocha o triunfalismo de Alvariño
- Detalles
- Publicado o 12 Febrero 2021
- Visto: 274
Dos 85.000 euros anunciados polo Concello de Neda en axudas do Plan Social da Deputación, pouco máis de 7.000€ proceden de fondos propios. O alcalde dicía en campaña electoral que as arcas municipais estaban saneadas e con #superávit. Entón, volvemos a preguntarnos, por qué o concello só pode aportar eses 7.000 €?
Un dos anuncios é o de destinar uns 9.000€ á contratación dunha persoa para reforzar as tarefas administrativas dos Servizos Sociais. Se o goberno de #Alvariño tivera cuberto neste seis anos parte das prazas vacantes do persoal do Concello, agora non se necesitaría este reforzo e poderían adicarse estes cartos a outras temas, como as axudas a persoas sen fogar ou situación precaria.
Ademais en MOVENEDA non compartimos que as administracións públicas contribúan a #empeorar as condicions laborais dos traballadores, xa que este contrato vai ser a tempo parcial. A administración debe dar exemplo e fomentar o emprego en condicions dignas.
Por suposto, parecenos perfecto o anuncio das exencións fiscais e de taxas, e as axudas a familias para pagar alugueres e outros gastos, xa que son moi necesarias, pero esperemos que non pase como coas axudas da Deputación a pequenas empresas e autónomos que aínda non son efectivas.
Hai case un ano, dende MOVENEDA fixemos unha batería de propostas de axudas a estes colectivos. Non foi atendida e tildouse de "demagóxica". Agora, desafortunadamente, xa temos moitos negocios pechados definitivamente coa perda dos postos de traballo.
A comparativa coas medidas económicas e sociais tomadas nos concellos da bisbarra é demoledora. Outros concellos similares ao noso xa axudaron ós seus veciños moito antes e de xeito máis potente.
Por outra banda, o goberno do señor Alvariño nin consulta nin informa ó resto das forzas políticas no referente a inversions ou medidas a tomar. Tampouco nada lle serve do que propón a oposición. Un dato: A reunión cos representantes do persoal de Galicia Textil foi unha das poucas veces en seis anos onde se convocou a tódalas forzas políticas a tratar un asunto de importancia no concello.
Esto non son formas democráticas. Por iso, MOVENEDA non será nunca cómplice deste xeito de facer política.