Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

O Concello adxudica o servizo de atención na Biblioteca e Arquivo por 21.507,20 euros anuais

O Concello de Neda asinou un novo contrato para a xestión auxiliar do servizo de Biblioteca Municipal e arquivo documental. Un servizo que prestará a empresa EULEN, Centro Especial de Emprego, por espazo dun ano.

O concello pagará á EULEN (onde traballa a irmá de Nuñez Feijoo) un total de 21.507,20 euros ao ano. Pola súa banda EULEN ven de solicitar traballadores en diversos portais de emprego e oferta un salario de 10.000 a 14.000 euros BRUTOS anuais. Isto quere dicir que o bibliotecario de Neda cobrara moito menos mensualmente por 40 horas semanis de traballo que os concelleiros pola asistencia as reunions.

O goberno de Alvariño promove o emprego precario e mal pagado. Unha vergoña

Está eiquí: Home Educación, cultura, patrimonio, turismo, mocidade e deportes O Concello adxudica o servizo de atención na Biblioteca e Arquivo por 21.507,20 euros anuais