Ecoloxía en Neda, "exito absoluto" das repoboacións e novas plantacións
- Detalles
- Categoría: Contido
- Publicado o 19 Octubre 2020
- Visto: 225
A repoboación no Coto de #Ancos con especies autóctonas tivo un custe aproximado duns 10.000€. O resultado o podedes ver a continuación: o 100% dos castiñeiros plantados desaparecidos ou secos. Podese comprobar nas fotos como a especie “autóctona” #EucaliptusGlobulus destaca sobre as outras especies plantadas.
Agora, como se dunha farsa teatral se tratara, temos a entrega dun novo acto, e asistimos agora á Feira de #Albarón. E tras a apertura do telón coa plantación destas arbores para sustitución das acacias alí existentes, vemos que xa secaron unha grande parte destas novas árbores plantadas.
Isto é o que acontece cando un goberno toma decisións electoralistas, nada máis que para sair na foto, para dar sensación de que traballa, cando a crealidade é que non ten proxecto de futuro para o Concello de Neda