Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene

Tentando paliar a falla de informacion oficial dende o Concello de Neda, vos achegamos esta guia e documento, que publica o Concello de Fene, onde se informa detalladamente das medidas en vigor.

Máis información: Medidas de Prevencion

  • As medidas terán efectos desde as 00.00 horas do 1 de novembro de 2020 e manterá a súa eficacia por un período de catorce días naturais.
  • Se o venres a Xunta de Galicia publicou o decreto polo que quedou restrinxida a entrada e a saída de persoas no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda así como a limitación de agrupacións de persoas só convivintes,  no DOG de hoxe sábado 31 de outubro publicáronse as medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene

As máis destacadas son as seguintes, aínda que aconsellamos ler con detemento a información contida no diario oficial.

Hostalaría e restauración:

  • Nos bares e cafetarías prohíbese o consumo no interior do local
  • Tanto en bares como en restaurantes, os grupos por mesas ou agrupacións de mesas limítanse a un máximo de 5 persoas convivintes. A separación entre mesas deberá garantir a distancia de seguridade.
  • Prohíbese o consumo en barra, tamén na zona de cafetaría dos restaurantes
  • Nas terrazas só se poderán ocupar o 50% das mesas autorizadas e, no caso de grupos, máximo de 5 persoas, que han de ser convivintes. A separación entre mesas ou grupos de mesas terá que garantir a distancia de seguridade
  • Nos comedores dos restaurantes non se poderá superar o 50% da ocupación do comedor para o servizo de comidas. As persoas usuarias sempre sentadas e asegurando entre mesas a separación interpersoal. Se xantan/cean en grupo (máximo 5) terán que ser persoas convivintes
  • Os establecementos non poderán pechar máis tarde da 1 da madrugada nin admitir clientela a partir das 12 da noite, sempre e cando non exista ningunha restrición á circulación nese horario. IMPORTANTÍSIMO: débese recordar que neste momento hai toque de queda entre as 23.00h. e as 06.00h., polo que a clientela deberá recollerse antes das once da noite (esta medida aplícase en toda Galicia, e non só nos concellos en nivel de alerta vermello)
  • Celebracións con motivo de cerimonias civís ou relixiosas: Os convites posteriores a estas cerimonias estarán limitados a un máximo de 50 persoas en espazos abertos e 25 en espazos pechados. No caso de ser en restaurantes axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos
  • Limítase ao 50% da súa capacidade a actividade en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación. (O ensino regrado continuará funcionando con normalidade)
  • Nos locais e establecementos comerciais non se poderá superar o 50% da súa capacidade. Porén, no DOG tamén se sinala que non será de aplicación en establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas na orde e as medidas xerais de hixiene e protección.
  • Zonas comúns en hoteis e aloxamentos turísticos, así como actividades turísticas ou organizadas en bibliotecas, museos, monumentos, infraestruturas culturais, etc.: Poden facerse actividades grupais, aínda que limitadas a un máximo de 5 persoas, sexan ou non convivintes, incluído o monitor/a. Deberase gardar a separación interpersoal, a menos que se trate de convivintes. Os itinerarios turísticos guiados e organizados por empresas do sector poden levarse a cabo, sempre que sexa en grupos dun máximo de 5 persoas.
  • Cines, teatros, auditorios e recintos dedicados a actividades recreativas e espectáculos públicos: máximo 30 persoas en lugares pechados e 75 persoas se a actividade é ao aire libre (50/150 con autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública e protocolo de seguridade específico).
  • Centros cívicos e socioculturais: límite do 50% da súa capacidade e, no caso de actividades grupais, máximo 5 persoas por grupo, sexan ou non convivintes.
  • Actividade física non federada ao aire libre: pódese practicar de forma individual ou en grupo. Neste último caso deberán ser como máximo 5 persoas convivintes, ademais do monitor.
  • Actividade en instalacións e centros deportivos: máximo grupos de 5 persoas, sexan ou non convivintes, sen contacto físico. Non se poderá ocupar máis do 50% da capacidade do recinto.
  • Eventos deportivos e adestramentos con público: público sempre sentado, máximo 50% da capacidade e non máis de 30 persoas en espazos pechados ou 75 ao aire libre (50/150 se hai plan de prevención específico e autorización da DX de Saúde Pública)
  • Recomendámosvos que leades o DOG de hoxe sábado con detemento, e recordade que estas restricións entrarán en vigor ás 00.00h. deste domingo 1 de novembro.
Está eiquí: Home Servizos sociais, solidariedade e dependencia Medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene