Comunicado de apoio de MOVENEDA á plantilla de Galicia Textil
- Detalles
- Publicado o 23 Enero 2021
- Visto: 110
Ós peches de ENDESA, Poligal, Gamesa, ós miles de despidos no naval, ós centros de despidos en hostalería, comercio e pequena industria ven agora a sumarse o anuncio de Galicia Textil, situada no Concello de Neda, que pretende despedir a 20 dos 35 traballadores e traballadoras que compoñen a plantilla, coa escusa dunha suposta inestabilidade ou inviabilidade económica.
Cando hai beneficios nunca se reparten cos traballadores, pero se as empresas non sacan o rendemento esperado ou hai perdas, estas son rapidamente trasladadas ós traballadores. Non podemos apoiar nin tolerar que os empresarios tomen sempre o camiño fácil: pechar, destruír emprego e marchar. Polo tanto, é imperioso pelexar por cada posto de traballo vista a situación de destrución industrial e do emprego que está a padecer a nosa comarca.
Dende MOVENEDA pensamos que é viábel que Galicia Textil manteña a produción e os postos de traballo.
A Xunta e ó Goberno central teñen as competencias e a responsabilidade. Non podemos permitir que o PP e PSOE xoguen a pasarse a pelota coa estúpida discusión de sempre sobre quen ten competencias. Xa abonda de rirse dos traballadores.
Xunta e Goberno central deben evitar a proposta da empresa, deben propoñer solucións que aseguren a continuidade da fábrica e o mantemento dos postos de traballo; deben propoñer medidas que aseguren a viabilidade produtiva, evitando así a saída fácil de descargar os custes exclusivamente nas costas da plantilla.
A mellor ferramenta da clase traballadora para defender os seus dereitos e a #mobilización, por tanto, dende MOVENEDA facemos un chamado ás veciñas e veciños, os traballadores e traballadoras de Neda e do resto a comarca, a apoiar sen fisuras a loita da plantilla de Galicia Textil na defensa dos seus postos de traballo e a participar activamente en todas aquelas mobilizacións que convoquen para acadar ese obxectivo.
NON OS DESPIDOS EN GALICIA TEXTIL!!
DEFENDAMOS OS POSTOS DE TRABALLO!!