O goberno do Concello de Neda volve contar medias verdades e trata de enganar os veciños
- Detalles
- Categoría: Urbanismo, Obras e Servizos
- Publicado o 05 Febrero 2021
- Visto: 331
Non é certo que haxa un aforro de 450€ mensuais na factura da recollida de cartón e papel. A realidade é que na nova contratación de servizo, á empresa AMBIGAL 360 SL, a frecuencia de baleirado dos contedores pasa de ser #semanal a #quincenal. Metade de servizo, metade de prezo.
O alcalde Alvariño trata de facer pasar como aforro o que realmente é un empeoramento notable do servizo, que é evidente en moitos puntos de recollida onde se acumulan os restos e os contenedores permanecen cheos durante semanas.
Por outra banda, MOVENEDA ten moitas dúbidas sobre o xeito como se fixo a nova contratación, posto que pensamos incumpre a concesión de recollida de basuras á empresa Transportes Benigno Rodríguez, que ten a competencia exclusiva da recollida de todos os residuos de Neda. Os intentos de trocear a concesión para darlla a dedo a outras empresas, esquivando os procedimentos de licitación pública, non nos parece o xeito máis transparente de xestión municipal.
Por todo isto, esiximos ao alcalde Alvariño que nos informe a todos os veciños con veracidade e transparencia.