Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

En negro contra as violencias 2020, un ano transcendental Contra As Violencias.

Ante a crise sanitaria actual e as restricións de mobilidade e distanciamento social, a acción envorcarase, sobre todo, nas redes sociais. A acción social En Negro Contra As Violencias continúa un ano máis expandíndose e tinguindo de negro espazos públicos e privados. Constituída por diferentes entes, a plataforma pretende poñer fin ás diferentes formas de violencia contra as mulleres polo simple feito de selo.

 No quinto ano de percorrido da campaña, esta conta coa participación de 2 deputacións, 140 concellos, 210 empresas, 155 colectivos e 72 centros de ensino. En total, preto de 500 entes que se organizan mediante unha plataforma para loitar contra as violencias machistas. Ademais, miles de establecementos apoiaron durante estes anos a acción cubrindo de negro os seus escaparates e lugares de traballo. 

Neste ano, no que a emerxencia sanitaria pola pandemia obrigou ao confinamento domiciliar, lonxe de mellorar a vida de moitas mulleres fíxose, se cabe, máis difícil. Así o denunciou a Organización Mundial da Saúde (OMS), instando ós gobernos a tomar medidas urxentes de prevención para facilitar, deste xeito, a asistencia ás mulleres que se puideran atopar en situación de vulnerabilidade ou perigo.

En #NegroContraAsViolencias demostrou ser unha ferramenta moi útil para que os concellos –grandes e pequenos– puidesen implementar, desde o mesmo marco, diferentes iniciativas que na suma total constituísen unha única grande acción. Este ano, preténdese do mesmo xeito unir forzas e tinguir de negro, non só os establecementos, senón tamén as casas, as rúas e as redes sociais. Conscientes das dificultades actuais para organizar accións presenciais, este ano centraranse os esforzos en actividades virtuais. A primeira tivo lugar o pasado 4 de novembro, a través dunha reunión virtual con preto de noventa participantesco obxectivo de poñer en rede as diferentes actividades que se están a programar.

Algunhas das propostas globais que xa están en marcha, en diferentes lugares, son: distribución de máscaras (co deseño que xa se pode descargar na web), pezas audiovisuais, accións con tecedoras, así como a creación de ferramentas colaborativas para recoller as voces das mulleres, como será o lenzo a modo de pancarta virtual que colgaremos da nosa web, un proxecto  procesual –ideado polo colectivo de #GráficasEnNegro– que aposta pola aprendizaxe colectiva. Estas ferramentas axudan tamén a crear pontes, así este ano contamos coa participación dun colectivo de México, Global  Shapers, dende o que están a traballar para tinguir de negro o centro de Morelia.

Igual que en anos anteriores, o proxecto a nivel global, conta co patrocinio de Gadis e Finsa, garantindo a coordinación e o desenvolvemento das accións globais e co apoio das deputacións de Pontevedra e Lugo para os seus respectivos territorios.

#EnNegro contra as violencias, é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde en 2015 en Santiago de Compostela co impulso da Administración Local, crecendo e involucrando ano tras ano a un maior número de concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de forma viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo o ano, é sobre todo no mes de novembro e, concretamente, no #25N -Día Internacional da Eliminación da #Violencia contra a Muller-, cando a acción desprega a súa actividade dunha forma máis intensa.

Desde o seu inicio buscouse implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento ás violencias de xénero e aos asasinatos machistas.

Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais. 

Para máis información:

https://ennegrocontraasviolencias.gal

Está eiquí: Home Servizos sociais, solidariedade e dependencia En negro contra as violencias 2020, un ano transcendental Contra As Violencias.