Pleno extraordinario: Convenio de transporte metropolitano
- Detalles
- Categoría: Plenos
- Publicado o 04 Noviembre 2020
- Visto: 110
Publicamos o video do Pleno Extraordinario do Concello de Neda celebrado onte martes 3 de novembro. O punto único da orde do día era a votación da adhesión de Neda ó Convenio de Transporte Metropolitano da area de Ferrol proposto pola Xunta de Galicia, que regula o servizo, prezos e bonificacións do transporte público.
O pleno só durou 8 minutos, porque a exposición de motivos do alcalde foi breve xa que únicamente puido dicir que era necesario e era bon para Neda. Por parte da oposición, o PP non fixo preguntas e votou a favor. Polo grupo mixto, a Concelleira do BNG Neda, Cristina Bouza, non asistiu ó pleno.
Por parte de MOVENEDA, o concelleiro Juan Carlos Pita efectuou várias preguntas sobre as negociacións que levou a cabo o concello e pola fórmula aplicada para calcular a achega que Neda aporta neste convenio. A estas preguntas, o alcalde Alvariño non deu mais resposta que repetir a exposición: "é bon para Neda e se leva facendo así moitos anos". O concelleiro Pita tamén destacou a actitude antidemocratica do Concelleiro encargado da Area de Transportes, José Manuel Sanmartín, que na Comision de Área da semana pasada se negou a informar ós concelleiros sobre este Convenio de Transporte
A adhesión foi aprobada cos votos a favor de PSOE e PP, e a abstención de MOVENEDA